A ruta deste domingo promete ser preciosa con fervenzas, carballeiras e muíños. De novo seguiremos o curso dun río, esta vez o Ulla. Son uns 13 Km. e non é circular así que, se vos parece, haberá que levar bocata pois como hai que chegar a Touro (hora e vinte dende Vigo), calculo que antes das 11:00h. non comezaremos a ruta.
Podemos marcar o punto de encontro na Área de servizo Compostela, 10 Km. antes de chegar a Santiago, sobre as 9:45h.
Temos xa mono de monte, a ver se vos animades todos e nos vemos o domingo, mentras agardo comentarios.
http://concellodetouro.web.iespana.es/informaciondetouro.htm
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=32111&crec=36855&idversion=1-49L6HW&refnumber2=01010602&cidi=E
