domingo, 25 de octubre de 2009

OUTRO PANORAMA



Un grupo de mamudos e mamudas, saíron este domingo á recollida da castaña. Algúns como estaban nun mosteiro, fixeron a ruta de ida e volta cargados con sete quilos de castañas. Isto se que é ter fe, menos mal que ao final tiveron a recompensa: birritas, polbo, carne ao caldeiro e a pronta visita da pantasma de PANORAMA.

jueves, 22 de octubre de 2009

RUTA SAN XOAN CACHÓN

Esta é a ruta que está prevista para o domingo: a de San Xoán Cachón. Comenza no Mosteiro de San Estevo, é circular e ten algo menos de 10 quilómetros. Se o tempo nos deixa, podemos quedar sobre as 10.00h na Cañiza. Será mellor non levar bocata pola chuvia e facelo seguido, en menos de tres horas seguro que o temos liquidado e despois xa comeremos.

lunes, 19 de octubre de 2009

RUTA DO PRÓXIMO DOMINGO


Xa están corrixidas as datas das rutas. Non sei por que razón saltaramos un fin de semana, pero era demasiado tempo sen camiñar, así que este domingo 25 iremos á Ribeira Sacra a ver se xa se nota o outono nas viñas.

O xoves concretaremos lugar de encontro e demáis datos.

miércoles, 14 de octubre de 2009

PANORAMAS E PARONAMIÑAS


O do oso era o de menos. Algúns foron a Proaza por ver a orquestra Panorama e despois dunha pateada de cerca de 20 quilómetros, montaron no coche ás doce da noite para ir de festa e contemplar o show da orquestra. E houbo quen quedou coa boca aberta ao ver baixar a Batman, e dixo "que fantasmada" e non lle faltaba razón, que o importante é mover o esqueleto e para iso so se precisa boa música.


Menos mal que de PANORAMAS xa gozaramos ese día coa compañía das Xanas. Non me estraña que vivan alí, frío debe facer abondo, pero o que é vistas, teñen esas mozas mitolóxicas as que queren, unha chulada.


A Generosa será espléndida, agora si, menudo negocio montou coa súa "xenerosidade". Porque, e isto si que é certo, o fin último desta viaxe, de case cinco horas de coche, era que todo Dios probara o arroz con leite de Casa Generosa. Jose segue sendo incondicional del, eu prefiro o de Teruca e non necesito ir tan lonxe.


A Senda do oso para nós era pan comido, daí que inventaramos a versión para senderistas avanzados: Senda do oso nocturna á luz do teléfono móbil, non se permitían lanternas (inda que as tiñamos), había que ir ás apalpadas e ben amarradiños, sabendo que os principais perigos procedían da casa, entre os mamudos están Santi e Jose que ás veces asuntan máis que os osos. Menos mal que temos a Germán cos seus chistes, e a Teruca, que non pode nin quere ser menos, e nos fixeron a expedición máis levadeira.


Eu, ao chegar a casa, pedinlle ao meu Jose que saltara, afortunadamente, comprobei que non lle caeu nada, continúa todo no seu sitio. Ademáis, teño claro que, inda que vivo nun primeiro, ao butaneiro obrígolle a subir en ascensor porque é moi importante que manteña a postura ergueita, pois a encorvada leva a confusiós lamentables. En fin, que os chistes, ás veces, son moi educativos, e eu fun a Asturias, ademáis de para andar, a aprender cousiñas para a vida.


De todos os PANORAMAS quédome coas vistas do prado-comedor e co descubrimento do pobo de Bustiello. Que emoción sentín ao divisar tellados ao lonxe!!!!!! Inda que eu pensaba que estabamos en Pola de Somiedo, era Bustiello, ese pobo co que soñabamos cando gabeabamos desfiladeiro arriba, despois de varios pasos de baile (esquerda, dereita, dereita) fallidos. Pero as Xanas do día anterior permanecían connosco e enviáronnos un autobús especial para os mamudos.


Todo fenomenal, non faltou ruta subterránea con estalactitas e estalagmitas. Había que volver, algo malladiños, con maniotas no traseiro, iso si, con ningún quilo de menos, que diso xa nos encargamos nós a base de pote, fabada e arroz con leite.

martes, 13 de octubre de 2009

jueves, 8 de octubre de 2009

SENDA DEL OSO

Xa está todo preparado para este fin de semana:
Temos 11 habitacións no hotel Peñas Juntas, en Proaza. Son todas dobres menos unha triple que é para os amigos de Julia. Cada un que se vaia colocando como queira e poida. Creo que hai catro camas de matrimonio e o resto de dúas camas, xa falamos diso con algúns.
O primeiro día está previsto a ruta das Xanas, saímos do hotel hacia Santo Adriano e collemos monte arriba ata Pedroveya onde comeremos na afamada Casa Generosa. Temos reserva para as 15:30h. Logo hai que baixar andando a ver se vai baixando tamén a papatoria.

O domingo faremos algunha ruta de monte, hai varias posibilidades pero agardamos a información de Turismo e do hotel para decidir. Ceamos no hotel e comeremos bocata.

Podemos completar os días con rutas nocturnas pola senda, así que levar lanternas.

Para o luns temos cita ás 11.00 h. para ver "Cueva Huerta" e logo, como dura unha hora a visita, decidiremos se facer algo máis como ver o teixu e o roble de Bermiego, comprobar como lles botan de comer ás osa Paca e Tola ou Bandujo que é un pobo con moito encanto. Comemos no hotel e regresamos.

domingo, 4 de octubre de 2009

RENOVACIÓN DE VESTIMENTA..........




GERMAN, hai quen foi a Quechua's house, sacou a Visa ouro-platino, e ARRASOUUUUUUU!!!!!!!!!!!!!


Ajjora, tócache a ti, darlle o beneplácito, e se non che gusta...............................................


¡¡¡¡ A CONA , MONCHA, A CONA !!!!!!!!!!!


jueves, 1 de octubre de 2009

DOMINGO EN COVELO



Este domingo, se o tempo o permite, iremos de ruta por Covelo. A ruta do río Xabriña ten moi boa pinta, como podedes comprobar aquí (buscade nos enlaces da dereita) e aquí.


É bastante longa así que bocata e a andar. ¿Que vos parece quedar ás 10.00h. na rotonda de Ponteareas, preto de Información e Turismo?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...