sábado, 2 de enero de 2010

FELIZ ANO, FELIZ RUTA



Como levades o das festas?
Lémbrovos que en setembro, cando fixemos o calendario de rutas, pareceunos a todos estupendo facer unha andaina o día 3 de xaneiro para iniciar o novo ano e alixerar excesos.
Nós non podemos ir, pero xa sabedes que a prevista é a
Ruta do río Xabriña ( picade e buscade nos enlaces da dereita), en Covelo.
En principio podedes quedar as 10.00 na rotonda de Ponteareas, en Turismo. Só convén facela se non chove pois é longa e hai que levar bocata. Se o tempo está malo é mellor cambiala por outra máis curta como a do
Galiñeiro - Aloia ou outra que decidades.

FELIZ ANO A TODA A FAMILIA MAMUDA

1 comentario:

dominguer@s dijo...

Ola! acabo de atoparvos buscando rutas de sendeirismo e alégrome que haxa máis grupiños facendo rutas e facilitando información delas!.
Nós temos un blogue tamén e, como vos, temos un calendario trimestral con saídas tódolos domingos. Si vos parece, poderíamos coincidir nalgunha xa que vin que coincidimos en varias rutas feitas.
O noso blogue é dominguer@s en marcha!
Saúdos e boas camiñatas!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...