lunes, 31 de diciembre de 2012

domingo, 30 de diciembre de 2012

sábado, 29 de diciembre de 2012

Cambio de sitio

En vez de quedar no area de servicio da autopista quedamos na entrada da carretera vella a Moaña, despois da rotonda do corredor.

Ruta e papatoria?

Algúns falaramos de facer este domingo unha pequena ruta e logo a comida mamuda de Nadal. De feito esta é a ruta que estaba no calendario para o 30 de decembro. Rosa sabe dalgún lugar polo Morrazo para comer, o tempo non vai estar moi seguro pero igual podemos intentalo e quedar ás 10.30h. na área de servizo de Rande. Que dicides?

lunes, 24 de diciembre de 2012

sábado, 22 de diciembre de 2012

PROPOSTA: COCIDO MAMUDO


Proposta a consideración dos mamud@s:
Que vos parece se este domingo facemos algo diferente?
Algo que alimente o noso espiritu e tamén os nosos corpos?

MINI-RUTA + COCIDO NAVIDEÑO

Veña comenzade a comentar


domingo, 25 de noviembre de 2012

Castro Pena Moura


Velaí a ruta feita hoxe (picade na foto):

sábado, 24 de noviembre de 2012

25 de novembro

Non sei que tal lles iría aos das Cíes, creo que o tempo non acompañou moito.

 Falárase de facer este domingo esta ruta de Portugal. Como é longa hai que quedar cando menos ás 10.00h na porta do insti, con bocata ou como digades.

Eu poño o meu cargo a disposición de SESI. pois de novo non podo ir, collín un resfriado, onte xa non fun a traballar e non me parece responsable subir montes con este tempo. En fin, que este ano non arranco, inda que morro de ganas de patear.

sábado, 10 de noviembre de 2012

Domingo 11 de novembro.

A Laxe - A Airoa - Vidueiros (Serra do Suído) Como a presidenta esta desaparecida e a oposición aterrizando, aproveito para tomar a iniciativa e proporvos que mañá fagamos unha ruta. Parece que non choverá e como o fin de semana pasado xa descansamos, penso que poderiamos aproveitar este. Propoño que fagamos a que tiñamos planeada para o 2-12 Podemos quedar as 10 no bar que está frente do Concello de Pazos. Pincha aquí

domingo, 28 de octubre de 2012

viernes, 26 de octubre de 2012

Carballeira de Millarada

Este é o trilho programado para o domingo. Nós non imos poder ir (temos de novo o sogro ingresado) así que como Loli, Joaquín e Lorenzo tampouco poden,  igual é mellor cambialo por este outro que está máis cerca (en Forcarei) e que tiñamos seleccionado para á volta do Courel. Que vos parece?

lunes, 15 de octubre de 2012

sábado, 13 de octubre de 2012

Piñeiral de Arnoia

Non sei se o tempo se portará, pero en principio e como é fácil, imos a Arnoia.

Esta ruta ten só uns 10 quilómetros, non está mal para comezar a facer perna, e parece que boas vistas.

Quedamos ás 10.30h na Cañiza, con bocata ou coa intención de mercalo alí.

Coma sempre:  AGARDO RESPOSTAS.

domingo, 7 de octubre de 2012

XA EMPEZAMOS

Subida a Capela de San fins

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Hai que botar a andar

Xa van sendo horas, basta de vacacións!!!

Que vos parece se este domingo quedamos para mover un pouco as pernas e para facer o calendario?

A miña proposta é reunirnos ás 10 h no paseo de Panxón, ao comenzo, na zona das palmeiras, dar unha camiñata ata Baiona, tomar alí un "vermú" e falar das propostas. Despois faremos o camiño de volta  e cada un pode decidir se quedar a comer ou facelo na casa.

Traede rutas, todo ben pensadiño, vale?

