domingo, 27 de abril de 2008

jueves, 17 de abril de 2008

Sendeiro dos pescadores e Ancares

De rebote, pero na próxima ponte de maio, Camiño mamudo vai a Os Ancares. Como sabedes a idea inicial da "Senda do oso" non puido ser, sempre acordamos demasiado tarde e non había maneira de atopar aloxamento para 17 roncadores.
Imos hospedarnos no http://www.osancares.com/ Mesón Novo, está ben situado para as rutas e a señora parece amable e esperamos que sexa boa cociñeira pois temos contratadas tamén as ceas.
Este domingo faremos o "Sendeiro dos pescadores do río Tamuxe". Foi unha ruta proposta por Moncho, espero que el saiba o camiño pois todo o que atopamos e o que ven na páxina da Xunta que tedes abaixo.
http://www.xunta.es/conselle/cma/gl/CMA07g/CMA07ga/Sendeiro_Tamuxe/p07ga_Sendeiro.htm

miércoles, 16 de abril de 2008

Papasinho e mamaruca

Xuño 2005, papá Mansinho e mamá Teruca coidando da canteira sendeirista.
A foto da esquerda foi no Aloia, na churrascada a que foron uns e outros: os das andainas e os das papainas. Quedaramos ata tarde, agardando os resultados das elecións ao Parlamento Galego; fora o fin da era de Fraga, recordades?
"Teruca e os infantes" foi tomada polas terras de Arbo, na última ruta da temporada 2004-2005, "Mirando ao Miño" poida que algúns a recorden polas cereixas que roubaron e paparon.

martes, 15 de abril de 2008

Mamudas e mamudiña




Isto é para aquelas que se queixaban de que só aparecían homes nas fotos. E aínda faltan moitas máis sendeiristas, porque estas fotos pertenecen soamente á última ruta (aserradeiro dos carranos). Somos moitas e de calidade!!!

lunes, 14 de abril de 2008

Ola mamudos, mamudas e mamudiños

Xa estamos na rede. Enredando, enredando, conseguín facer un blog.

Recordades esta foto? Xa pasaron dous anos. Foi en A Lama, non puidemos facer o camiño porque estaba todo cheíño de neve, pero alí estabamos uns intrépidos.

Como Antón G. (de grande e de González) estivera de campamento por aquelas terras, levounos por un sendeiro pola beira do río que estaba precioso, entre branco e verde.

Hoxe andivemos tamén pola beira dun río, o Tea. Non había neve, o sol quentaba e o ceo estaba azul pero auga no chan tivemos abondo. Para mostra esta foto na que Jose fai malabarismos para non rematar enchoupado, sempre seguindo os "sabios" consellos de Pepe.



Foi un sendeiro moi bonito, aconsellado por Teri, que demostrou, polo menos nisto, ter bo gusto.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...