martes, 25 de enero de 2011

GALICIA É BELÍSIMA

... e nós tamén (polo menos facemos o que podemos)


domingo, 23 de enero de 2011

Cabo Home



Velaí a costa da vela!!
E para os amantes dos datos: xa estamos no wikiloc.

A anterior de cangas foron 15,2Km e estivemos 5h 19 min

sábado, 22 de enero de 2011

COSTA DA VELA

Temos unha nova proposta de ruta para este domingo: como vai facer bo día, igual podiamos facer o sendeiro de Cabo Home, é un pouco longo para esta época pero os días algo medraron. (Ver a outra posibilidade dúas entradas máis abaixo)

Tendo en conta que o próximo que tocaba en Xeve non parece ser moi apetecible (todo eucaliptos) ao mellor podiamos ir este domingo a Cabo Home e dentro de quince días facer a de San Cibrán.

Se decidides esta opción, quedamos ás 10.30 na cafetería de Cangas.

Vós diredes.

jueves, 20 de enero de 2011

RUTA DOS MONTES DE SAN CIBRÁN

Mamudos, despois da derradeira marcha nocturna véxome na obriga de adicarvos este vídeo con moito amor:



Pero como non todo é baile, tedes información da vindeira ruta, esta vez diurna, nestes tres enlaces (picade cada palabriña).

Como vedes podemos facer a ruta circular (19 km) ou lineal (case 13 km). Se escollemos esta segunda posibilidade, a xente de Salceda pode deixar un coche no final. ¿Que preferides?

Sexa como sexa, o domingo prometen
SOL así que toca bocata no monte.

Como é cerquiña podemos quedar xa no inicio do sendeiro ás 10.30 h. ¿parécevos ben?

Coma sempre, AGARDO COMENTARIOS

lunes, 10 de enero de 2011

sábado, 8 de enero de 2011

2ª oportunidade para Lorenzo


Déixovos o enlace da ruta de Cangas por se vos animades a andar este domingo. Podedes quedar ás 10.30 na cafetería da outra vez, cerca do porto de Cangas.

A ver se rematan estas celebracións dunha vez e podemos ir de camiñata nós porque de novo temos unha comida.

Lorenzo, pon as pilas que o GPS xa as ten.



martes, 4 de enero de 2011

Muiños de Couso


O GPS é fantástico: agora sabemos exatamente onde nos perdemos!!

sábado, 1 de enero de 2011

QUEIMANDO EXCESOS

Comenzamos o ano seguindo as indicacións de Lorenzo, que como ten novo GPS será o noso guía nesta e, se o fai ben, en vindeiras ocasións.

Das dúas propostas, escollín esta, pois a outra é un pouco longa e eu teño que vir a comer a casa (tráfico de influencias polo cargo).



Novamente ás 10.30 quedamos na igrexa de Gondomar ou na cafetería das rosquillas.

Din os desta banda que van levar bocata ou fiambreira para manducar ao remate da ruta.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...