miércoles, 23 de diciembre de 2009
lunes, 21 de diciembre de 2009
FELICES FESTAS
FELICES FESTAS
sábado, 19 de diciembre de 2009
AQUÍ ESTA O NÚMERO.
viernes, 18 de diciembre de 2009
DOMINGO: A FREIXA EN A LAMA
cinco anos. O domingo promete frío, como moito dan para A Lama 5º. Creo que o mellor será non madrugar, a ruta é bonita pero ten só 8 quilómetros. En dúas horas está feita e logo ou ben comemos por alí ou vimos para casiña, bocadillo con neve parece que non entra ben. jueves, 3 de diciembre de 2009
RUTA DO DOMINGO, CEA DO LUNS
máis fermosa de Galicia. Lede o que publicaba hai algún tempo EL País:jueves, 19 de noviembre de 2009
RUTA DA AUGA EN CALDAS
AI CABECIÑA
Os códigos para facer unha entrada na Mamudoteca som exactamente os mesmos que os de Mamudo.
EEEEEEEEEEEEEEEE. Para deixar un comentario, igual que en Mamudo.
Intentadeo que MALOSERA
martes, 17 de noviembre de 2009
PROPOSTA DE CANCIÓNS MAMUDAS
Xa podedes botar un ollo á lista de cancións que, camiñando, camiñando e se o corpo e o ánimo acompañan, podemos ir lembrando.
Proximamente pasarase unha enquisa para tantear as vosas preferencias. As que consigan un maior apoio serán declaradas por un xurado competente "CANCIÓNS GALEGAS MAMUDAS 2009-2010". A data da entrega dos galardóns está por ver.
Se queredes enterarvos das cancións propostas, visitade a MAMUDOTECA http://mamudoteca.blogspot.com/. Ademais de conseguir a letra da famosa peza "FESTA NO MUÍÑO", tamén disfrutaredes dunha coñecida melodía.
domingo, 8 de noviembre de 2009
viernes, 6 de noviembre de 2009
PERCURSO DA AUGA
O vindeiro domingo, se nos deixa a chuvia, iremos a Ponte de Lima. A ruta parece faciliña, algo máis de 12 quilómetros, que podemos facer dun tirón para poder comer quente nalgún restaurante da zona (levaremos teléfonos para reservar).
domingo, 25 de octubre de 2009
OUTRO PANORAMA

Un grupo de mamudos e mamudas, saíron este domingo á recollida da castaña. Algúns como estaban nun mosteiro, fixeron a ruta de ida e volta cargados con sete quilos de castañas. Isto se que é ter fe, menos mal que ao final tiveron a recompensa: birritas, polbo, carne ao caldeiro e a pronta visita da pantasma de PANORAMA. | |
jueves, 22 de octubre de 2009
RUTA SAN XOAN CACHÓN
Esta é a ruta que está prevista para o domingo: a de San Xoán Cachón. Comenza no Mosteiro de San Estevo, é circular e ten algo menos de 10 quilómetros. Se o tempo nos deixa, podemos quedar sobre as 10.00h na Cañiza. Será mellor non levar bocata pola chuvia e facelo seguido, en menos de tres horas seguro que o temos liquidado e despois xa comeremos.lunes, 19 de octubre de 2009
RUTA DO PRÓXIMO DOMINGO
miércoles, 14 de octubre de 2009
PANORAMAS E PARONAMIÑAS
martes, 13 de octubre de 2009
jueves, 8 de octubre de 2009
SENDA DEL OSO
Temos 11 habitacións no hotel Peñas Juntas, en Proaza. Son todas dobres menos unha triple que é para os amigos de Julia. Cada un que se vaia colocando como queira e poida. Creo que hai catro camas de matrimonio e o resto de dúas camas, xa falamos diso con algúns.
domingo, 4 de octubre de 2009
RENOVACIÓN DE VESTIMENTA..........
jueves, 1 de octubre de 2009
DOMINGO EN COVELO

domingo, 27 de septiembre de 2009
RUTAS 2009-2010 (novo!)
