Retomo o blog despois dunha pequena ausencia.
A ver se conseguimos ir bastantes a andar este domingo, inda que sexa o "día da nai", pode haber tempo para todo.
No calendario está previsto unha ruta na Costa da Vela, pero quedaron varias atrás; unha, esa de Portugal, que xa non me atrevo a propoñela pois está gafada, e a da Vía Escondida.
Eu case que me inclinaba por esta última e quedar en "Rande" ás 10h., con bocata, pero se queredes vir a comer por aquilo da celebración, podemos facer a de Cangas, é máis curta, e quedar algo máis cedo, por exemplo ás 10h no comenzo da ruta.
¿Que pensades?
Coma sempre, agardo comentarios.

2 comentarios:
nos temos que ir a comer a casa de mi prima a Budiño, así que, de facer, opto pola vía curta
A da Costa da Vela e moi chula para facer con calma e comer por ala.....eu prefiro tamen a outra.....como di a presi.... e as 10 en Rande.
O q prefira a maioria.
Publicar un comentario