Como nas pozas non temos asegurada a sombra e o de levar parasol non serve aquí, pensei que poderiamos cambialo pola Illa de Arousa, alí xa sabemos que hai praia e monte.Así que, sen máis voltas, os que se animen quedamos ás 11,00 h. na área de servicio de San Simón, ao pasar Rande, con comida e farrapo. ¿Que vos parece?
Falei con algúns de facer este domingo día 1 de agosto a comida nas pozas do Río Pedras. Hoxe volvín falar con Teru e temos algunhas dúbidas pois o calor abafante ameaza de novo para o domingo e o certo é que alí non hai moita sombra, somentes recordo un sitiño máis abaixo da poza onde se bañaron algúns, pero igual está collido cando cheguemos.Non será mellor deixalo para máis adiante, por exemplo o domingo 29 de agosto, derradeiro domingo de vacacións?A ver se podedes contestar e resolvemos algo.
O Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha serie de saídas nocturas dentro da actividade AS XEIRAS Verán 2010 DO IEM.
Foi moi interesante a do venres pasado ao monte Santa Tegra e, entre outras, para o día 11 de agosto está prevista unha que ten o suxerente título de "Noite de estrelas e lobos", aínda que probablemente non resulte tan inquietante e perigosa como a que nós fixemos na Senda do oso. Iso si, nestas todo mundo vai con lanternas.
Hai que anotarse con tempo de antelación. Visitade a web http://www.minhor.org/