jueves, 19 de noviembre de 2009

RUTA DA AUGA EN CALDAS

Xa sabedes que o domingo toca Caldas de Reis. A ruta é bonita pero pequena, duns 8 quilómetros, así que en dúas horas está feita. Como o sábado vou de concerto a ver a Fito, que vos parece non madrugar moito e quedar ás 10.30 h. na área de servizo que está despois de Rande?
Se fixera bó, podiamos comer un bocata en Barro, no parque que hai nas fervenzas do río Barosa e se chove podemos ir comer de bar e despois ir ver a fervenza que agora debe estar preciosa con tanta auga que leva caído.
Déixovos un video da fervenza e a información da ruta podedes atopala aquí e aquí

AI CABECIÑA

A ver para despistad@s.
Os códigos para facer unha entrada na Mamudoteca som exactamente os mesmos que os de Mamudo.
EEEEEEEEEEEEEEEE. Para deixar un comentario, igual que en Mamudo.
Intentadeo que MALOSERA

martes, 17 de noviembre de 2009

PROPOSTA DE CANCIÓNS MAMUDAS

Xa podedes botar un ollo á lista de cancións que, camiñando, camiñando e se o corpo e o ánimo acompañan, podemos ir lembrando.


Proximamente pasarase unha enquisa para tantear as vosas preferencias. As que consigan un maior apoio serán declaradas por un xurado competente "CANCIÓNS GALEGAS MAMUDAS 2009-2010". A data da entrega dos galardóns está por ver.


Se queredes enterarvos das cancións propostas, visitade a MAMUDOTECA http://mamudoteca.blogspot.com/. Ademais de conseguir a letra da famosa peza "FESTA NO MUÍÑO", tamén disfrutaredes dunha coñecida melodía.

domingo, 8 de noviembre de 2009

viernes, 6 de noviembre de 2009

PERCURSO DA AUGA

O vindeiro domingo, se nos deixa a chuvia, iremos a Ponte de Lima. A ruta parece faciliña, algo máis de 12 quilómetros, que podemos facer dun tirón para poder comer quente nalgún restaurante da zona (levaremos teléfonos para reservar).
Quedamos ás 10h. no instituto, a ver se antes das once estamos andando.
Tedes a información do percorrido aquí e aquí.
Déixovos tamén un video para ir ambientándonos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...