OS MANSINHOS DESEXANLLE A TODOLOS MAMUDOS UNAS FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO 2012.
COMO PODEDES COMPROBAR O MARTIN XA CASE ESTA PREPADO PARA AS ANDAINAS DESTE NOVO ANO
miércoles, 28 de diciembre de 2011
HABERÁ QUE LEGALIZARSE
ATENCIÓN!!!!!
A partires de marzo é de aplicación a orde publicada hoxe no DOGA que regula o uso deportivo do monte e as masas forestáis.
Vai ser obligatorio estar federado ou pagar a correspondente licencia diante da Consellería.
Se un garda forestal te sorprende no monte sen papéis as multas poden chegar aos 6000 euros se se trata dun espazo protexido ou da rede natura.
máis info en:
http://mediorural.xunta.es/institucional/normativa/conservacion_da_natureza/
Eu vou ir pagando, por si acaso!!!!
Lorenzo
A partires de marzo é de aplicación a orde publicada hoxe no DOGA que regula o uso deportivo do monte e as masas forestáis.
Vai ser obligatorio estar federado ou pagar a correspondente licencia diante da Consellería.
Se un garda forestal te sorprende no monte sen papéis as multas poden chegar aos 6000 euros se se trata dun espazo protexido ou da rede natura.
máis info en:
http://mediorural.xunta.es/institucional/normativa/conservacion_da_natureza/
Eu vou ir pagando, por si acaso!!!!
Lorenzo
martes, 27 de diciembre de 2011
jueves, 22 de diciembre de 2011
60.204
Este ano, a sorte estivo do noso lado, tocáronos 100€!!!
Non é moito, pero para nós, seguro que si o é, eu estou moi contenta.
Celia, "presi forever"........porque adiviñaches o acertixo, o número era porque o Clube fundouse o 6 de Febreiro do 2.004.
Noraboa a todos!!!
P.D.: A Tato non......
Non é moito, pero para nós, seguro que si o é, eu estou moi contenta.
Celia, "presi forever"........porque adiviñaches o acertixo, o número era porque o Clube fundouse o 6 de Febreiro do 2.004.
Noraboa a todos!!!
P.D.: A Tato non......
miércoles, 14 de diciembre de 2011
NÚMERO MAMUDO.
A ver quen acerta o porqué deste número, que este ano, ten razón de ser. Haberá premio para quen adiviñe!!!
A ver quen acerta o porqué deste número, que este ano, ten razón de ser. Haberá premio para quen adiviñe!!!
lunes, 12 de diciembre de 2011
POR FIN SAIMOS.
Costou pero ao fin atopamos a luz entre a neboa gracias as novas tecnoloxias (por partida dobre ademais)
PD: Rosa non sei como dubidabas de nos, pereceme a min que non confias nas "Novas tecnoloxias"...........
Deixo constancia grafica
domingo, 11 de diciembre de 2011
Dende A Laxe ata Airoa pasando polos cumios do Suido
Coma sempre, contrariamente a como estaba previsto hai varios post atrás, non fixemos a ruta programada. Por qué?, porque nos peta, porque somos así, libres e anarquistas. Pasa algo???
