Seguindo o calendario non temos ruta ata o día 8, non sei se queredes antes, aínda que este domingo realmente coincide regular pois algúns terán que celebrar o día da nai, outros están de festa en Tui , eu estou en xornada de recuperación e ademais teño que cumprir coa sogra; pero se hai ánimo, sempre se pode organizar algo (quedou sen facer o trilho da Pedra Alçada).
Outro tema é ¿QUE PASA COA PONTE DAS LETRAS GALEGAS? Teño diversas propostas: O Bierzo, que quedara sen poder facerse noutra ponte; outra posibilidade é Fonsagrada ou o Val do Xares, pola zona de Trevinca.
Vós diredes, nós desta volta nin temos ponte, nin temos tempo, nin temos cartos, iso si, TEMOS UNHA CASA CHULÍSIMA.
3 comentarios:
Pois eu contaba con ruta esta finde, que levamos xa un montón de tempo sin facer unha ruta en condicións. Temos bastante abandoado a Mamudo últimamente e sobre todo por parte da presidencia.......non sei eu non sei, si aproveitando as eleccións do próximo 22 de Maio.....je, je, je.......Por min, en principio, andamos este domingo, a ver si hai máis xente que se anima. E con respecto á ponde de Maio, non sei eu si moitos terán ponte ou non e a min tampouco me cadra moi ben.......pero por min, facíamos unha ruta o domingo 15 e logo, o 17, podemos facer outra ou quedar para facer algo. Esa é a miña proposta, logo, coma sempre, o que decida a maioría.
Nos apuntamonos po domingo!!! avisar.
Na ponte non estou, e Moni non ten ponte, pero apuntase pa ruta do 15.
xa llo dixen a Conchi. Nos temos francés na casa e non podemos. Co galego sí que poderemos
Publicar un comentario