domingo, 27 de septiembre de 2009
RUTAS 2009-2010 (novo!)
4/10............... Pedra da auga (Porriño)
9-12/10.......... Senda del oso
25/10............. Ribeira Sacra – Ruta San Xoán Cachón
8/11............... Percurso da água (Ponte de Lima)
22/11............. Ruta da auga (Caldas de Reis )
6/12 ..............Catasós (Lalín)
20/12.............A Freixa
3/1................. Roteiro etnográfico do río Xabriña (Covelo)
17/1............... Citânia (Guimaraes)
31/1............... Aloia
14/2...............Os Peares
28/2...............Trilho da Cha grande (Caminha)
14/3............... Rota do Monte Faro (Rodeiro)
28/3...............Trilho das Brandas de Padrao (Arcos de Valdevez)
11/4............... Ruta dos montes e ruta dos ríos (Arnoia)
25/4...............Ribadavia –Leiro
9/5................ REUNIÓN preparatoria da saída do seguinte fin de semana
14-17/5.......... Fragas do Eume
30/5...............Proposta de MORO
13/6............... Ruta do río Pedras (Pobra do Caramiñal)
27/6............... Illas Cíes
miércoles, 23 de septiembre de 2009
XA TEMOS MAMUDOTECA
Dende hoxe tendes un novo blog de cabeceira. A MAMUDOTECA.
Botádelle un ollo e a colaborar.
As claves de acceso son as mesmas de sempre. (As de Mamudo)
miércoles, 16 de septiembre de 2009
RUTA DO DOMINGO E MÁIS VIAXES
Finalmente despois de falar con varios e varias creo que o mellor é facer o vindeiro domingo o sendeiro Barrantes-Armenteira que é o dos muíños de Ribadumia. Non teño claro os quilómetros pois atopei información contradictoria, uns din que 8 Km e outros 12 Km. Podemos facelo empezando en Armenteira ou en Barrantes, creo que esta última é a mellor opción pois os sinais están nese sentido.![]()
Outra cousiña: xa está en marcha a organización da ponte do Pilar. Como o tempo apremia e falaramos da Senda del Oso, chamei ao Sabil, é o albergue que coñeciamos, moi baratiño e majo pero non había sitio. Recomendoume un hotel en Proaza, e o rapaz do albergue chamou para que nos fixera un prezo. O hotel é Peñas Juntas, vainos cobrar a habitación dobre a 40€, como se fora temporada baixa e a media pensión (almorzo e cea) a 12€ ( lin bos comentarios sobre a comida neste hotel), hai posibilidade de camas supletorias para rapaces a 15€. Eu díxenlle que nos reservara para 20-25 persoas para os días 9-12 de outubro pero que tiña que confirmar e falar con todos. O próximo domingo conviña dicir o nº de xente exacto pois a estas alturas está todo moi pillado.
martes, 8 de septiembre de 2009
RUTAS 2009/2010
Despois do primeiro entrante en Ons o corpo pide máis e máis camiñatas, así que como non conseguín que ninguén me fixera caso, como non fago bo de vós, veña baile, veña verbena pero nada de orghanisasión, decidín buscar eu as rotas. Mergullando polos concellos en internet e preguntando aos amigos senderistas que temos, elixín estes sendeiros:- RIBEIRA SACRA: Ruta de San Xoán Cachón
http://es.fegatur.org/media/documentos/Castellano_Ruta_RibeiraSacra_Senderismo_San_Juan_Cachon.pdf
CONCELLO DE AVIÓN: Ruta do Castro e ruta de Valderías
http://www.gulliveria.com/especiales/187.htm
CONCELLO DE RODEIRO: Ruta do Monte Faro
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=36338&ctre=32111&cidi=G
CONCELLO DE COVELO: Roteiro etnográfico do río Xabriña
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=393155
LALÍN: Sendas de Catasós
http://www.lalin.org/turismo/que_ver_busca_senderismo.asp?busca=Senderismo
ARNOIA: ruta dos montes e ruta dos ríos
http://www.arnoia.es/gl-ES/23.aspx
CHANTADA: Ruta dos Codos de Belesar
http://armesto.org/cmchantada/roteiros.htm
ARCOS DE VALDEVEZ: Trilho das Brandas de Padrao
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=226264
PONTE DE LIMA: As Lagoas de Ponte de Lima ou Percurso da água
http://www.elcorrelimos.com/elcorrelimos/Lagoas_Ponte_de_Lima.html
http://www.lagoas.cm-pontedelima.pt/percurso5.html
POBRA DO CARAMIÑAL: Ruta do río Pedras
http://www.apobra.com/rutas/sende2.html
ARMENTEIRA-BARRANTES: Ruta da pedra e da auga
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=450548
A LAMA: Fervenza da Freixa
http://www.senderosdegalicia.com/senderismo/freixa/freixa.htm
GUIMARAES: Ruta da Citania
http://pedestrianismo.blogspot.com/2006/03/guimares-percursos-pedestres.html
CAMINHA: Trilho da Cha grande
http://pedestrianismo.blogspot.com/2006/03/caminha-percursos-pedestres.html
DO LIBRO DA XUNTA: Galiñeiro- Aloia-Tui
Podemos facer a de Covelo de primeira e logo organizamos o calendario pero vós ide entrando nos enlaces, pensando cousiñas e éscribindo algún comentario.
jueves, 3 de septiembre de 2009
FIN DE SEMANA NA ILLA DE ONS
Habitación dobre con baño: Teru e Germán.
- Habitación dobre con baño: Loli e Joaquín.
- Apartamento de 4: Julia, Aida, matrimonio amigos de Julia e a súa filla.
- Apartamento de 6: Lucre, Mansinho, Martín, Conchi, Moro, Moncho, Santi e Leo. (Un dos mozos ou a moza debe durmir nunha colchoneta)
- Casa de 8: Jose, Celia, Antón, Martín, Javier, Rosa e Antón.
- Sesi pode instalarse na casa de 8 ou no apartamento de 4 con Julia.
A idea é que cada un vaia chegando e instalándose, estaremos en contacto, nós chegamos sobre ás 16:30h..
Xa falamos da marcha nocturna, levade lanternas, creo que despois das 2:00h xa non hai luz na illa.
O plan do domingo pola mañán está aberto: marcha ou praia, segundo a temperatura.
Unha cousiña máis: como imos ter bastante tempo de falar, conviña que levedes libriños, folletos ou ideas para organizar as andainas desta temporada.

