lunes, 26 de mayo de 2008

Estiramentos

Andaba enredando na rede e atopei uns enlaces sobre os estiramentos que hai que facer antes e logo de andar.
En todos insisten en que é moi importante.
Como algúns imos tendo unha idade ?..Poño aquí os enlaces para que lle botedes unha ollada. Xa sei que ninguén os vai a facer pero eu aviso, logo se vos lesionades non será por non avisar.

http://www.ardillas.net/estiramientos.html

http://www.estiramientos.es/index.php?filt=senderismo

http://mayores.uji.es/apuntes/permanentes/Senderismo2.pdf

domingo, 25 de mayo de 2008

PRIMEIRO MISTERIO DO ROSARIO DE MONCHIÑO

mMami Teru non te enfades porfa plis. Eu hoxe solo cain o principio.
PERREA PERREA.

CAMIÑO DA FURNA

Pertinho do céu


Tan pertiño que case nos cae a nube enriba.

Molladura colosal, algún resbalón que outro, moita auga, paredes de pedra, brañas e pobos. Un trilho precioso que teremos que repetir pero pactando antes coas nubes ou cando menos levando roupa de reposto.

jueves, 22 de mayo de 2008

Trilho en Lamas de Mouro

Este domingo, se a choiva o permite temos andaina polas terras de Lamas de Mouro.
Unha proposta é facer o Trilho "Curro da Velha", circular de 7 Km, con algunha subidiña pero grao de dificultade moderado.
O inicio e final da ruta está despois de Castro Laboreiro por iso podiamos quedar a comer nun dos restaurantes que hai alí.
Mirade ben o folleto que aparece no enlace e comentade porque vexo que aínda parece haber distancia dende a ruta a Castro Laboreiro.
Outra posibilidade é facer o Trilho "Pertinho do Céu" que tamén é circular, algo máis pequeno e está no Concello de Arcos de Valdevez pero relativamente cerca da Peneda. Consultade os enlaces e comentade.

domingo, 11 de mayo de 2008

Trilho do castelo da furna


Unha ducia de mamudos e mamudas e un can erguémonos cedo hoxe para facer o Trilho do castelo da furna. Contamos cun guía especial que se ofreceu a levarnos ao inicio da ruta pero, coa mellor das intencións, colocounos xa na cima, de xeito que tivemos que facer a ruta ao revés e seguir os sinais que marcaban en sentido contrario. Menos mal que Javier e Gabriela ían por diante e coas súas indicacións conseguimos non perdernos.


O peor foi cando descubrimos que o lugar onde debiamos regresar non era o que pensabamos inicialmente senon que estaba bastante máis lonxe e máis arriba.

As esculturas naturais das pedras, moi bonitas; boas vistas; o monte tapizado de amarelo... todo ben a non ser un asqueroso vertedoiro por onde pasa o sendeiro. Unha pena que non devíen o camiño por outo lado.










viernes, 9 de mayo de 2008


Aqui vai a foto da famosa galleta mamuda. Animadevos a facer esta receita

jueves, 8 de mayo de 2008

Trilho do "Castelo da Furna"



Para o vindeiro domingo, día 11, temos programada unha ruta en Valença que está sen determinar. Como xa fixemos varias, creo que poderiamos facer esta vez o Trilho do Castelo da Furna. É un pouco longa (14Km) pero ten a vantaxe de que é circular e queda relativamente cerca. Botádelle unha ollada ao enlace e contádeme que vos parece.



Podemos quedar coma sempre na porta do instituto ás 9:30 para ter tempo de perderse, atoparse e voltar a comer os que queiran.

miércoles, 7 de mayo de 2008

A miña primeira foto no blog

por fin

O PAPA NO MUSTALLAR



Houbo quen bicou o chan coa emoción. Non era para menos

martes, 6 de mayo de 2008

Galletas Mamudas


Agora con foto cortesía de Lucre

ingredientes:


150 g. (6 barriñas) de chocolate NESTLÉ POSTRES
300 g. fariña.
120 g. manteiga
110 g. azucre moreno
110 g. azucre
100 g. noces.
1 ovo.
1 cucharadita de fermento en po

Preparación:
Bater a manteiga abrandada cos dous tipos de azucre ata que estea cremosa; engadir o ovo batido, a fariña e o fermento tamizadas e mesturalo ben.
Partir o chocolate en trocitos pequenos procurando que sexan de tamaño regular e picar as noces; agregalo á preparación anterior e deixala no refrixerador durante 1 hora.
Untar unha placa de forno con manteiga e cunha culler, formar pequenas porcións redondeadas, deixando espazo entre elas.
Cocelas a forno suave ata que estean lixeiramente douradas (de 10 a 15 minutos) e deixalas arrefriar.
Con estas cantidades saen de 35 a 40 galletitas.
Estas galletas poden conservarse durante varios días nunha caixa que peche hermeticamente.

ESPIRITOSO


Diccionario de la lengua española © 2005 Espasa-Calpe S.A., Madrid:

espiritoso, sa o espirituoso, sa

1-adj. Animoso, vivo, que tiene mucho vigor: chica alegre y espiritosa.

2-[Bebida] que contiene bastante alcohol: el anis es una de las bebidas más espiritosas.

Na baixada

Os mamudos do Mustallar.


domingo, 4 de mayo de 2008

Mustallar

Camiño mamudo ascendeu a Mustallar (1.924m.).

Hai razóns para que nos sintamos satisfeitos. Foi un gran esforzo que nos premiou cunha impresionante paisaxe. Eu penso gardarla na retina para soportar o asfalto.

Aida, a nosa benxamina, con só oito anos, ascendeu pola ladeira nevada do Mustallar rauda e enérxica e foi a primeira mamuda que logrou coroar a cima.

Algúns mamudos foron listos e levaron a mochila con eles o que lles permitiu comer un bocadillo de pan duro que, con aquelas montañas ao frente e despois do esforzo, sabía a manxar de deuses.

Outros, por andar liviáns, deixaron as mochilas abaixo ou amarrada na alambrada na mitade do camiño e ata chegar á base non disfrutaron do bocata.

Houbo quen, polas presas de chegar, caeu espatarrado no regato e mollou o cu.

Pero todos os sofocos e as suores valeron a pena e esa noite os mamudos durmiron moi contentos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...