Coma sempre: AGARDO COMENTARIOS

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Programa "Alto Minho Greenways"

8 propostas pedestres de descoberta do Alto Minho.
Mentras que decidimos cando quedar para o calendario, pódese facer alguna das pequenas rutas desta proposta. Hai que inscribirse.

martes, 18 de septiembre de 2012

Sesi, moi boa idea peroooooo.....estas son as canas ás que te refires????..........(Je, je, je)

miércoles, 12 de septiembre de 2012

viernes, 27 de julio de 2012

Corrubedo 2

Como vedes o de Corrubedo?
Creo que o tempo vai cumprir. Pola mañá algo de nubes, pero despois sol.

Podiamos aproveitar e facer algunha rutiña, por exemplo o Camiño do mar e o Camiño da auga, que están no mapa e nesta páxina. Logo praia. Non sei moi ven se hai un sitio a sombra para comer o bocata, creo recordar que hai zonas de monte.

Se queredes facer rutiña temos que quedar ás 10.30 en Rande e senon máis tarde.

AGARDO COMENTARIOS.

jueves, 19 de julio de 2012

Corrubedo

Como pasa o tempo!!!!!, xa estamos case a finais de xullo e temos unha cita en Corrubedo.
A primeira convocatoria era para o 21 pero como nós non podemos por un cumple e á algúns de Tui e Salceda venlle mellor o 29, quedamos definitivamente o último domingo de xullo, a ver se o tempo se porta.

Agardo comentarios.

sábado, 23 de junio de 2012

Illa de Arousa

Finalmente, como varios non poden, deixamos Corrubedo para xullo (1ª convocatoria o 22 de xullo, 2ª o 29 de xullo, dependendo do tempo e da asistencia).

Mañá imos á Illa. Sempre é boa opción e xa sabedes que eu teño debilidade po ir alí.

Quedamos ás 11h en Rande, na estación de sevizo, se entende, con bocata. Faremos unha pequena ruta, antes ou despois de comer, xa veremos, e a disfrutar da praia.

Corrubedo

Como vedes o tema de ir a Corrubedo mañá? Teredes moita resaca de San Xoán?
A ruta estaba programada para o 24 pero conviña comentar a asistencia, que ultimamente é algo escasa.
O Centro de Interpretación ofrece estas tres rutas, podemos facelas todas, algunha, ou incluso quen queira ir durmir a mona á praia, pode non facer ningunha,
Se decidides ir, propoño quedar ás 11h. no centro de interpretación, con bocata e bañador...ou preferides quedar antes en Rande?

AGARDO COMENTARIOS

sábado, 16 de junio de 2012

TRILHO DO PASTOR

http://s9.wklcdn.com/image_0/9387/464303/126109_full.jpg
  A VER QUE VOS PARECE ESTA OPCIÓN.

NOME DO PERCURSO  TRILHO DO PASTOR
TIPO DE PERCURSO PEQUENA ROTA

ÂMBITO DO PERCURSO ECOLÓGICO / PAISAGÍSTICO
PONTO DE PARTIDA CAPELA DE OUTEIRO, PORREIRAS
DISTÂNCIA PERCORRIDA 11 km
DURAÇÃO DO PERCURSO 5 h
GRAU DE DIFICULDADE FÁCIL
COTA MÁXIMA ATINGIDA LAGOAS 768 METROS



http://ca.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=464303

La dirección y su gabinete de comunicación están abiertos a escuchar otras propuestas

Podemos quedar ás 10.00h na porta do insti

Famosas fervenzas de Lorenzo

¿Podemos ir este domingo, por fin , a coñecer esas fervenzas? Parece que o tempo da unha pequena tregua.

Como son en Portugal podemos quedar ás 10.00h na porta do insti ou onde digades, porque eu non sei ben onde están.

Lorenzo, fala XA!! e aclara se existen realmente ou son froito da túa imaxinación.

Agardo comentarios.

sábado, 9 de junio de 2012

sábado, 2 de junio de 2012

ULTIMA HORA!!!!


Proposta de ultimísima hora para mañán domingo día 3. Totalmente fora de programa pero dentro da operación bikini. Non hai que perder ningunha oportunidade.

Ruta da miña infancia. É curta. Por nigrán. O enlace eiquí. Para voltar a comer ou mandarlle un bocata rápido no monte.

