martes, 30 de diciembre de 2008

RUTA Ó SANTUARIO DA FRANQUEIRA.


Pois como as festas pasan axiña, e non todo vai ser comer e beber, hai que ir pensando xa en poñer as nosas pernas en funcionamento para retomar as pateadas polo monte.
Hai cambios e para o vindeiro día 11, subiremos á Franqeira, pero non vos asustedes, que iremos polo monte e o percorrido é pequeno.
Hai que inscribirse e pagar 3 euros por persoa. O prezo inclúe avituallamento igual que os ciclistas e un agasallo. O punto de encontro é no centro das Neves, e un autobús levará ós sendeiristas ata o punto de partida.
Penso que podería estar ben esta ruta........sería algo distinto..........así que si vos parece boa idea e queredes ir, deixade os vosos comentarios no blog, ou chamádeme (Conchi), para poder saber cantos ides, e sobre o día 7 ou como moi tarde 8 de Xaneiro, inscribirvos e pagar o prezo total das incricións (sería có diñeiro de Mamudo, que para algo o temos, digo eu). Vos só me tedes qué dicir quenes vades (seguro, porque logo non devolven a pasta da inscrición) e logo xa me encargo eu do resto...........................E si hai algún indeciso ata o propio día 11, pois non pasaría nada, porque hai 100 prazas e non creo que se cubran todas.
Aquí tedes o enlace por si queredes votarlle un ollo.
Espero as vosas respostas!!!
FELIZ ANO NOVO 2009 PARA TODOS OS MAMUD@S E QUE OS REIS VOS TRAIAN MOITOS REGALOS!!!

A PROBAR SORTE DE NOVO!!!


Pois aquí tedes o número para o sorteo de Reis.
Celia, non me dirás que non son eficaz...
A ver si desta toca, aínda que sexa un pouquiño.
Sorte para tod@s mamud@s!!!

miércoles, 24 de diciembre de 2008



A familia Mansinho Novas , desexalles a todos os mamudos e mamudas, unhas felices festas e que o 2009 sexa un ano de moitas andainas.

lunes, 22 de diciembre de 2008

NÚMERO MAMUDO


Aquí tedes o número da "discordia"............
Para que logo algunha diga que non se fía
de min................Iso si, unha cousiña.............
seguimos igual de "ricos" que o domingo...........porque non nos tocou nada!!

domingo, 21 de diciembre de 2008

viernes, 19 de diciembre de 2008

RUTA DOMINGO


Para este domingo estaba programado facer a segunda parte das Pontes do Lérez, pero por aquí pensamos que igual había moita auga e que quizás fora mellor facer unha máis alta. ¿Que vos parece se adiantamos unha semana e facemos a da "Memoria do Lobo" en Cotobade?

A humidade vai ser inevitable e o frío, tamén, pero xa somos veteranos e nada nos asusta.

Como é circular igual podiamos despois facer unha papadiña conxunta, un bo cocido nalgún bar de Cotobade para comezar ou continuar as xornadas gastronómicas que nos agardan.


Se decidimor facer este sendeiro podemos quedar na Área de Servizo San Simón, despois de Rande, sobre as 10:00 h.


Espero comentarios.

lunes, 8 de diciembre de 2008


Só puidemos facer dúas rutas polas inclemencias do tempo,pero resultou un fin de semana inesquecible,a pesar das ausencias
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...