miércoles, 28 de diciembre de 2011

FELICES FESTAS

OS MANSINHOS DESEXANLLE A TODOLOS MAMUDOS UNAS FELICES FESTAS E UN PRÓSPERO ANINOVO 2012.
COMO PODEDES COMPROBAR O MARTIN XA CASE ESTA PREPADO PARA AS ANDAINAS DESTE NOVO ANO

HABERÁ QUE LEGALIZARSE

ATENCIÓN!!!!!


A partires de marzo é de aplicación a orde publicada hoxe no DOGA que regula o uso deportivo do monte e as masas forestáis.

Vai ser obligatorio estar federado ou pagar a correspondente licencia diante da Consellería.

Se un garda forestal te sorprende no monte sen papéis as multas poden chegar aos 6000 euros se se trata dun espazo protexido ou da rede natura.

máis info en:

http://mediorural.xunta.es/institucional/normativa/conservacion_da_natureza/

Eu vou ir pagando, por si acaso!!!!

Lorenzo

martes, 27 de diciembre de 2011

Feliz ano

Pareceume moi adecuada esta felicitación que mandou Moncho, por se non a recibistes:

jueves, 22 de diciembre de 2011

60.204

Este ano, a sorte estivo do noso lado, tocáronos 100€!!!
Non é moito, pero para nós, seguro que si o é, eu estou moi contenta.
Celia, "presi  forever"........porque adiviñaches o acertixo, o número era porque o Clube fundouse o 6 de Febreiro do 2.004.
Noraboa a todos!!!

P.D.: A Tato non......

miércoles, 14 de diciembre de 2011

NÚMERO MAMUDO.


A ver quen acerta o porqué deste número, que este ano, ten razón de ser. Haberá premio para quen adiviñe!!!

lunes, 12 de diciembre de 2011

POR FIN SAIMOS.


Costou pero ao fin atopamos a luz entre a neboa gracias as novas tecnoloxias (por partida dobre ademais)

PD: Rosa non sei como dubidabas de nos, pereceme a min que non confias nas "Novas tecnoloxias"...........

Deixo constancia grafica

domingo, 11 de diciembre de 2011

Dende A Laxe ata Airoa pasando polos cumios do Suido

Coma sempre, contrariamente a como estaba previsto hai varios post atrás, non fixemos a ruta programada. Por qué?, porque nos peta, porque somos así, libres e anarquistas. Pasa algo???

Así que en lugar de seguir a feita polos nosos amigos de sudando botas, decidimos facer unha variante proposta polo tamén amigo do wikiloc Edoarado. Agora ben, dos pinchos non nos libramos. E non me refiro a tortilla, calamares e pementos de padrón

E menos mal que levábamos o track cargado no terbello porque coa néboa non se veía nada de nada. Unha mágoa porque as vistas debían de ser bonitas de ficar cego (achego unha foto para demostralo)








De todolos xeitos xa chegando ao val a cousa millorou




E coma sempre a presencia de dous gepeeses, o de Moncho e o de Lorenzo, facilitou moito que houbese discrepancias acerca de cal era o camiño a seguir. Velaí o track

PERTINHO DO SUÍDO

Estamos atacando o Suído por distintos costados, ímolo ter dominado!
Xa hai tempo que coñezo a zona polos meus amigos de Verducido e hai que recoñecer que segue igual de auténtica e bonita. Tócanos aos visitantes recoñecelo e prestarlle os mesmos coidados que tiveron e teñen a xente que de sempre alí viviron.
Parei no bar de Estacas, tomei a pertinente cañita acompañada de pincho do famoso cocido e, que atopei no decano? magnífica información sobre as esculturas de Pepe de Barrio.
De volta para casa ía pensando nos meus aguerridos compañeiros. Estarei pendente das noticias da TVG e da famosa serie Medicopter...
(Nota: esta entrada melloraría moito se alguén lle xuntase algunha foto).

jueves, 8 de diciembre de 2011

A LAXE A AIROA VIDUEIROS


Este domingo tócanos outra de la madre que pario a las Botas Esas. Quen se atreve?
No calendario temos A LAXE A AIROA VIDUEIROS
Poderiamos quedar en Fornelos no bar El Cruce ás 10:30 desde alí ata a Laxe tárdanse uns 15 minutos.
Que vos parece. Comenten porfis.

OS HEROES DE PENA TREVINCA

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...