viernes, 9 de enero de 2009


Xa está lista a "Operación Requesón".
O domingo patearedes por sitios como o da foto.
Creo que pasaremos frío, pero iso si, contade no avituallamento cun vaso de caldiño quente para recuperar folgos e quecelo corpo.
Hai que estar sobre as 9 nas Neves, e unha vez alí, procurarei toparme con vós para explicarvos un pouco como vai a cousa.
E a ruta, non sei exactamente cantos quilómetros son, pero si sei que son 2 horas e media andando e que haberá moita subida.
Bueno, poderedes con todo, que outras peores guerras temos vencidas, e agora vimos con enerxías renovadas e con ganas de poñer as pernas a funcionar neste novo ano.
E a ver se non falta ninguén, espero que non, pero domingo, serán 24 mamud@s e mamudiñ@s que farán á subida á Franqueira. Xa fai moito que non se lembra tanta xente para camiñar, verdade??
E para recuperar folgos, xantaremos un bo cocido no Restaurante "O Frenazo", no mesmo centro das Neves.
Aquí vos deixo un enlace para que fagades virtualmente a ruta do domingo. Votádelle un ollo, que nos vos levará moito tempo e está moi interesante e divertido.
http://www.youtube.com/watch?v=bHNIsjc8ZJY

3 comentarios:

Teru dijo...

Como din en Moaña á mar de ben,co caldiño emos resistir

Anónimo dijo...

HOME (MULLER) NON PODEMOS CON TODO I LO QUE AJA FRAUTA.

Anónimo dijo...

24? menos mal que non tocou a lotería porque con tanto senderista iso no chegaba a un dente.

Falta fai subir montes para baixar barrigas.

Creo que vai estar moi bonito todo nevadiño.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...