4/10............... Pedra da auga (Porriño)
9-12/10.......... Senda del oso
25/10............. Ribeira Sacra – Ruta San Xoán Cachón
8/11............... Percurso da água (Ponte de Lima)
22/11............. Ruta da auga (Caldas de Reis )
6/12 ..............Catasós (Lalín)
20/12.............A Freixa
3/1................. Roteiro etnográfico do río Xabriña (Covelo)
17/1............... Citânia (Guimaraes)
31/1............... Aloia
14/2...............Os Peares
28/2...............Trilho da Cha grande (Caminha)
14/3............... Rota do Monte Faro (Rodeiro)
28/3...............Trilho das Brandas de Padrao (Arcos de Valdevez)
11/4............... Ruta dos montes e ruta dos ríos (Arnoia)
25/4...............Ribadavia –Leiro
9/5................ REUNIÓN preparatoria da saída do seguinte fin de semana
14-17/5.......... Fragas do Eume
30/5...............Proposta de MORO
13/6............... Ruta do río Pedras (Pobra do Caramiñal)
27/6............... Illas Cíes
miércoles, 23 de septiembre de 2009
XA TEMOS MAMUDOTECA
Dende hoxe tendes un novo blog de cabeceira. A MAMUDOTECA.
Botádelle un ollo e a colaborar.
As claves de acceso son as mesmas de sempre. (As de Mamudo)
miércoles, 16 de septiembre de 2009
RUTA DO DOMINGO E MÁIS VIAXES
Finalmente despois de falar con varios e varias creo que o mellor é facer o vindeiro domingo o sendeiro Barrantes-Armenteira que é o dos muíños de Ribadumia. Non teño claro os quilómetros pois atopei información contradictoria, uns din que 8 Km e outros 12 Km. Podemos facelo empezando en Armenteira ou en Barrantes, creo que esta última é a mellor opción pois os sinais están nese sentido.![]()
Outra cousiña: xa está en marcha a organización da ponte do Pilar. Como o tempo apremia e falaramos da Senda del Oso, chamei ao Sabil, é o albergue que coñeciamos, moi baratiño e majo pero non había sitio. Recomendoume un hotel en Proaza, e o rapaz do albergue chamou para que nos fixera un prezo. O hotel é Peñas Juntas, vainos cobrar a habitación dobre a 40€, como se fora temporada baixa e a media pensión (almorzo e cea) a 12€ ( lin bos comentarios sobre a comida neste hotel), hai posibilidade de camas supletorias para rapaces a 15€. Eu díxenlle que nos reservara para 20-25 persoas para os días 9-12 de outubro pero que tiña que confirmar e falar con todos. O próximo domingo conviña dicir o nº de xente exacto pois a estas alturas está todo moi pillado.
martes, 8 de septiembre de 2009
RUTAS 2009/2010
Despois do primeiro entrante en Ons o corpo pide máis e máis camiñatas, así que como non conseguín que ninguén me fixera caso, como non fago bo de vós, veña baile, veña verbena pero nada de orghanisasión, decidín buscar eu as rotas. Mergullando polos concellos en internet e preguntando aos amigos senderistas que temos, elixín estes sendeiros:- RIBEIRA SACRA: Ruta de San Xoán Cachón
http://es.fegatur.org/media/documentos/Castellano_Ruta_RibeiraSacra_Senderismo_San_Juan_Cachon.pdf
CONCELLO DE AVIÓN: Ruta do Castro e ruta de Valderías
http://www.gulliveria.com/especiales/187.htm
CONCELLO DE RODEIRO: Ruta do Monte Faro
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=36338&ctre=32111&cidi=G
CONCELLO DE COVELO: Roteiro etnográfico do río Xabriña
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=393155
LALÍN: Sendas de Catasós
http://www.lalin.org/turismo/que_ver_busca_senderismo.asp?busca=Senderismo
ARNOIA: ruta dos montes e ruta dos ríos
http://www.arnoia.es/gl-ES/23.aspx
CHANTADA: Ruta dos Codos de Belesar
http://armesto.org/cmchantada/roteiros.htm
ARCOS DE VALDEVEZ: Trilho das Brandas de Padrao
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=226264
PONTE DE LIMA: As Lagoas de Ponte de Lima ou Percurso da água
http://www.elcorrelimos.com/elcorrelimos/Lagoas_Ponte_de_Lima.html
http://www.lagoas.cm-pontedelima.pt/percurso5.html
POBRA DO CARAMIÑAL: Ruta do río Pedras
http://www.apobra.com/rutas/sende2.html
ARMENTEIRA-BARRANTES: Ruta da pedra e da auga
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=450548
A LAMA: Fervenza da Freixa
http://www.senderosdegalicia.com/senderismo/freixa/freixa.htm
GUIMARAES: Ruta da Citania
http://pedestrianismo.blogspot.com/2006/03/guimares-percursos-pedestres.html
CAMINHA: Trilho da Cha grande
http://pedestrianismo.blogspot.com/2006/03/caminha-percursos-pedestres.html
DO LIBRO DA XUNTA: Galiñeiro- Aloia-Tui
Podemos facer a de Covelo de primeira e logo organizamos o calendario pero vós ide entrando nos enlaces, pensando cousiñas e éscribindo algún comentario.
