viernes, 27 de marzo de 2009

San Xoan de Cova 2

Podemos quedar na área recreativa de Rande ás 10:30 hrs.e levar avituallamento. Absterse callos e similares

AVISO A NAVEGANTES: A NOITE DO SÁBADO O RELOXO ADIÁNTASE 1 HORA, así que olliño co cambio horario.

jueves, 26 de marzo de 2009

San Xoan da Cova

Hoxe non é a miña media laranxa quen escribe estas primeiras notas da ruta da fin de semana. A ver que opinión tendes sobre ela. Comenza en San Xoan da Cova é finaliza na área recreativa de Cubelas. Ten 12 km e non é circular. Según os papeis é fácil e se fai en 3 horas e pico.


Distancia percorrida: 12,46 kilómetros
Altitude min: 44 metros, max: 116 metros
Desnivel acum. subindo: 72 metros, baixando: 136 metros
Grado de dificultade: Fácil
Tempo: 3 horas 28 minutos

jueves, 12 de marzo de 2009

PAZOS DO ARENTEIRO

Este domingo toca visitar o Ribeiro: Sendeiro de Pazos do Arenteiro. Son 11 quilómetros, poderiamos facelo dunha tirada pero creo que é máis cómodo facelo con bocata, isto permítenos saír un pouco máis tarde e durmir algo máis.

A miña proposta é quedar ás 10:30 na Área de servizo da Cañiza e pasar por Pazos do Arenteiro a deixar un coche (o que implica que non se poden levar os coches xustos) e marchar para o inicio da ruta no Carballiño. Comeremos polo camiño cando a fame aprete. ¿Que vos parece? Agardo os vosos comentarios para ver se preferides ir sen bocadillo, comer ao final nun bar ou máis propostas (por exemplo facelo ida e volta).
Tedes o enlace aquí:

miércoles, 11 de marzo de 2009

NATIONAL GEOGRAFIC: EPISODE TWO



O senderista Mamudo, na súa longa e nómada viaxe polo Planeta Azul, vese con frecuencia obrigado a sortear diversos obstáculos da sabana galega para proseguir a peregrinación na procura de alimento.



O senderista mamudo, ás veces, ve reducida a súa manada a moi poucos exemplares adultos. National Geografic non ten coñecemento de onde poden estar os exemplares máis novos, pero o que si é seguro é onde están os máis vellos.


National Geografic sitúaos practicando unha extraña danza de cortexamento para chamar a atención dos exemplares do sexo contrario e conseguir o apareamento. O exemplo máis recente está entre os Mamudos da raza Mansinho que agardan a súa primeira cría e que, moi segurisísimamente, será un cachorro Mamudo moi ben recibido na manada.



PROXIMAMENTE DISPONIBLE EN CARREPLUS LA TERCERA ENTREGA DEL LABORIOSO DOCUMENTAL DE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA.

SENDEIRISTA MAMUDO

Así é como queda o "sendeirista mamudo" despois dun curto día na procura de alimento pola sabana galega.

Andivo poucos quilómetros, non cazou nada, e veña a durmir!!!..........xa se encargará o resto da manada de topar alimento.........

Menos mal, que esta especie é minoritaria e case non queda...........e non vos asustedes si o vedes pola rúa, que non ataca a ninguén, só é que lle gusta, ás veces, separarse do resto da manada para coñecer novas especies.
Seguirei informando desta variedade tan peculiar do "sendeirista mamudo".

viernes, 6 de marzo de 2009

MOSTEIRO DE CARBOEIRO - FERVENZA DO TOXA




Pois como parece que para este domingo volta o sol de novo e para os que queiran curar o cabreo do Santo Aparecido, faremos, si a xente está disposta, a Fervenza do Toxa, que algún xa coñecedes pero que igual vos deixou tan bo sabor de boca, que queredes repetir.

Aínda que non é circular, parece moi faciliña, de tan só 5 Qm, polo que poderiamos facer toda a rota pola mañá, comer na fervenza un bocata e logo voltar tranquilamente.

Poderiamos quedar sobre as 10:30 na Área de Servizo de San Simón, para non madrugar moito e porque supoño que dará tempo de sobra.

Aquí tedes o enlace para máis información.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...