Así que en lugar de seguir a feita polos nosos amigos de sudando botas, decidimos facer unha variante proposta polo tamén amigo do wikiloc Edoarado. Agora ben, dos pinchos non nos libramos. E non me refiro a tortilla, calamares e pementos de padrón
E menos mal que levábamos o track cargado no terbello porque coa néboa non se veía nada de nada. Unha mágoa porque as vistas debían de ser bonitas de ficar cego (achego unha foto para demostralo)
De todolos xeitos xa chegando ao val a cousa millorou
E coma sempre a presencia de dous gepeeses, o de Moncho e o de Lorenzo, facilitou moito que houbese discrepancias acerca de cal era o camiño a seguir. Velaí o track
Así que en lugar de seguir a feita polos nosos amigos de sudando botas, decidimos facer unha variante proposta polo tamén amigo do wikiloc Edoarado. Agora ben, dos pinchos non nos libramos. E non me refiro a tortilla, calamares e pementos de padrón
E menos mal que levábamos o track cargado no terbello porque coa néboa non se veía nada de nada. Unha mágoa porque as vistas debían de ser bonitas de ficar cego (achego unha foto para demostralo)
De todolos xeitos xa chegando ao val a cousa millorou
E coma sempre a presencia de dous gepeeses, o de Moncho e o de Lorenzo, facilitou moito que houbese discrepancias acerca de cal era o camiño a seguir. Velaí o track
PERTINHO DO SUÍDO
Estamos atacando o Suído por distintos costados, ímolo ter dominado!
Xa hai tempo que coñezo a zona polos meus amigos de Verducido e hai que recoñecer que segue igual de auténtica e bonita. Tócanos aos visitantes recoñecelo e prestarlle os mesmos coidados que tiveron e teñen a xente que de sempre alí viviron.
Parei no bar de Estacas, tomei a pertinente cañita acompañada de pincho do famoso cocido e, que atopei no decano? magnífica información sobre as esculturas de Pepe de Barrio.
De volta para casa ía pensando nos meus aguerridos compañeiros. Estarei pendente das noticias da TVG e da famosa serie Medicopter...
(Nota: esta entrada melloraría moito se alguén lle xuntase algunha foto).
Xa hai tempo que coñezo a zona polos meus amigos de Verducido e hai que recoñecer que segue igual de auténtica e bonita. Tócanos aos visitantes recoñecelo e prestarlle os mesmos coidados que tiveron e teñen a xente que de sempre alí viviron.
Parei no bar de Estacas, tomei a pertinente cañita acompañada de pincho do famoso cocido e, que atopei no decano? magnífica información sobre as esculturas de Pepe de Barrio.
De volta para casa ía pensando nos meus aguerridos compañeiros. Estarei pendente das noticias da TVG e da famosa serie Medicopter...
(Nota: esta entrada melloraría moito se alguén lle xuntase algunha foto).
jueves, 8 de diciembre de 2011
A LAXE A AIROA VIDUEIROS
Este domingo tócanos outra de la madre que pario a las Botas Esas. Quen se atreve?
No calendario temos A LAXE A AIROA VIDUEIROS
Poderiamos quedar en Fornelos no bar El Cruce ás 10:30 desde alí ata a Laxe tárdanse uns 15 minutos.
Que vos parece. Comenten porfis.
martes, 29 de noviembre de 2011
lunes, 28 de noviembre de 2011
domingo, 27 de noviembre de 2011
sábado, 26 de noviembre de 2011
Fofe
Mañán imos a Fofe para facer a ruta de Fofe - Pozo Piñeiro.Non é moi longa (15 Km) pero debe ter algunha subidiña boa pois hai que subir a Coto Agudo.
En principio quedamos na gasolineira que hai xusto ao saír para Ponteareas dende á autovía, ás 10 h.
O tempo vai acompañar así que compre levar bocata para comelo ao sol.
Como Jose non pode ir, Lorenzo, carga a ruta e vai inspirado, que quedamos nas mans do teu GPS (eu porsi tentarei cargala tamén).
miércoles, 16 de noviembre de 2011
Trevinca: Lagoa da Serpe
Sen cámara pero con móbil.
Subimos, subimos, subimos...vento, vento, lagoa, camiño de cabuxas, lagoa, subimos, baixamos....LIBERDADE
Subimos, subimos, subimos...vento, vento, lagoa, camiño de cabuxas, lagoa, subimos, baixamos....LIBERDADE
Bidueiral de montederramo en outono
Sen cámara pero con móbil...O vento levou as follas e a choiva mollou o rostro...pero, onde está Campo do Casar?, que eu quero unha desviación á esquerda, XA.
domingo, 13 de noviembre de 2011
Bidueiral, heliportos e desertos
Unha vez máis véxome na obriga de presentar probas documentáis que demostran a verdade das miñas palabras.