jueves, 3 de septiembre de 2009
FIN DE SEMANA NA ILLA DE ONS
Habitación dobre con baño: Teru e Germán.
- Habitación dobre con baño: Loli e Joaquín.
- Apartamento de 4: Julia, Aida, matrimonio amigos de Julia e a súa filla.
- Apartamento de 6: Lucre, Mansinho, Martín, Conchi, Moro, Moncho, Santi e Leo. (Un dos mozos ou a moza debe durmir nunha colchoneta)
- Casa de 8: Jose, Celia, Antón, Martín, Javier, Rosa e Antón.
- Sesi pode instalarse na casa de 8 ou no apartamento de 4 con Julia.
A idea é que cada un vaia chegando e instalándose, estaremos en contacto, nós chegamos sobre ás 16:30h..
Xa falamos da marcha nocturna, levade lanternas, creo que despois das 2:00h xa non hai luz na illa.
O plan do domingo pola mañán está aberto: marcha ou praia, segundo a temperatura.
Unha cousiña máis: como imos ter bastante tempo de falar, conviña que levedes libriños, folletos ou ideas para organizar as andainas desta temporada.
martes, 14 de julio de 2009
Tu camino será el mío
tu cuerpo yace dormido
más tu vida
estará siempre conmigo
Por eso amigo mío
adiós solo por un momento
hasta que Dios decida
que es tiempo de volver a vernos
PARA TI JAVIER, DONDE QUIERA QUE ESTÉS.
PORQUE CUANDO UN AMIGO SE VA
QUEDA UN ESPACIO VACÍO
QUE NO LO PUEDE LLENAR
LA LLEGADA DE OTRO AMIGO
HASTA SIEMPRE
viernes, 3 de julio de 2009
ATA SEMPRE JAVIER.
miércoles, 24 de junio de 2009
ILLA DE ONS

lunes, 22 de junio de 2009
miércoles, 17 de junio de 2009
A FAMILIA MANSINHO Ó COMPLETO.
lunes, 15 de junio de 2009
sábado, 23 de mayo de 2009
SENDEIRO DOS RÍOS DA FREIXA E DA MIÑOUBA
Comezamos o noso percorrido pola parroquia de Domaio desde a capela de San Bieito, ascendendo polo río da Freixa.
Xa dende o principio atopamos muíños de auga, en distintos estados de conservación. O sendeiro á beirado río da Freixa remata por debaixo do campo de Golf Domaio. A partir de aquí temos dúas posibilidades.
A primeira delas é continuar ao carón do río ata o fermoso val de San Lourenzo, unha zona onde aínda pervive un modelo de asentamento baseado na agricultura tradicional, que se atopa en retirada na parte do litoral, pero que aínda ten vixencia nestas zonas altas, moito máis rurais.
A outra posibilidade, integrada na nosa ruta, é ir cara á dereita, por debaixo do campo de Golf, ata atopar o outro río da zona de Domaio, o da Miñouba, concretamente nunha zona denominada Poza da Moura, de grande interese natural e etnográfico, representado pola presenza de varios muíños, cunhas impresionantes canles, acuedutos e cubos para a entrada da auga. Situado por riba do corredor de gran capacidade do Morrazo, na zona do viaduto da Moura, ten tamén moi boas vistas da ría de Vigo.
