sábado, 27 de febrero de 2010

CHOVE

Remexendo

MARÍA CANOSA Mini-relatos (1999)

Non podo saír e agocho a cabeza tralos cristais da fiestra. Hoxe non hai xente na rúa, porque chove. Xélido o vento, asubiando desafiante ó outro lado do vidro, mentres as pingas percorren a súa viaxe deixándose esvarar ata o peitoril.

¿Que se move? Nada. Ninguén.
Non hai alento na vila; os sons son imperceptibles.

Chegou o inverno.

As luces, amarelas. As portas, pechadas.

Silencio, quietude; o cristal que dá á rúa acugúlase de bafo.

O inverno prosegue na súa chegada, enchéndoo todo de humidade. Avanza no frío, no sosego, no estrondo, no rebumbio, na tranquilidade... na soidade; nas longas noites. Non podo saír e convértome en espectadora desta maxia escura e tristeira.

O ceo, laranxa. As nubes, tebrosas.

A mente... remexendo na memoria.



AO FINAL DECIDIMOS SUSPENDER A RUTA DE MAÑÁ. AGARDAMOS QUE O VINDEIRO DOMINGO, DÍA SETE, LUZA UN FERMOSO SOL. ATA ENTÓN, DÉIXOVOS UN POUCO DE LITERATURA.

miércoles, 24 de febrero de 2010

RUTA DO DOMINGO E TRIVES

Estiven facendo averiguacións sobre o aloxamento en Trives, como somos un montón, non hai moito onde escoller. Despois de consultar a algún da zona, quedeime con dúas posibilidades:

HOTEL RÚSTICO AS MACEIRAS: este non está no pobo, ten un pequeno spa, cobra 45€ persoa a media pensión en habitación dobre con baño. Non teño referencias da comida.

HOSTAL LA VIUDA: está no pobo, ten boas referencias nas comidas, cobra habitación dobre con baño e media pensión 30€ a persoa.

Conviña decidir pronto para reservar. Tedes informacións aquí .

En canto ao domingo, con este marabilloso tempo xa non sei se poderemos facer nada. Tocaría en Caminha, o Trilho da Cha grande. Se o tempo o permite podemos quedar ás 10.30 h. no instituto, facelo seguido e logo cada quen que decida se quedar a comer o regresar para casiña.





miércoles, 17 de febrero de 2010

lunes, 15 de febrero de 2010

MENUDA ENTROIDADA!!!

Chegou o Entroido, e como non podía ser menos, Camiño Mamudo quixo celebralo por todo o grande. Houbo variedade de disfraces, risas, cachondeo e sobre todo, bo humor. Haberá un antes e un despois deste domingo de Entroido, disfrazados polos montes e dando pases de baile con tutú......que máis nos queda por facer??

viernes, 12 de febrero de 2010

SAN PEDRO DE ROCAS

Como en tres horas debemos ter feito a ruta, podemos quedar ás 10.30 h. na Cañiza. Nós finalmente saímos de Vigo.
Agardo a proba das orellas prometidas por algunhas... Aínda que con tanta costura igual non queda tempo para a cociña...

PEARES?

Este domingo a idea era ir a unha ruta que xa fixeramos hai tempo. Creo que, por unha tumbas que recordo, é a de Pombeiro - San Cosmede. O problema é que apenas ten 3 quilómetros e inda que ida e volta son 6, a estas alturas paréceme moi cativa. Ademáis, facer tanta viaxe para tan pouco recorrido no sei se compensa.

Botádelle unha ollada a ruta a ver se pensades que era esa ou outra da Ribeira Sacra e mandádeme ideas que ando algo falta de lucidez. (A ver se alguén atopa outra por alí algo máis cumpridiña, que xa non somos principiantes).

martes, 9 de febrero de 2010

HAI ENTROIDO?

Amigüitos/as.





Son un Mamudo/a anónim@, @ que lle gustaría saber se ten que porse mon@. Ou atopar un bo disfraz para este Domingo

lunes, 1 de febrero de 2010

TRÉBOLES DA SORTE???



Non sei si serán da sorte ou non, pero o que si está moi claro, é que a conta deles, pasamos un bo rato, de risas e ilusión, e iso ninguén nolo vai quitar. E o que non topase o seu trébol desta volta, vai telo moi difícil noutra ocasión!!!.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...