CONCHIIIII:
Velaí o amanecer no deserto cuns rapaces do lugar despois de pasar a noite na duna:
A rapaza do primeiro plano ao lado da mochila nesta segunda foto é Begoña. Como vedes moito frío non facía
Outra cousa:
Neste link está o enlace ao track que fixemos
CONCHIIIII:
Velaí o amanecer no deserto cuns rapaces do lugar despois de pasar a noite na duna:
A rapaza do primeiro plano ao lado da mochila nesta segunda foto é Begoña. Como vedes moito frío non facía
Outra cousa:
Neste link está o enlace ao track que fixemos
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Bidueiral de Montederramo
Acabo de falar coa moza que atende a oficina de turismo e dixo que agora estaba precioso.
Atopei este enlace co mapa da ruta. Toda son moitos quilómetros, para facelo saíndo no día. Así que temos dúas opcións que decidiremos no lugar e segundo estea o tempo: podemos ir co coche ata Mogaínza, que ten asfalto e facer andando algo máis de 4 KM. a Campo do Casar, e logo o bidueiral (uns 17 KM); outra posibilidade é levar o coche ata Campo do Casar, por unha pista de terra que xa fixemos, hai que ir a modo pero a chica dixo que non estaba mal, salvo en algúns lugares puntuais (así serían só os 9KM do bidueiral).
Falaremos das opcións sobre a marcha, aínda que creo que, despois de subir Pena Trevinca, ben podemos deixar o coche en Mogaínza. Iso si, co bocata na mochila.
Parécevos quedar na Cañiza ás 9.30h?, dende alí inda nos vai facer falla hora e media para chegar ao inicio da ruta.
Coma sempre agardo comentarios.
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Por suposto que o Hotel tiña HELIPORTO!!!!
Unha vez máis síntome na obriga de aportar probas que demostran sen dúbida algunha a verdade das miñas palabras.
Velaí tedes o enlace: http://opobodexares.blogspot.com/2007/11/hotel.html
Velaí tedes o enlace: http://opobodexares.blogspot.com/2007/11/hotel.html
lunes, 24 de octubre de 2011
ENGANAN-NOS COMA A "CHINOS"
Obsolescencia Programada (COMPRAR, TIRAR, COMPRAR) - Documental -Onte falabamos das camaras e as tarxetas SD que non funcionan, ou perden a memoria.
¿Estaran enfermas de Obsolescencia Programada?
¿Estaran enfermas de Obsolescencia Programada?
sábado, 22 de octubre de 2011
Ruta do río Parada
Este domingo imos de novo ás terras de Fornelos, así que quedamos como o outro día, ás 10.30 no concello de Pazos.
A ruta é circular, duns 13 quilómetros, levamos bocata e xa veremos cando o comemos. Se chovera igual temos que cambiar bocata por cocido, decidiremos sobre a marcha.
A ruta é circular, duns 13 quilómetros, levamos bocata e xa veremos cando o comemos. Se chovera igual temos que cambiar bocata por cocido, decidiremos sobre a marcha.
jueves, 20 de octubre de 2011
Quén se atreve?
Bom dia,
O Grande Trail da Serra d’Arga vai decorrer nos dias 22 e 23 de
Outubro. Além de atletas de renome, são mais de 600 os participantes
nesta primeira edição da prova. A organização e patrocinadores
convidam a população a subir à Serra d’Arga para assistir às provas
desportivas no dia 23.
De facto, nesses dias, a Serra d’Arga vai tornar-se o centro das
atenções desportivas, com a realização do Grande Trail. Para além de
serem esperados mais de 600 desportistas, esta prova está classificada
entre as mais duras do mundo.
