De rebote, pero na próxima ponte de maio, Camiño mamudo vai a Os Ancares. Como sabedes a idea inicial da "Senda do oso" non puido ser, sempre acordamos demasiado tarde e non había maneira de atopar aloxamento para 17 roncadores. Imos hospedarnos no http://www.osancares.com/ Mesón Novo, está ben situado para as rutas e a señora parece amable e esperamos que sexa boa cociñeira pois temos contratadas tamén as ceas.
Este domingo faremos o "Sendeiro dos pescadores do río Tamuxe". Foi unha ruta proposta por Moncho, espero que el saiba o camiño pois todo o que atopamos e o que ven na páxina da Xunta que tedes abaixo.
http://www.xunta.es/conselle/cma/gl/CMA07g/CMA07ga/Sendeiro_Tamuxe/p07ga_Sendeiro.htm
1 comentario:
contar con nosotras, hablamos el domingo
Publicar un comentario