lunes, 23 de diciembre de 2013

¡¡BO NADAL!!


FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO A TÓDOLOS MAMUD@S

sábado, 21 de diciembre de 2013

Fervenzas de Prexigueiro

Poño aquí a ruta prevista para mañá. Non sei como andaredes cos preparativos do Nadal, eu en principio podo ir, aproveito que Pana vai buscar á nai e xa podo ir  con el ou con quen me leve pero non sei como vos vai ao resto. Por suposto haberá que levar bocata, inda que dan algo de choiva, e se queredes bañador para ir ás pozas quentes. ¿Que dicides?

Se queredes ir andar podemos quedar ás 10 na Cañiza.

viernes, 29 de noviembre de 2013

DOMINGO 1 DECEMBRO 2013




 (aceder ao folheto informativo)
Parece que fará un día boisimo para andar.
Tócanos a de Combatentes de Trabanca en Paredes de Coura.
Non podemos empezar moi tarde porque a ruta levaranos unhas 5h. contando as paradas, e como faise noite ás 6 convén empezar sobre as 11 para non arriscar.

Podemos quedar no Insti de Tui ás 10h.

A ruta está marcada pero parece que as marcas están descoidadas, así que convén levar Gps. Os que teñen GPS ou teléfonos deses que chaman listos que a descanguen, que máis vale levar de mais.
O enlace para descargala.

sábado, 23 de noviembre de 2013

Bierzo

Xa temos onde instalarnos no Bierzo, picade na imaxe e coñeceredes a casa.

Foi unha decisión tomada entre a presi, Teru e Sesi, pareceunos bonita e moi ben situada. Temos sitio ata uns 18, polo momento estamos 15 e un neno (Pedriño), fáltanos saber de Gabri e Lorenzo.

A casa alugámola completa, estamos sós, por un precio de 770€ as dúas noites, con almorzo pero sen ceas. Esta vez decidimos cociñar, pode ser divertido e non vai haber problemas que hai moito e moita "cociniñas". ¿Qué vos parece?

viernes, 15 de noviembre de 2013

Ruta dos viñedos da Ribeira Sacra

A ruta dos viñedos da Ribeira Sacra é a prevista para este domingo, agora debe estar todo precioso.

Quedamos ás 10 na Cañiza, con bocata, vale?

Calendario de rutas

DATA
RUTA PROGRAMADA
17-11
Os Viñedos da Ribeira Sacra
1-12
Trilho de Combatentes de Travanca
15-12
Fervenzas de Santa Cruz de Presegueiro
29-12
Histórico de Mos
12-1
Ruta do Con Negro en O Grove
26-1
Chozos de Avión
9-2
Río Barosa
23-2
Ruta da auga, fontes e lavadoiros en Silleda
9-3
Trilho do Vale Escuro en Paredes de Coura
23-3
Mondariz Balneario-Vilasobroso
6-4
Curso do río San Martiño en Meis
20-4
Subida a San Nomedio cerca de As Neves
1-5
Somiedo; Costa da Morte??
18-5
As fragas elevadas do Calvo e o Deva
1-6
Sendeiro da Saleta en Silleda
15-6
Viana – Moledo (Rosa)
29-6
Illa de Arousa, Illa de Ons, Illas Cíes ?????

sábado, 9 de noviembre de 2013

10 de Novembro. Propostas


Teño dúas propostas a ver que vos parecen
Unha ten de bo que é moi preto e a outra que é circular e cortiña.
 

sábado, 2 de noviembre de 2013

Mirando o Miño

Neste enlace tedes algunha información da ruta e aquí está o track da ruta que é curta pero ten unha subida importante.

sábado, 19 de octubre de 2013

Sendeiro prehistórico de Mos

Como está empeñado en chover, vai ser mellor ir máis cerca. Se vos parece facemos esta de Mos e quedamos ás 10.30 no comenzo da ruta (non sei moi ben onde é, mirade o track), sen bocata, para vir comer quente a casa.

viernes, 11 de octubre de 2013

Trilho dos Combatentes de Travanca

O domingo toca pateada en Paredes de Coura para facer este trilho, así que vos parece ben quedar ás 10 diante do instituto ? Aquí está o track
Con bocata, por suposto, iso si...que  ninguén cometa a imprudencia de traer biscoito, galletas e demais larpeiradas, que Sesi nos bota de Camiño Mamudo.