Carlos Sá, atleta e mentor deste evento, referiu na conferência de
imprensa que esta 1ª edição reúne todas as condições para que venha a
ser considerada a maior prova desportiva na modalidade de trail a
nível nacional.
O evento vai trazer ao concelho grandes atletas, tais como Miguel
Capo, João Garcia, Armando Teixeira, Alzira Lário e Manuela Machado.
No sábado, dia 22, decorrem as Jornadas Técnicas do Trail, que têm
lugar a partir das 15 horas, no Hotel Portas do Sol, em Caminha.
O dia 23, domingo, será o grande dia. A Serra d’Arga acolhe a ‘LA
Sportiva Marathon Running’ (42km 5000m D), ‘LA Sportiva Trail Running’
(20km 2000m D) e, ainda, o percurso pedestre (15Km), que tem início em
S. Lourenço da Montaria e termina em Dem.
As provas e o percurso pedestre contam com a presença das vedetas
desportivas. A campeã do mundo Manuela Machado estará presente na meta
dos 20km em S. Lourenço da Montaria a receber e entregar as medalhas
de finisher`s dos atletas dos 20km`s, e ainda participará na cerimónia
de entrega de prémios em Dem a partir das 15h. A ultra campeã Alzira
Lário vai participar no Percurso Pedestre e marcará também presença na
cerimónia de entrega de prémios.
O Grande Trail da Serra d’Arga, organizado por Carlos Sá e D’Marker,
conta com a colaboração da Câmara Municipal de Caminha, das Juntas de
Freguesia de Dem, Arga de Baixo, Arga de Cima, Arga de S. João, S.
Lourenço da Montaria e Estorãos, dos Municípios de Viana do Castelo e
de Ponte de Lima, e Associação Amigos da Montanha.
Para mais informações consulte www.grandetrailserradearga.blogspot.com.
CENTRO DE INTERPRETAÇÃO DA SERRA D'ARGA
CÂMARA MUNICIPAL DE CAMINHA
lunes, 17 de octubre de 2011
sábado, 8 de octubre de 2011
DESACREDITANDO A LORENZO (PRIMERA PARTE)
Non sei como me deixei convencer polos 10 minutos de Lorenzo. O tubo gordo está demasiado lonxe do encoro de Eiras.
O punto de encontro que tan "sabiamente propuxera a presidenta" no Concello de Pazos na parroquia de Pazos, é perfecto. Está aladiño do comenzo da ruta.
É un edificio novo na carretera que vai a Fornelos.
Para os que teñan GPS
O punto de encontro que tan "sabiamente propuxera a presidenta" no Concello de Pazos na parroquia de Pazos, é perfecto. Está aladiño do comenzo da ruta.
É un edificio novo na carretera que vai a Fornelos.
Para os que teñan GPS
LATITUD 42°17'37.09"N LONGITUD 8°31'55.21"O.
O que non teña que pregunte, como se fixo sempre.Vémonos alí mañán as 10:30.
jueves, 6 de octubre de 2011
Ruta da auga: terceiro tramo
AQUÍ podedes ver o último tramo da senda da auga. Imos empezar en Pazos de Borbén e ir ata o Embalse de Eiras, comer bocata e volta. Faremos en total algo máis de 20 quilómetros pero fáciles. ¿Que vos parece?
Non sei moi ben onde se colle en concreto a ruta así que imos quedar no novo concello, en Pazos, que seguro que ten indicacións, ás 10.30H.
Está Sesi organizando a ponte de Santos, convén indicar claro quen pensa ir a Trevinca pois hai que reservar pronto.
Coma sempre, AGARDO COMENTARIOS
Non sei moi ben onde se colle en concreto a ruta así que imos quedar no novo concello, en Pazos, que seguro que ten indicacións, ás 10.30H.
Está Sesi organizando a ponte de Santos, convén indicar claro quen pensa ir a Trevinca pois hai que reservar pronto.