Dende a Poza da Moura podemos cruzar a ponte que atravesa o corredor de gran capacidade do Morrazo, para chegar á zona coñecida como Pedra do Navío, onde atopamos unha antiga corte e un conxunto de muíños, que se nos van mostrando a medida que ascendemos por un camiño tradicional empedrado, e entre antigos muros de pedra.
Ao chegar ao último destes muíños, atopamos un camiño de baixada, tamén empedrado, que nos vai levando, mentres gozamos da fermosa paisaxe da ría de Vigo, ata a pasantía da Pasaxe, onde unha ponte de pedra recentemente reconstruída fai de paso e de espectacular miradoiro da fervenza do río da Miñouba, curso de auga estacional, que desaparece nas épocas máis secas.
Dende esta zona da Pasaxe, na que podemos refrescarnos nas súas dúas fontes e o lavadoiro, imos baixando, primeiro pola estrada, e despois por un camiño tradicional, antigamente o eixe das comunicacións da parroquia, entre muros de pedra e o murmurio da auga, ata a zona do Rial, onde atopamos unha antiga ponte de pedra de tres ollos, e o muíño do Rial, o único da zona que aínda moe asiduamente.
Dende este punto podemos coller de volta cara ao punto de partida, á capela de San Bieito, a través dunha rede de camiños tradicionais entre leiras de labranza, ou podemos baixar cara á estrada 551, á altura da igrexa de San Pedro, e dende ela iniciar un percorrido pola zona litoral, incluida na Rede Natura 2000, na zona coñecida como enseadade San Simón (LicEs1140016).
Este fermoso sendeiro circular pecharíase así cun percorrido pola costa, entre as desembocaduras dos ríos da Miñouba e da Freixa, ascendendo de volta por este ultimo ata a capela de San Bieito, o punto de partida da ruta.Non sabemos cantos quilómetros son así que todos con bocadillo, ás 10.30h. en Domaio, na cafetería que queda á dereita, ao pasar un parque infantil,á esquerda (ide atentos despois da gasolineira que está ao saír de Rande).
Para saber máis sobre o sendeiro picade aquí
martes, 19 de mayo de 2009
OS CINCO EN PENA CORNEIRA.
No miradoiro.
O Bocata!!!
E por último.....o pecado........A cervexa en Ribadavia!!!
jueves, 14 de mayo de 2009
RUTA PENA CORNEIRA
miércoles, 6 de mayo de 2009
NATIONAL GEOGRPHIC: The return.
MOITAS GRAZAS
martes, 5 de mayo de 2009
FERMOSO TARAMUNDI.
Aquí tedes un pequeniño video da fervenza que hai na rota de Seimeira en Santa Eulalia de Oscos. Para que vexades que non mentiamos e que realmente era moi bonita. Saístes todos moi guapos e favorecidos.
lunes, 4 de mayo de 2009
TARAMUNDI
Inda que o mellor é o que se garda na retina e que seguriño que todos tedes fotos impresionantes de paisaxe, déixovos este album para que quede constancia no blog desta estupenda viaxe.
PD.1: Dijo dixo.
PD.2: Santi, queremos o vídeo do "Ballet mamudo".
PD.3: Lucre, Mansinho, bótasevos de menos!!! vaia todo por ter canteira mamuda.
miércoles, 29 de abril de 2009
TARAMUNDI
Aí ao fondo estaremos mañá, viviremos nunha desas casiñas que se perciben entre as árbores. A foto saqueina desta direción: - Na parte de arriban hai dúas habitacións triples: nunha van durmir os catro nenos (Martín nunha colchoneta) e na segunda durmiremos Jose, Rosa e Celia (Jose parece encantado, non sei se dará feito).
- A parte de abaixo é como unha "suite", palabras da patrona, na que hai unha cama de matrimonio e un sofá cama: durmirán Jose, Conchi, Santi, Leo e Óscar (en colchoneta). Non sei como estará ese sofá pero hai que utilizalo para entrar todos.
CASA DOS PINOS:
- Na parte de arriba hai dúas habitacións dobres con camas de 120 e de 90: nas grandes durmirán os mozos e mozas (Conchi, Carlos, Amaya e Moncho), se non entran que utilicen colchoneta; nas de 90, Sesi, Julia e Aida (en colchoneta).