PD. Como non ten faceboque podemos falar aí a maneira de "sorteala"...Eu propoño TODOS CUN DOCE  e despois de comer...todos xuntos ao baño...menos ela .

sábado, 5 de octubre de 2013

De Padrendo a Mondariz

Tiñamos programado para mañá unha ruta en Padrendo pero unha vez visto con calma, creo que é moi lonxe, en Lobios, para facer unha ruta de 10 quilómetros. Vós que pensades?

Buscando entre outras posibilidades ocurríuseme que podiamos facer unha en Mondariz, eu propoño esta polo Tea porque máis adiante xatemos unha programada ata Vilasobroso.


Se non dicides o contrario, quedamos ás 10.30  diante do balneario, con bocata e pinta de senderista.

jueves, 26 de septiembre de 2013

BOTAMOS A ANDAR

Parece que por fin chegan as choivas, non, non é cousa do outono é que PENSAMOS EN COMEZAR AS ANDAINAS...temos máis poder que todas as rogativas do mundo.

Pero...son só catro gotas, así que o domingo ás 10 todos en casa da presi e dende aí faremos a ruta do Río Lagares, ida e volta.

Despois disfrutaremos dunha comida de "TRAJE", quero dicir, cada un trae algo (convén poñerse dacordo sobre quen vai vir e que pode traer, nós imos preparar diferentes ensaladas, Teru dixo que empanada...o que non queira traballar que aporte algunha bebida...) 

E despois hai que facer o programa de andainas (TRAEDE IDEAS).



AGARDO COMENTARIOS

sábado, 22 de junio de 2013

CORNO DO BICO

Este domingo imos a Portugal. A ruta que temos prevista é ESTA  así que quedamos ás 10 h no instituto.

Son só 9 quilómetros  pero levaremos bocata para comer ao final ou sobre a marcha.

Agardo comentarios.

viernes, 7 de junio de 2013

Ruta dos muíños de Carballeda de Avia

Retomo o blog despois de bastante tempo para propoñervos unha ruta que estaba pevista para o día dous deste mes: Ruta dos muíños de Carballeda de Avia.

A oficial ten uns 8 quilómetros pero hai algunha variante, eu propoño esta que ten algo máis de 15.

Podemos quedar con bocata, na Cañiza, ás 10h., a ver se non se estropea o tempo.


AGARDO COMENTARIOS

sábado, 25 de mayo de 2013

RUTA COSTA DA VELA


Foto de  Faro, Punta Robaleira


A Presi segue desaparecida, e o que antes tanto interese poñía en quitarlle o posto, agora non se sabe nada del.
En fin tomo o mando. Propoño para mañá que fagamos a ruta dá Costa da Vela. Que vos parece que quedemos ás 11 no comezo da ruta, no aparcamiento de Cabo Home.

Agardo comentarios.

Que alguén o poña no Whatsapp


Para os que queiran tomarse un café ou non teñan claro onde é o principio da ruta, podemos quedar ás 10:30 no bar Stop, fronte ao cruceiro de Hio.

sábado, 4 de mayo de 2013

Ruta do domingo

Retomo o blog despois dunha pequena ausencia.

A ver se conseguimos ir bastantes a andar este domingo, inda que sexa o "día da nai", pode haber tempo para todo.

No calendario está previsto unha ruta na Costa da Vela, pero quedaron varias atrás; unha, esa de Portugal, que xa non me atrevo a propoñela pois está gafada, e a da Vía Escondida.

Eu case que me inclinaba por esta última e quedar en "Rande" ás 10h., con bocata, pero se queredes vir a comer por aquilo da celebración, podemos facer a de Cangas, é máis curta, e quedar algo máis cedo, por exemplo ás 10h no comenzo da ruta.


