viernes, 29 de abril de 2011

Ponte do 17 de maio

Seguindo o calendario non temos ruta ata o día 8, non sei se queredes antes, aínda que este domingo realmente coincide regular pois algúns terán que celebrar o día da nai, outros están de festa en Tui , eu estou en xornada de recuperación e ademais teño que cumprir coa sogra; pero se hai ánimo, sempre se pode organizar algo (quedou sen facer o trilho da Pedra Alçada).

Outro tema é ¿QUE PASA COA PONTE DAS LETRAS GALEGAS? Teño diversas propostas: O Bierzo,  que quedara sen poder facerse noutra ponte; outra posibilidade é Fonsagrada ou o Val do Xares,  pola zona de Trevinca.

Vós diredes, nós desta volta nin temos ponte, nin temos tempo, nin temos cartos, iso si, TEMOS UNHA CASA CHULÍSIMA.

lunes, 18 de abril de 2011

jueves, 14 de abril de 2011

CAMINAMOS ESTE DOMINGO?


Esta é a ruta que hai prevista no calendario para o vindeiro domingo 17. Como non sei cantos podemos ir, estou en dúbidas se facer convocatoria ou non. Tedes aquí a información. Se decidides que si, hai que ir con bocata e quedar en Portugal sobre as 10.

Agardo comentarios

miércoles, 13 de abril de 2011

NOTICIA BOMBA

Chincha e rabincha.
En Ribadelouro aparte de pontes "Romanas", "Románicas".  "Miliarios" etc,etc.
 Tamen poseemos autenticas maravillas da natureza coma esta.
Ahí vai o enlace da noticia
http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/04/12/gruta-aloia-millones-anos-atrae-espeleologos-geologos-nasa/535198.html
A gruta encontrase na cara dereita do monte concretamente o lado das canteiras, nunha vaguada que o río fai entre os Cabreiros (Chenlo). E o Porto de Bouzas (Ribadelouro). Por onde pasa o nombrado río de San Simón e unha liña de media tensión.
As coordenadas aproximadas son: 42º06'07.42"N 8º40'41.00W.

  • Podríamos visita-la o Domingo. Pero ollo o ultimo tramo é MOI PELIGROSO.

domingo, 10 de abril de 2011

Armenteira - Castrove


Sete e o can,
dominando o GPS, 
 preciosas vistas
 das nosas rías,
14,2 quilómetros.

Un bo plan para un domingo.

lunes, 4 de abril de 2011

Armenteira

Rosa contoume que había ganas de senderear este domingo e que se falara algo de Armenteira.

Eu atopei tres rutas que podedes consultar neste enlace . A primeira xa a fixemos, preciosa, por certo, pero que rematou na comisaría por uns estúpidos atentados aos nosos coches. Calquera das outras dúas parece interesante. Coma sempre, vós diredes.

Suxestións que me fai unha amiga

http://www.otrisquel.com/sp/rutas/index.php

Para ter en conta...

domingo, 3 de abril de 2011

Por encargo de Celia (a Presidenta)

Ainda que o tumultuoso Magreb anima a rebelión para tirar do poder a presidentes vitalicios, seremos pacíficos aguantaremos co que temos.

Seguindo pois o encargo presidencial de postear, achego o enlace da ruta e unhas bonitas, bonitas estampas mamudas


sábado, 2 de abril de 2011

Roteiro Faro de Budiño

Coma sempre, enchendo o baleiro de poder. E ainda que desta volta non poderei asistir, déixovos o plano da ruta


Pasádeo ben, e ollo co garfo el coitelo de plástico!!!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...