Coma sempre, AGARDO COMENTARIOS
martes, 4 de octubre de 2011
Concurso: Nuevos destinos
A vista dos comentarios do anterior post achego fotos da proposta para unha próxima oportunidade.
E para dar emoción propóñovos un concurso: Cómo se chaman os lugares das imaxes?
Pistas Está no P.N. de Aparados da Serra
Pista: Chámase como os zapatos dos cabalos
Pista: Unha famosa canción que fala dunha sopa leva o seu nome
Premios exclusivos para quen acerte
E para dar emoción propóñovos un concurso: Cómo se chaman os lugares das imaxes?
Pistas Está no P.N. de Aparados da Serra
Pista: Chámase como os zapatos dos cabalos
Pista: Unha famosa canción que fala dunha sopa leva o seu nome
Premios exclusivos para quen acerte
domingo, 2 de octubre de 2011
mamudos por el mundo
Déixovos unha estampa dos retos que teriamos que alcanzar neste curso. Eu estou nelo como podedes apreciar dende onde está tirada a foto
domingo, 25 de septiembre de 2011
Calendario 2011-2012
9/10- Último tramo da senda da auga23/10- Ruta do río Parada (cerca de Fornelos de Montes) opción 1
23/10- Ruta do río Parada (cerca de Fornelos de Montes) opción2
Fin de semana do 30/10-Pena Trevinca
13/11- Bidueiral de Montederramo
27/11- Fofe (Covelo)
11/12- A Laxe (Fornelos de Montes)
8 /1- Monte Miranda (Padrón)
22/1- Trilho de Cha da Carreira (Monçao)
5/2- Proposta de Moncho
19/2- GR58 Trapielas (Fornelos)
4/3- Pumares-Penama-Paicordeiro (Allariz)
18/3- Río Cerves (Melón)
1/4- Roteiro dos tres vales (Cotobade)
15/4- Circular da Cañiza
29/4- Famosas fervenzas de Lorenzo
13/5- Ruta do Barbantiño (Punxín)
27/5- A Guarda-Baiona
10/6- Cíes
24/6- Corrubedo
sábado, 24 de septiembre de 2011
Ruta da auga
Como quedamos que este domingo podiamos facer este sendeiro, estiven buscando información. Parece que a ruta total mide 40 Km (Isto é o que din na páxina do Concello: Ruta completa desde las instalaciones de Aqualia en la calle Cantabria hasta el embalse de Eiras. Más
de 40 km configuran esta ruta que nace en el Ayuntamiento de Vigo y
atraviesa los de Redondela, Pazos de Borbén y Soutomaior, para finalizar
en el propio embalse en Fornelos de Montes ).
Hai polo tanto varias etapa e varias opcións. Eu atopei estas dúas: unha sae do Vixiador e a outra de Redondela. Se queremos ter tempo para falar podemos facer a primeira, incluso ida e volta serían menos de 20 Km. Non temos moita información pero "Malo será".
Que vos parece quedar ás 10.30h no Vixiador (A Madroa) e facer ata onde vexamos, dar a volta, comer bocata no parque forestal e falar do calendario?
Agardo propostas.
viernes, 23 de septiembre de 2011
Proba gráfica da andaina Mosende - Galiñeiro Aloia
Queda claro, por medio desta foto, que fixemos a ruta de Mosende ao Galiñeiro Aloia.
Tamén queda claro que, despois de 21,5 Km, nesta tempada non poderemos baixar desta marca
Tamén queda claro que, despois de 21,5 Km, nesta tempada non poderemos baixar desta marca
jueves, 15 de septiembre de 2011
Mosende-Galiñeiro
Despois de tantas voltas e reviravoltas é necesario concretar.
Finalmente imos facer a nosa ruta alternativa comenzando en Mosende, no portal da casa de Loli e Joaquín ás 10.00h.
Iremos ata o Galiñeiro para encontrarnos coa concentración Pola defensa da serra. Despois haberá que facer o regreso. Non necesitamos GPS nin Wikiloc, pois Joaquín sabe o camiño.
