lunes, 30 de abril de 2012

CAUREL MON AMOUR...

OS MAMUDOS NO CASTELO DE CARBEDO


domingo, 29 de abril de 2012

Courel 3

Preciosas montañas.
Preciosas paisaxes.
Casanzo renovador.
Ceas moi ricas.
Bocatas sabrosos.
Sol con pequenos chuvasquiños.
Estupenda compañía.
E todo tan baratiño...
Que máis se pode pedir?

Ah, si, que dunha vez por todas  os que mandan MIMEN estas terras...que Galicia interior tamén existe e é unha chulada.
O Courel, PARQUE NATURAL, XA.

viernes, 27 de abril de 2012

Courel 2

Déixovos alguhas posibles rutas:

Ruta do Río Pequeno

Ruta Seoane- Folgoso- Froxán (Podemos facelo só ata Folgoso e volver)

Outra de Seoane- Folgoso (ou a mesma)

Moreda -Monte Cido

Fervenza de Vieiros

Unha combinada de coche e a pé (por se chove)

jueves, 26 de abril de 2012

Courel

A pesar dos pesares, das baixas e do tempo, os intrépidos mamudos imos á montaña.

Non vos asustedes, só dan choiva débil,  noutras  peores nos vimos.
Levada gorros, recambio e paraugas por se as moscas pero  eu teño confianza de que, cando menos o sábado, no faga moi malo.

Vémonos alí, na Hospedería Ferreiro, para cear. Ide pedindo as habitacións como queirades, hai  unha de tres para Jose, Conchi e Óscar.

Levade xogos, cartas e se non andamos, comeremos e xogaremos.



domingo, 15 de abril de 2012

Hospedería Ferreiro

Déixovos unha posibilidade de aloxamento no Courel. Tedes máis información aquí.

(Son a presi, non vaiades a pensar que son ese que veu de Italia, revolucionándoo todo, coma sempre)



sábado, 14 de abril de 2012

Ruta alternativa

Ruta por os Muíños Do Folón
son 14 km.

Por medo á choiva propomos esta ruta máis curta e máis cerca.
Podiamos quedar á 11 na praza do concello do Rosal.
Que vos parece?

Circular da Cañiza

Non sei se o tempo se portará e permitirá facer os 23 quilómetros desta ruta.
Os animosos poden quedar ás 10.00h na estación de servizo da Cañiza, levar bocata ou ver a posibilidade de mercalo alí.

Nós desta volta non imos, un ten que acompañar ao fillo ao balonmán e eu non vou arriscar pois andiven  toda a semana agripallada e con dor de gorxa (para  fastidiar as vacacións).

Estiven analizando a data marcada inicialmente para a viaxe de fin de semana e teño unha proposta que facervos: o día 28 de abril coincide coa ponte do 1 de maio, podemos ter máis problemas para atopar sitio, ser máis caro ou querer marchar de ponte. O fin de semana seguinte é o día da nai  ( sempre hai quen segue a tradición), así que propoño definitivamente coller o seguinte -11, 12, 13 de maio- que ven coincidindo coa fin de semana anterior á ponte das Letras (17-20). Que decides? Se estades de acordo xa podemos chamar ao sitio que atopou Sesi e está no comentario da entrada anterior.


Agardo comentarios

domingo, 1 de abril de 2012

Tres Vales e moitas mulleres.

Moitas para un só.
Ultimamente o sector masculino esta en retirada.Como diría Mourinho. ¿por qué?




.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...