Cita as 10,30 horas na gasolineira de Priegue na carreteira vella Vigo Baiona.

Confirmade no blog antes das 12 da noite ou chamádeme a Sesi ou a min

Lorenzo

lunes, 28 de mayo de 2012

ILLA DE SAN SIMÓN

Fóra do calendario oficial desta organización, quen aínda non coñeza esta bonita illa de la nuestra ría pode visitala o día 2 de xuño.

A visita organízaa a asociación A Cepa de Cangas. Custa 12 euros. Sáese ás 5 da tarde e vóltase ás 9. Haberá unha explicación e tempo para tomar a merenda que leve cada un.

Chamar para reservar ao 986-30.08.21 e preguntar por Antonio.

sábado, 26 de mayo de 2012

A Guarda

Como a ruta programada (Baiona - A Guarda) me parece moi longa (+ de 30km) para facer con este tempo irregular, e ademais van faltar varios, unha posibilidade é facer esta.

Se vos parece ben, quedamos ás 10.30h no porto da Guarda, con bocata, claro.

Agardo noticias.

lunes, 14 de mayo de 2012

SABEDES QUEN É ESTA RICURA???

Xa daquela apuntaba para ser unha boa sendeirista.
Que me perdoe a da foto, pero estaba buscando outras cousas,  topei esta, e non me puiden resistir!!!

sábado, 12 de mayo de 2012

Camiño natural do Barbantiño

Este fin de semana temos programada a ruta do Barbantiño. Atopei varias na rede, ao final decidinme por esta que a dá como circular pero eu teño as miñas dúbidas.

Podemos quedar na Cañiza ás 10h.

Lede os comentarios e decidide.





lunes, 30 de abril de 2012

CAUREL MON AMOUR...

OS MAMUDOS NO CASTELO DE CARBEDO


domingo, 29 de abril de 2012

Courel 3

Preciosas montañas.
Preciosas paisaxes.
Casanzo renovador.
Ceas moi ricas.
Bocatas sabrosos.
Sol con pequenos chuvasquiños.
Estupenda compañía.
E todo tan baratiño...
Que máis se pode pedir?

Ah, si, que dunha vez por todas  os que mandan MIMEN estas terras...que Galicia interior tamén existe e é unha chulada.
O Courel, PARQUE NATURAL, XA.

viernes, 27 de abril de 2012

Courel 2

Déixovos alguhas posibles rutas:

Ruta do Río Pequeno

Ruta Seoane- Folgoso- Froxán (Podemos facelo só ata Folgoso e volver)

Outra de Seoane- Folgoso (ou a mesma)

Moreda -Monte Cido

Fervenza de Vieiros

Unha combinada de coche e a pé (por se chove)

jueves, 26 de abril de 2012

Courel

A pesar dos pesares, das baixas e do tempo, os intrépidos mamudos imos á montaña.

Non vos asustedes, só dan choiva débil,  noutras  peores nos vimos.
Levada gorros, recambio e paraugas por se as moscas pero  eu teño confianza de que, cando menos o sábado, no faga moi malo.

Vémonos alí, na Hospedería Ferreiro, para cear. Ide pedindo as habitacións como queirades, hai  unha de tres para Jose, Conchi e Óscar.

Levade xogos, cartas e se non andamos, comeremos e xogaremos.



domingo, 15 de abril de 2012

Hospedería Ferreiro

Déixovos unha posibilidade de aloxamento no Courel. Tedes máis información aquí.

(Son a presi, non vaiades a pensar que son ese que veu de Italia, revolucionándoo todo, coma sempre)



sábado, 14 de abril de 2012

Ruta alternativa

Ruta por os Muíños Do Folón
son 14 km.

Por medo á choiva propomos esta ruta máis curta e máis cerca.
Podiamos quedar á 11 na praza do concello do Rosal.
Que vos parece?

Circular da Cañiza

Non sei se o tempo se portará e permitirá facer os 23 quilómetros desta ruta.
Os animosos poden quedar ás 10.00h na estación de servizo da Cañiza, levar bocata ou ver a posibilidade de mercalo alí.