Eu somentes podo facer a primeira parte da ruta pois me coincide co cumpreanos dos sogros e hai que marchar a comer ao Ribeiro, pero xa está iso amañado.
Desta volta non podemos ir ás covas, todo non pode ser, e ademais é perigoso se non se vai con alguén que as coñeza ben. Podemos falalo e concretar para ver de quedar un día cun rapaz especialista inda que haxa que gastar cartos mamudos porque é mellor ir con tino, hai precipicios e é fácil perderse.
Por suposto, todos con bocata (a non ser que teñades uns sogros que vos inviten a comer).
Agardo comentarios
miércoles, 14 de septiembre de 2011
RUTA DOMINGO 18
Esta ruta de carreiros remata Na garrida e pasa cerca de Mosende.
A ver si aljún nativo de Ribadelouro ou de cerca sabe como enlazar "con las dichosas grutas".
La ruta esta en Wikiloc.
http://www.carreiros.es/cuvi-galinneiro-agarrida/plano/loc_cuvi-galinneiro-agarrida.htm
viernes, 2 de septiembre de 2011
GALIÑEIRO
Para o vindeiro 18 está convocada a andaina Pola protección da serra do Galiñeiro. Esta vez sae do Aloia pero hai varias posibilidades que podedes ver aquí.
En principio eu faría ida e volta pero comezando con todos ás 11h. no Aloia e despois de comer facer con calma o camiño de regreso.
Vós diredes, estudiade ben as posibilidades e non vos deixedes intimidar polo comentario de Lorenzo que, coma sempre, xa ven "botando por fóra".
martes, 30 de agosto de 2011
jueves, 21 de julio de 2011
FESTA MAMUDA EN MOSENDE
Loli e Joaquín.
Teñen o honor de invitarnos o Domingo día 24 de Xullo a unha cuchipanda mamuda na sua casa.
Despois o que queira poderá disfrutar das maravillosas festas da Magdalena.
P.D: A hora e as 9:30h (21:30 en Vijo) jajajaja
Teñen o honor de invitarnos o Domingo día 24 de Xullo a unha cuchipanda mamuda na sua casa.
Despois o que queira poderá disfrutar das maravillosas festas da Magdalena.
P.D: A hora e as 9:30h (21:30 en Vijo) jajajaja
lunes, 4 de julio de 2011
Programa veraniego
Info útil para os que andan pola zona do Val Miñor. Algunha das xeiras nocturas paga verdadeiramente a pena facelas.
Velaiquí o enlace
Velaiquí o enlace
viernes, 1 de julio de 2011
Para consolidar o cargo
As indicacións para chegar están no Facebook de camiño mamudo.
Poden acceder a el todos os mamudos, só teñen que entrar en Facebook, buscar camiño mamudo e cando o pida escribir a clave nosa (a mesma que a do blog).
Se tedes algún probleba, chamade por teléfono ou enviade unha mensaxe.
lunes, 27 de junio de 2011
Actividades Mamudas paralelas
El próximo martes día 28 de junio vamos a realizar una cata de jamón cocido
en el aula 1.1 de la Facultad de Ciencias. Necesitamos catadores voluntarios
para la prueba, al menos 60 personas, estáis todos invitados desde las 10:00
hasta las 20:00 horas.
Es una prueba sencilla, y se os darán a probar 3 tipos de jamón cocido, como
mucho se tarda 20 minutos en realizarla.
A estas alturas del curso hay pocos estudiantes, os agradecería que
vinierais y que avisaseis a vuestros alumnos/amigos o a otros colegas.
Espero veros allí a todos!
sábado, 25 de junio de 2011
Aldán
Como mañá van caír as moscas do calor, finalmente faremos unha ruta curta pola beira do mar:
Quedamos en Aldán ás 9.45 h. para ir camiñando polas praias ata Pintens, ou un pouco máis adiante. Calculamos estar en Pintens sobre ás 12.00 h. para dar un baño e ás 13.30 comer no chiringo da praia.