¿Que pensades?
 Coma sempre, agardo comentarios.

sábado, 20 de abril de 2013

Domingo 21 de abril

RIBADELOURO SEGUNDA PARTE
Mañá domingo 21 de abril aproveitando o esplendido sol que loce. Imos darlle unha segunda oportunidade á ruta que propuxo Moncho en Ribadelouro, e que por mor da choiva acabo de forma brusca no bar.
Faremos a parte que nos quedou sen facer, di Moncho que é a máis bonita. Si non nos gusta que se ateña ás consecuencias.
En resumo quedamos ás 10:30 no centro cultural de Ribadelouro, xunto á igrexa.

sábado, 13 de abril de 2013

Chão da Espinheira+Castelo da Penha da Rainha

Parece que finalmente teremos sol o domingo. Parécevos que fagamos ese trilho que nos quedou en Paredes de Coura?

Vémonos o domingo ás 10.00h no instituto, con bocata e paciencia que é longo e estamos oxidados pola choiva e a falta de andainas.

Agardamos noticias.

sábado, 6 de abril de 2013

Circular de Prexigueiro

Meteogalicia anuncia novamente choiva para mañá, por iso creo que é mellor cambiar a que estaba programada, que era en Celanova e facer esta , pois é máis cerca e sempre, en caso de diluvio, se pode  ir  ás pozas.

Para iso convén quedar ás 10.30 h. na Cañiza.

Agardamos comentarios.

Fotos da ruta de Mougás

sábado, 2 de marzo de 2013

OS MUIÑOS E OS PAZOS , BUEU




Foto de  Ruta dos Pazos de Bueu                                       

Ola a todos.
A presidenta abandónounos, deixouse comprar por un fin de semana romántico na Toxa moi ben acompañada.
Como sabedes á mínima a desbanco e póñome ao mando.
No calendario temos para este fin de semana a ruta dos muiños e os Pazos en Bueu.
Parce bonita e fácil, tempo estimado 4 h.
Que vos parece quedar no porto de Bueu as 11.
Agardo comentarios

sábado, 16 de febrero de 2013

Combatentes de Travanca

Parécevos que fagamos este domingo a ruta que estaba prevista para o día 24? Non é longa e parece fácil, digo porque de novo dan choiva.

Se estades dacordo quedamos ás 10.30 no instituto ou onde digades, con bocata, por suposto.

AGARDO COMENTARIOS

sábado, 2 de febrero de 2013

Histórico de Mos e merenda na casa de Moro

Por diferentes  motivos (Mónica mandoume a información a un correo que xa non vexo) andivemos un tanto despistados pero todo segue en pé.
De mañán hai programado esta ruta e de tarde, sobre as 18.00h,  cun marxe de media hora antes ou despois, vémonos na bodega de Moro.

Nós iremos pola tarde, pero para os que fagan a ruta pódese quedar ás 11.15 (creo que a algún venlle ben tarde) no comenzo da ruta, é dicir na N550 (Porriño-Redondela), nos Valos, frente ao Pazo dos Marqueses de Mos.

Por suposto con bocata que é longa, se se fai enteira cos desvíos.

sábado, 26 de enero de 2013

Pasando da choiva

Para o domingo estaba programada esta ruta pero, como parece que seguimos con choiva, vai ser mellor cambiar por unha máis curta. A miña proposta é adiantar a ruta do río Tamuxe. Levade bocata, roupa de recambio e paraugas e iremos estirar as pernas, que falla fai.

Quedamos ás 11.00 h no comenzo da ruta, Ponte do río Tamuxe (Porto Vello).

Vinde todos que haberá SORPRESA!!!!!!


AGARDO COMENTARIOS

lunes, 14 de enero de 2013

Ponte do Ramo



Tedes outras fotos con xente en Picasa.

sábado, 12 de enero de 2013

Mirando ao Miño

Este é o sendeiro previsto para mañá domingo. O único problema é que non atopei máis información e non sei que tal estará sinalizado. En principio quedamos ás 10.30 no área de servizo da Cañiza, con bocata e roupa de recambio, polo que poida pasar.

Se vedes que non está clara a ruta podemos cambiar por outra con máis información, por exemplo, acabo de descubrir esta por Cuntis, ten boa pinta.  Para esta quedariamos a mesma hora pero en Rande ¿Que dicides?
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...