- Na parte de abaixo hai unha habitación de matrimonio e un sofá cama , dixo a señora que era bó. Podemos deixar durmir na habitación a Teru e Germán pois este está recén operado dunha hernia e pasará máis tempo na cama (aínda vai con costura incorporada) e polo tanto a Joaquín e a Loli tocaralles lidiar co sofá cama.
Qué vos parece?, xa sabedes que só é unha proposta porque hai que ver o lugar en vivo e decidir, pero en principio, conforme ides chegando, podedes situaros así.
A cea está contratada para as 10.30h. O menú para ese día será: sopa, tortillas, ensalada, embutidos e chorizo á sidra (foi a proposta da cociñeira). O teléfono da casa rural é 689039352, preguntade por Rosa.
miércoles, 15 de abril de 2009
Ruta Frei Martín Sarmiento
Xa sei mamudos e mamudas que inda que non fixestes senderismo non parastes de andar entre procesión e procesión. Como? que non pisastes unha soa procesión? que veña comer e comer rosca? pois olliño, que os tempos van cambiando e convén mudar de costumes ... os de Tui, inda se poden redimir coa procesión de San Telmo, santo que aínda hoxe obra milagres e fai que esteamos esta semana de vacacións, ao contrario de todos os municipios galegos.
Eu penso saír de procesión en rogativa para que este domingo non chova, teño ganas de andar, pero as predicións dan un 60% de probabilidade de precipitacións, a cousa está chunga pero por se é o caso e non estades de festa nin de resaca aí vai a información:
O sendeiro empeza en Cerdedo, así que de novo podemos quedar na nosa área de servicio sobre as 10:30h. Como é circular e de 12 quilómetros ao mellor poderiamos facelo seguido e comer logo un cocidiño nun bar de Cerdedo (se eliximos isto igual cómpre quedar un pouco antes); a outra posibilidade é facer o momento bocata no medio do sendeiro para non ir tan afogados, vós veredes, eu coma sempre agardo comentarios, aínda que sexa unha espera en balde a maioría das veces.
viernes, 27 de marzo de 2009
jueves, 26 de marzo de 2009
San Xoan da Cova
Hoxe non é a miña media laranxa quen escribe estas primeiras notas da ruta da fin de semana. A ver que opinión tendes sobre ela. Comenza en San Xoan da Cova é finaliza na área recreativa de Cubelas. Ten 12 km e non é circular. Según os papeis é fácil e se fai en 3 horas e pico.Distancia percorrida: 12,46 kilómetros
Altitude min: 44 metros, max: 116 metros
Desnivel acum. subindo: 72 metros, baixando: 136 metros
Grado de dificultade: Fácil
Tempo: 3 horas 28 minutos
jueves, 12 de marzo de 2009
PAZOS DO ARENTEIRO
Este domingo toca visitar o Ribeiro: Sendeiro de Pazos do Arenteiro. Son 11 quilómetros, poderiamos facelo dunha tirada pero creo que é máis cómodo facelo con bocata, isto permítenos saír un pouco máis tarde e durmir algo máis.miércoles, 11 de marzo de 2009
NATIONAL GEOGRAFIC: EPISODE TWO
O senderista mamudo, ás veces, ve reducida a súa manada a moi poucos exemplares adultos. National Geografic non ten coñecemento de onde poden estar os exemplares máis novos, pero o que si é seguro é onde están os máis vellos.
PROXIMAMENTE DISPONIBLE EN CARREPLUS LA TERCERA ENTREGA DEL LABORIOSO DOCUMENTAL DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA.
SENDEIRISTA MAMUDO
viernes, 6 de marzo de 2009
MOSTEIRO DE CARBOEIRO - FERVENZA DO TOXA

sábado, 28 de febrero de 2009
NATIONAL GEOGRAFIC PRESENTS:
O sendeirista Mamudo é unha especie que actúa en manadas, aínda que algunha vez, se separen dela algún dos seus exemplares.
Se lles gustou esta reportaxe gráfica, poden adquirila nos mellores quioscos e a través da juep:
WWW. SESESE/NATIONAL GEOGRAFIC_ NDEIRISTAMAMUDOODESCONOCIDO.COM/ES
Polo módico prezo de 1.000.000.000.0000.0
















