lunes, 28 de mayo de 2012

ILLA DE SAN SIMÓN

Fóra do calendario oficial desta organización, quen aínda non coñeza esta bonita illa de la nuestra ría pode visitala o día 2 de xuño.

A visita organízaa a asociación A Cepa de Cangas. Custa 12 euros. Sáese ás 5 da tarde e vóltase ás 9. Haberá unha explicación e tempo para tomar a merenda que leve cada un.

Chamar para reservar ao 986-30.08.21 e preguntar por Antonio.

sábado, 26 de mayo de 2012

A Guarda

Como a ruta programada (Baiona - A Guarda) me parece moi longa (+ de 30km) para facer con este tempo irregular, e ademais van faltar varios, unha posibilidade é facer esta.

Se vos parece ben, quedamos ás 10.30h no porto da Guarda, con bocata, claro.

Agardo noticias.

lunes, 14 de mayo de 2012

SABEDES QUEN É ESTA RICURA???

Xa daquela apuntaba para ser unha boa sendeirista.
Que me perdoe a da foto, pero estaba buscando outras cousas,  topei esta, e non me puiden resistir!!!

sábado, 12 de mayo de 2012

Camiño natural do Barbantiño

Este fin de semana temos programada a ruta do Barbantiño. Atopei varias na rede, ao final decidinme por esta que a dá como circular pero eu teño as miñas dúbidas.

Podemos quedar na Cañiza ás 10h.

Lede os comentarios e decidide.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...