jueves, 28 de enero de 2010

CITÂNIA DE GUIMARAES


AQUÍ e AQUÍ tedes a información da ruta deste domingo: GUIMARAES - CITÂNIA.
Non é moi longa e ademáis é circular, así que podemos quedar no instituto ás 10.00 h. para ir a Guimaraes, facer a ruta e, os que queiran, quedar a comer na preciosa vila.
Nós, se nada se torce, alí estaremos. Agardo os vosos comentarios.

sábado, 2 de enero de 2010

FELIZ ANO, FELIZ RUTA



Como levades o das festas?
Lémbrovos que en setembro, cando fixemos o calendario de rutas, pareceunos a todos estupendo facer unha andaina o día 3 de xaneiro para iniciar o novo ano e alixerar excesos.
Nós non podemos ir, pero xa sabedes que a prevista é a
Ruta do río Xabriña ( picade e buscade nos enlaces da dereita), en Covelo.
En principio podedes quedar as 10.00 na rotonda de Ponteareas, en Turismo. Só convén facela se non chove pois é longa e hai que levar bocata. Se o tempo está malo é mellor cambiala por outra máis curta como a do
Galiñeiro - Aloia ou outra que decidades.

FELIZ ANO A TODA A FAMILIA MAMUDA

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...