jueves, 22 de enero de 2009

RUTA DO DOMINGO ?

Despois de darlle moitas voltas ás predicións,
http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/localidades?p=36 parece que este domingo continuará a chover e fará bastante frío, por iso, de facer unha ruta, non pode ser cerca dun río nin moi longa. Unha posibilidade é facer a do Santo Aparecido que queda en Pazos de Borbén, non parece moi longa, podedes ver información nestes enlaces

http://www.trevinca.es/25senderos/10PRG26xunqueiras_ext.pdf

Xa falaremos, pero moito temo que teremos que aprazar a camiñata para o seguinte domingo.

lunes, 19 de enero de 2009

¿ONDE ESTADES?

















Andaandara a xentiña de camiño mamudo.

A ver se alguen se atopa nesta imaxe. Nada comprometida por certo.

domingo, 18 de enero de 2009

Camiño mamudo, MAMADO, MACANUDO

Unha noite enteira pretendendo que todos e todas estiveran bébedos cun só fin: descubrir o noso senderista sensible, o poeta que ilustrou co seu comentario este blog afeito a camiños mamudos, rudos e pouco delicados, ... e NADA ... inda que sempre hai alguén que pretende apropiarse de obras alleas ... pero, o verdadeiro espíritu nobre, a alma sensible e culta non deu mostras de presenza. Rosa, hoxe, con todas as facultais mentais restablecidas, afirma non saber nada da historia, eu vivo sen vivir en min, agardando noticias e ... por riba de todo, suplicando QUE VOLVA A CENSURA porque alguén sensato debe censurar ESA REPORTAXE GRÁFICA que o home do tocso fixo de toda esta noite MAMUDA e MACANUDA.
NOTA: Non é que me trabucara ao subir a foto, é o novo logotipo de Camiño mamado, algúns andaban así o sábado á noite.

martes, 13 de enero de 2009

A BABA DAS ROCHAS















Inda que as rochas tremesen e se babaran de frío, nada impediu que mamudos e mamudiños subiran, Franqueira arriba, e baixaran, toxo ao través. Poida que foran pensando no caldo, na empanada e no requesón, que os agardaban ao final.

CEA MAMUDA

HOLA PANTOJOS

RECORDOLLES A TODOS AQUELES QUE AINDA NON ESTÉN ENTERADIÑOS, QUE ESTE SÁBADO DÍA 17 TEMOS POR FIN CEA MAMUDA.
A CEA E: VACA CHUCA ( TUI)
HORARIO: AS 8.00 DIANTE DO OULETUI
AS 9.00 NA CAFETERÍA MONA LISA
AS 10.00 CEA NA VACA CHUCA

ASI QUE O QUE CHEGUE TARDE PAGA A CEA, QUEDOUVOS CLARIÑO.

MIL BIQUIÑOS MAMUDOS

viernes, 9 de enero de 2009


Xa está lista a "Operación Requesón".
O domingo patearedes por sitios como o da foto.
Creo que pasaremos frío, pero iso si, contade no avituallamento cun vaso de caldiño quente para recuperar folgos e quecelo corpo.
Hai que estar sobre as 9 nas Neves, e unha vez alí, procurarei toparme con vós para explicarvos un pouco como vai a cousa.
E a ruta, non sei exactamente cantos quilómetros son, pero si sei que son 2 horas e media andando e que haberá moita subida.
Bueno, poderedes con todo, que outras peores guerras temos vencidas, e agora vimos con enerxías renovadas e con ganas de poñer as pernas a funcionar neste novo ano.
E a ver se non falta ninguén, espero que non, pero domingo, serán 24 mamud@s e mamudiñ@s que farán á subida á Franqueira. Xa fai moito que non se lembra tanta xente para camiñar, verdade??
E para recuperar folgos, xantaremos un bo cocido no Restaurante "O Frenazo", no mesmo centro das Neves.
Aquí vos deixo un enlace para que fagades virtualmente a ruta do domingo. Votádelle un ollo, que nos vos levará moito tempo e está moi interesante e divertido.
http://www.youtube.com/watch?v=bHNIsjc8ZJY
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...