| Un ano máis, fixemos o noso tradicional desfile de domingo de Entroido polos montes. |
lunes, 20 de febrero de 2012
sábado, 18 de febrero de 2012
Ruta Laxe do Val do Gato
Parece que a xentiña non ten moitas ganas de levantarse cedo, despois da farándula do sábado de antroido, así que o domingo imos facer un paseo para principiantes.
Como temos reservada a comida no bar de cazadores de Estaca, faremos un pequeno itinerario por Berducido (ou Verducido, atopeino das dúas formas), podedes velo aquí.
¿Quedamos ás 12.00 h. (non temos vergonza) no Bar Cruce de Fornelos? A ruta pode levarnos como moito dúas horas e temos a comida sobre as tres.
Eu reservei para unhas doce persoas, sei que os de Vigo se apuntan, e Conchi e Moncho, pero faltan por confirmar os demais.
Recordade, os que queirades, que imos de cociñeiros de restaurante fino ou de lareira.
martes, 14 de febrero de 2012
Antroido en Fornelos
Para este domingo está prevista unha ruta en Fornelos, a GR-58 Fornelos-Traspielas, que como vedes non é circular.
Eu andiven buscando algunha que fora circular e atopei esta de Muíños de Freaza, pero despois de todas as que levamos no corpo xa non sei se xa a fixemos. Botádelle unha ollada e xa me contaredes.
Onde quedamos? Que vos parece se a facemos rapidiño e comemos un cocido ou unha laconada polas Terras do Suído?
Segue en pé o disfraz de cociñeiros e cociñeiras?
Comentade, comentade...
domingo, 5 de febrero de 2012
viernes, 3 de febrero de 2012
FIARSE DE MIN
- Parese ser que hai moito nerviosirmo pola proposta de Moncho.
Propoño unir a Senda dos Humedais de Salceda có Roteiro circular das Ribeiras do Louro.
E un oito case perfecto, e veremos entre outras cousas: As poldras, o Baranco, Febres e as Turbeiras.
Podiamos quedar por exemplo. No torreiro da Magdalena (Ribadelouro) con bocata as dez. Son dezaoito quilometros de nada e despois poderemos tomar unhas cañitas no Mirón (O bar de meu primo) ou no Navuero.Estade tranquilos pasei a miña infancia neses lares
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

