domingo, 11 de diciembre de 2011

Dende A Laxe ata Airoa pasando polos cumios do Suido

Coma sempre, contrariamente a como estaba previsto hai varios post atrás, non fixemos a ruta programada. Por qué?, porque nos peta, porque somos así, libres e anarquistas. Pasa algo???

Así que en lugar de seguir a feita polos nosos amigos de sudando botas, decidimos facer unha variante proposta polo tamén amigo do wikiloc Edoarado. Agora ben, dos pinchos non nos libramos. E non me refiro a tortilla, calamares e pementos de padrón

E menos mal que levábamos o track cargado no terbello porque coa néboa non se veía nada de nada. Unha mágoa porque as vistas debían de ser bonitas de ficar cego (achego unha foto para demostralo)








De todolos xeitos xa chegando ao val a cousa millorou




E coma sempre a presencia de dous gepeeses, o de Moncho e o de Lorenzo, facilitou moito que houbese discrepancias acerca de cal era o camiño a seguir. Velaí o track

4 comentarios:

Rosa dijo...

Por algo marchei eu algo preocupada! Pero tamén contaba con que, logo de varias voltas e reviravoltas, remataríades a ruta.

Moncho dijo...

Menos mal que me puxen terco e Teru se puxo do meu lado se non estaríamos dando voltas agora mesmo.

lorenzopastranacastro dijo...

ahí estamos Moncho. Voume cambiar ao ipone, que é moito mellor ca miña blacberri que non fai nada

Celia dijo...

Vendo a foto, certamente a néboa era pechada!!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...