Deixaremos o coche de Rosa alí para acercar aos conductores a Aldán. Pola tarde praia ou cada un o que teña que facer.
jueves, 23 de junio de 2011
proposta para analizar a súa conveniencia
Boa tarde,
No dia 3 de Julho, domingo, o Centro de Interpretação da Serra
d’Arga irá promover a realização do percurso pedestre “Até à Senhora
do Minho”, associando-se à romaria que, nesse dia, as populações da
Serra d’Arga realizam ao Santuário da Senhora do Minho.
O início está previsto para as 8H30, no Centro de Interpretação da
Serra d’Arga, em Arga de Baixo, no concelho de Caminha. O percurso,
com cerca de 19 km, terá uma duração aproximada de 6H00 e um grau de
dificuldade moderado.
Partindo do CISA, os participantes seguirão por alguns dos lugares
mais tradicionais das freguesias de Arga de Baixo e Arga de Cima,
passando pelos moinhos do Covão e subindo a serra até à Porta do Lobo
e ao Alto da Fonte da Urze, local onde se situa a nascente do Rio
Âncora. Continuando pelo antigo caminho dos romeiros até à Senhora do
Minho, no alto da montanha, a mais de 700 metros de altitude, será
possível apreciar a imensidão da Chã Grande, com as suas charnecas e
turfeiras, bem como apreciar uma das mais esplendorosas paisagens de
todo o Minho. No regresso, e atravessando novamente a Chã Grande, os
participantes descerão pelo antigo caminho do Potão, em direcção ao
ponto de partida.
Para além do contacto com a natureza, esta actividade permitirá aos
participantes contactar com a cultura local, com as gentes e seus
costumes, adquirindo conhecimentos sobre o valioso património natural,
cultural e patrimonial da Serra d’Arga, sensibilizando-os para a
importância da sua preservação e protecção.
Participe! A inscrição é gratuita. Os participantes deverão levar
roupa e calçado adequado, água e almoço volante.
Se está interessado, inscreva-se no Centro de Interpretação da
Serra d’Arga (CISA), através dos tel. 258 721 708 e 914476461, ou pelo
e-mail cisa@cm-caminha.pt.
CENTRO DE INTERPRETAÇÃO DA SERRA D`ARGA
CÂMARA MUNICIPAL DE CAMINHA
ARGA DE BAIXO - CAMINHA
TLF: 258721708 - 914476461
sábado, 18 de junio de 2011
Bueu?
Este domingo toca a penúltima ruta desta tempada. Como parece que vai facer bo tempo, se queredes cambiamos a ruta prevista por esta en Bueu, que podemos facer ida e volta e logo os que queiran poden tirarse ao sol das praias de por alí. (Non teño referencias pero parece non estar mal).
Non poño onde quedamos ata que comentedes se queredes a de Bueu ou a de Cotobade que era a que tocaba.
martes, 7 de junio de 2011
LORENZO "O CONQUISTADOR"
Lorenzo, Lorenzo....Te vexo moi preocupado polo meu estado e polo da miña camara.
Para dar fe do bo estado da mesma, ahi vai unha proba.
Eta bela estampa foi tomada o dia de autos, nela podese ver o porte distinguido a vez que sinxelo do noso "presidente en funcions" nas ultimas rutas, ante a ausencia explicada da nosa presidenta.
PD: Celia Non te durmas, este elemento ven pisando forte......
A andaina bonita de ficar cego no wikiloc
lunes, 6 de junio de 2011
OS MÁIS VALENTES E BRAVÍOS.