Nós desta volta non imos, un ten que acompañar ao fillo ao balonmán e eu non vou arriscar pois andiven  toda a semana agripallada e con dor de gorxa (para  fastidiar as vacacións).

Estiven analizando a data marcada inicialmente para a viaxe de fin de semana e teño unha proposta que facervos: o día 28 de abril coincide coa ponte do 1 de maio, podemos ter máis problemas para atopar sitio, ser máis caro ou querer marchar de ponte. O fin de semana seguinte é o día da nai  ( sempre hai quen segue a tradición), así que propoño definitivamente coller o seguinte -11, 12, 13 de maio- que ven coincidindo coa fin de semana anterior á ponte das Letras (17-20). Que decides? Se estades de acordo xa podemos chamar ao sitio que atopou Sesi e está no comentario da entrada anterior.


Agardo comentarios

domingo, 1 de abril de 2012

Tres Vales e moitas mulleres.

Moitas para un só.
Ultimamente o sector masculino esta en retirada.Como diría Mourinho. ¿por qué?




.

sábado, 31 de marzo de 2012

Roteiro dos tres vales

Polo ben da nosa Galicia, hai que saír de marcha este domingo, a ver se chove, coma sempre, que xa sabedes que somentes caen catro pingas cando temos ruta.

No noso calendario está prevista para o 1/4 unha nova ruta de Sudandobotas, o roteiro dos tres vales de Cotobade, e unha vez máis seguiremos os seus pasos.

Temos información tamén aquí

Se vos parece ben, quedamos ás 10.00h, na área de servizo de Rande, a ruta son 12 Km, así que é curta e dá tempo. De todas maneiras, mellor levar bocata.

lunes, 19 de marzo de 2012

Momentazo

Choiva e pedrazo a propulsión. Fixádevos no carámbano do paraugas.

sábado, 17 de marzo de 2012

Melón

Este domingo imos facer unha ruta por Melón. Comprobade neste enlace as características.

Que vos parece quedar ás 10.00h na Cañiza, para mercar o bocata (o que non o leve da casa) e tomar un café rapidiño?
Coma ssempre, agardo comentarios.

domingo, 4 de marzo de 2012

Rejón de 10€

Todo tiña saido perfecto: non choveu (moito), a paisaxe espectacular (a Bahía máis bonita do mundo), o tempo perfectamente medido e axustado (en 20 minutos chegamos a Baiona) e o bocata de chourizo estaba exquisito.



Pero velaiquí tedes a proba do rejón que me estragou a xornada!!!






O track está neste enlace

sábado, 3 de marzo de 2012

DOMINGO 4 DE MARZO SERRA DA GROBA

Ruta sorpresa, amenizada por Lorenzo por a Serra da Groba.
Contara con: corredoira medieval, petroglifos variados ,foso do lobo y demás zarandajas.
Se ruega acudan con sus propios bocadillos a las 10:30 al mercado de Sabaris

lunes, 20 de febrero de 2012

"CARNAVAL, CARNAVAL....."


Un ano máis, fixemos o noso tradicional desfile de domingo de Entroido polos  montes.


De cociñeiros, como non, co que a nos nos gusta o bo comer....iso si, coa bendición do Señor Abade.



sábado, 18 de febrero de 2012

Ruta Laxe do Val do Gato

Parece que a xentiña non ten moitas ganas de levantarse cedo, despois da farándula do sábado de antroido, así que o domingo  imos facer un paseo para principiantes.

Como temos reservada a comida no bar de cazadores de Estaca,  faremos un pequeno itinerario por Berducido (ou Verducido, atopeino das dúas formas), podedes velo aquí.

¿Quedamos ás 12.00 h. (non temos vergonza) no Bar Cruce de Fornelos? A ruta pode levarnos como moito dúas horas e temos a comida sobre as tres.

Eu reservei para unhas doce persoas, sei que os de Vigo se apuntan, e Conchi e Moncho, pero faltan por confirmar os demais.


