domingo, 25 de septiembre de 2011

Calendario 2011-2012



9/10- Último tramo da senda da auga
23/10- Ruta do río Parada (cerca de Fornelos de Montes) opción 1
23/10- Ruta do río Parada (cerca de Fornelos de Montes) opción2
Fin de semana do 30/10-Pena Trevinca
13/11- Bidueiral de Montederramo
27/11- Fofe (Covelo)
11/12- A Laxe (Fornelos de Montes) 
8 /1- Monte Miranda (Padrón)
22/1- Trilho de Cha da Carreira (Monçao)
 5/2- Proposta de Moncho
19/2- GR58 Trapielas (Fornelos)
 4/3- Pumares-Penama-Paicordeiro (Allariz)
18/3- Río Cerves (Melón)
 1/4- Roteiro dos tres vales (Cotobade)
15/4- Circular da Cañiza
29/4- Famosas fervenzas de Lorenzo
13/5- Ruta do Barbantiño (Punxín)
27/5- A Guarda-Baiona
10/6- Cíes
24/6- Corrubedo

sábado, 24 de septiembre de 2011

Ruta da auga

Como quedamos que este domingo podiamos facer este sendeiro, estiven buscando información. Parece que a ruta total mide 40 Km (Isto é o que din na páxina do Concello: Ruta completa desde las instalaciones de Aqualia en la calle Cantabria hasta el embalse de Eiras. Más de 40 km configuran esta ruta que nace en el Ayuntamiento de Vigo y atraviesa los de Redondela, Pazos de Borbén y Soutomaior, para finalizar en el propio embalse en Fornelos de Montes ).

Hai polo tanto varias etapa e varias opcións. Eu atopei estas dúas: unha sae do Vixiador e a outra de Redondela. Se queremos ter tempo para falar podemos facer a primeira, incluso ida e volta serían menos de 20 Km. Non temos moita información pero "Malo será".

Que vos parece quedar ás 10.30h no Vixiador (A Madroa) e facer ata onde vexamos, dar a volta, comer bocata no parque forestal e falar do calendario?


Agardo propostas.

viernes, 23 de septiembre de 2011

Proba gráfica da andaina Mosende - Galiñeiro Aloia

Queda claro, por medio desta foto, que fixemos a ruta de Mosende ao Galiñeiro Aloia.

Tamén queda claro que, despois de 21,5 Km, nesta tempada non poderemos baixar desta marca





jueves, 15 de septiembre de 2011

Mosende-Galiñeiro

Despois de tantas voltas e reviravoltas é necesario concretar.

Finalmente imos facer a nosa ruta alternativa comenzando  en Mosende,  no portal da casa de Loli e Joaquín ás 10.00h.
 Iremos ata o Galiñeiro para encontrarnos coa concentración Pola defensa da serra. Despois haberá que facer o regreso. Non necesitamos GPS nin Wikiloc, pois Joaquín sabe o camiño.

Eu somentes podo facer a primeira parte da ruta pois me coincide co cumpreanos dos sogros e hai que marchar a comer ao Ribeiro, pero xa está iso amañado.

Desta volta non podemos ir ás covas, todo non pode ser, e ademais é perigoso se non se vai con alguén que as coñeza ben. Podemos falalo e concretar para ver de quedar un día cun rapaz especialista inda que haxa que gastar cartos mamudos porque é mellor ir con tino, hai precipicios e é fácil perderse.

Por suposto, todos con bocata (a non ser que teñades uns sogros que vos inviten a comer).

Agardo comentarios


miércoles, 14 de septiembre de 2011

RUTA DOMINGO 18


Esta ruta de carreiros remata Na garrida e pasa cerca de Mosende.
A ver si aljún nativo de Ribadelouro ou de cerca sabe como enlazar "con las dichosas grutas".
La ruta esta en Wikiloc.
http://www.carreiros.es/cuvi-galinneiro-agarrida/plano/loc_cuvi-galinneiro-agarrida.htm
 

viernes, 2 de septiembre de 2011

GALIÑEIRO

Para o  vindeiro 18 está convocada a andaina Pola protección da serra do Galiñeiro. Esta vez sae do Aloia pero hai varias posibilidades que podedes ver aquí. 

En principio eu faría ida e volta pero comezando con todos ás 11h. no Aloia e despois de comer facer con calma o camiño de regreso. 

Vós diredes, estudiade ben as posibilidades e non vos deixedes intimidar polo comentario de Lorenzo que, coma sempre,  xa ven "botando por fóra".



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...