Estes son, os mamud@s que andan polas fermosas paisaxes da Peneda, sen temor ao calor, nin a tormenta, nin ás empinadas costas, nin ás pronunciadas baixadas...sen temor a nada. Só eles terán na mente por moito tempo toda a marabilla que a nai natureza nos regala nestas paraxes.
sábado, 4 de junio de 2011
Trilho da Peneda
Creo que o mellor é facer este trilho que quedou pendente.
Tedes a información aquí.
Non é moi longo pero hai que chegar á Peneda e vai facer algo de calor así que igual convén quedar ás 9.30 h no instituto, con bocata.
Ando moi mal de tempo, case estamos a final de curso e teño moito que corrixir así que nós non podemos ir.
Coma sempre, comentade, por favor.
jueves, 2 de junio de 2011
UN MAMUDO EN PEDRA FURADA
Pedra Furada é como lle chaman os vellos do meu pobo ás famosas "CUEVAS DE LA TRAPA" de Ribadelouro ou do monte Aloia según o Faro de Vigo.
Podería por máis fotos, pero creo que son as máis bonitas (En algunhas aparezo eu).
Unha visita fermosa polas vistas, a propia cova e unha flora e fauna case virxe.
Lorenzo, dentro vimos unhas tremendas arañas, tritóns en todas as suas fases, varias colonias de morcegos e unha tremenda serpe verdosa (Ou eso creo) que foi oque me fixo saír escopetado de dentro.
Por certo non é nada recomendable:
2º Non levar móbil ou algún sistema de comunicación.
3º Entrar sen levar varias cordas para poder saber por onde entrache.
domingo, 22 de mayo de 2011
sábado, 21 de mayo de 2011
Muiños da Rocha
Finalmente imos facer a ruta de Arbo. O domingo quedamos ás 10.30 na igrexa parroquial de Santa María, seica está cerca do instituto, e aí comeza a ruta. Con bocata, por suposto, inda que igual a facemos dun tirón pois son so doce quilómetros.
viernes, 20 de mayo de 2011
lunes, 16 de mayo de 2011
Trilho da Carvalheira de Abedim
Se o que queredes é comer o bacalhau En Casa Álvaro (00351 251 82 23 65) pódese facer este trilho que ten seis ou nove quilómetros, segundo quen o conte e como se faga. Está en Monçao e é circular.
Nós, desta volta, non imos.
COMENTADE PARA DECIDIR entre FORNELOS (ver entrada anterior) ou MONÇAO E ENCARGAR SE QUEREDES IR DE RESTAURANTE.(Que alguén se encargue de chamar ou non haberá sitio)
Muíños de Freaza
Esta é unha posibilidade por Fornelos, onde Rosa falaba de unhas pozas para comer.
Igual é un pouco longa para o que buscamos: facer a ruta e logo comer; pero ten boa pinta.
viernes, 13 de mayo de 2011
Trilho da Perdra Alçada
Quedamos ás 10.30 h na Alameda de Valença, onde se facía antes a feira. Por suposto con bocata.
Para min que hai trasnos no blog, será que está ciumento de tanto falar do facebok ???
lunes, 9 de mayo de 2011
Xa estamos no facebook
Hai que modernizarse.
Xa estamos no facebook cas mesmas claves de acceso que temos no blog. Así que se queredes podedes facervos amigos aquí
Xa estamos no facebook cas mesmas claves de acceso que temos no blog. Así que se queredes podedes facervos amigos aquí
Acallando rumores sobre mi pasado
Na andaina de onte púxose en dúbida o meu pasado capilar.
Sí, tiña pelo, e moito. E velaiquí a proba que o demostra:
viernes, 6 de mayo de 2011
Muíños de Vilaboa
Esta vez, pase o que pase, imos a andar. Todos a Vilaboa, para facer a ruta dos Muíños de Vilaboa/Chan do Vilar.
Se vos parece, quedamos ás 10.30h. nas Salinas de Ulló en Vilaboa, con bocata e ánimo para comezar a andar, así non perdemos tempo en cafés.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



