Recordade, os que queirades, que imos de cociñeiros de restaurante fino ou de lareira.

martes, 14 de febrero de 2012

Antroido en Fornelos

Para este domingo está prevista unha ruta en Fornelos, a GR-58 Fornelos-Traspielas, que como vedes non é circular.

Eu andiven buscando algunha que fora circular e atopei esta de Muíños de Freaza, pero despois de todas as que levamos no corpo xa non sei se xa a fixemos. Botádelle unha ollada e xa me contaredes.

Onde quedamos? Que vos parece se a facemos rapidiño e comemos un cocido ou unha laconada polas Terras do Suído?

Segue en pé o disfraz de cociñeiros e cociñeiras?

Comentade, comentade...

domingo, 5 de febrero de 2012

viernes, 3 de febrero de 2012

FIARSE DE MIN

  • Parese ser que hai moito nerviosirmo pola proposta de Moncho.
Podedes estar tranquil@s.
Propoño unir a Senda dos Humedais de Salceda có Roteiro circular das Ribeiras do Louro.
E un oito case perfecto, e veremos entre outras cousas: As poldras, o Baranco, Febres e as Turbeiras.
Podiamos quedar por exemplo. No torreiro da Magdalena (Ribadelouro) con bocata as dez.  Son dezaoito quilometros de nada e despois poderemos tomar unhas cañitas no Mirón (O bar de meu primo) ou no Navuero.
Estade tranquilos pasei a miña infancia neses lares

lunes, 23 de enero de 2012

CEA DE NADAL

Próximo sábado celebramos o nadal, o fin de ano, as uvas, que empeza o 2012 e todo o que nos apeteza.

A cita é as 10 da noite no Dalmiro e, según parece, teremos un evento de moito SOLOMILLO (gañan por goleada), RISOTTOS e de diversas demostracións das coreografías dunha coñecida e pegadiza composición musical.

Vémonos.

domingo, 22 de enero de 2012

Marufe, mon amour

Hoxe pasamos unha expléndida xornada montuna parcialmente alterada por unha inesperada montería.

Velaiquí o track dos nosos pasos por esas fragas miñotas e unha estampa gráfica que amosa como respectamos as normas de circulación


sábado, 21 de enero de 2012

DUELO DE TITANES

RETAMOS A PARELLAS O DÍA 28 PARA FACER UN PLAYBACK DE " SI  EU TE PEGO"
PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O DÍA 27 ÁS 23:59 H 
¡¡¡¡¡ ANIMÁDEVOS!!!!!!!!

Domingo en Portugal

Este domingo tocaba, según calendario unha ruta en Monçao que fixeron Sudando Botas, pero na súa páxina xa especificaron despois que estaba en mal estado polas obras do Parque eólico.

A miña proposta é recordar unha que xa fixemos hai moito tempo, chamada Trilho do Caminho dos Mortos . Este sendeiro aparece en todos os lugares con algo máis de 13 quilómetros, menos Os de Carreiros que o dan como de 18 Km

Se aceptades esta segunda proposta, podemos quedar no parque de Salvaterra ás 9:45, con bocata e ánimo de subida.

lunes, 16 de enero de 2012

ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA

Deportistas, cociñeir@s e xente sa: 
Traio un dos mellores ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA 
100% puro de 0,3 de acidez. Directa/. dos lagares de extración 
D.O. Tras-Os-Montes. 30€ garrafa de 5L. Só por encarga. 
Para pedidos e probas falar con Mónica O. Alcántara 


E recordar que:
PARA SER EXTRA VIRGEN: del olivo  la prensa y de la prensa a la despensa.
Aceite y vino bálsamo divino.

viernes, 6 de enero de 2012

DOMINGO 8 DE ENERO

O domingo, Se ninguén ten inconveniente, tócanos  Monte Miranda (Padrón).
É unha ruta de carreiros eles fixérona de 18 km, pero pódese acurtar.
A ruta de carreiros empeza na estación de tren de Padrón. Pero nós poderiamos empezar en Retén, e recortar tamén un pouco o percorrido.
Botarlle un ollo ao trazado e comentádelo.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...