martes, 28 de diciembre de 2010

A ver si en Reis.........













Con non sabe que poñer...

domingo, 26 de diciembre de 2010

sábado, 18 de diciembre de 2010

Chocolatada

Por se aínda non iniciáchedes a dieta de engorde, estades invitados a unha chocolatada mamuda que terá lugar no piso "presidencial", o domingo 19 ás sete da tarde.
Contamos todos os que poidan e queiran e xa veremos que facemos coas sillas.

Se alguén non sabe o enderezo que chame por teléfono.

E para concluír o mes gastronómico, que vos parece cea mamuda o 15 de xaneiro?

(Como se nota que rematei as avaliacións e comenzo a ter ganiñas de festa)

jueves, 16 de diciembre de 2010

DÉCIMO MAMUDO.



A ver si desta volta nos dá para ir aos Alpes.
Moita sorte para tódolos mamud@s e Felices Festas de Nadal para tod@s.






viernes, 10 de diciembre de 2010

Montes de Peitieiros

Este domingo a ruta toca en Gondomar, nos montes de Peitieiros. Outra vez non podemos ir, teño moito, moito que corrixir , así que teredes que sacar a información e intuír o camiño como listos que sodes (parece que non hai sinais). Que vos parece quedar ás 10.30 horas diante da igrexa de Gondomar? (Foi o sitio que se me ocurriu).

Decidide se levar bocata ou facelo dunha atacada.

Agardo non faltar á próxima, esta tempada coincidiu así.

viernes, 26 de noviembre de 2010

San Xurxo

O domingo toca voltar á Carballeira de San Xurxo. Nós esta vez non podemos ir, temos celebración do cumpleanos de Martín pero vos deixo aquí á información.

Parece que non vai chover e son 15 quilómetros así que conviña a sesión bocata.

Que vos parece quedar ás 10,00 h. na área de servicio de Rande?

Poñédevos en contacto e pasádeo ben.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Choverá?

Poderemos ir a Montederramo e ver o bidueiral en pleno outono?
Teño as miñas dúbidas de que o tempo nos permita andar. Tedes aquí a predición. Vós diredes.

Tamén podemos buscar outra por aquí máis cerquiña para poder vir a casa a mediodía e secarnos se chovera. Eu atopei unha que parece interesante, sendeiro do río Gafo, segue un río dende Figueirido ata Pontevedra, non é circular pero non habería problemas para deixar os coches en Figueirido ou se non chovera facer tamén a volta.

Nós imos á aldea pero estaremos en contacto.


martes, 2 de noviembre de 2010

lunes, 1 de noviembre de 2010

Sanabria


Nesta semana teredes a reportaxe, pero como anticipo aí vai a titulada
" Antroidos en Sanabria"

lunes, 25 de octubre de 2010

Ferreira de Pantón




Aí queda a mostra das fermosísimas paisaxes que contemplamos o domingo e da dificultade do sendeiro.


viernes, 22 de octubre de 2010

POLAS TERRAS DE PANTÓN

Pero que noviños eramos todos cando fomos por primeira vez a facer a Ruta do Pombeiro !!!! Dende entón, algúns xa teñen netos, outros xa son universitarios, uns cantos tiveron fillos, algúns inda non se atreveran a conquistar montes e outras gañamos materia..... gris! ou acaso pensabades que estaba pensando na materia grasa? non non, gañamos materia gris que se empeñou en repartirse por todo o corpo.

Pero, sexa como sexa xa estamos máis afeitos ao monte e seis quilómetros para nós non son nada, por iso combinaremos as dúas rutas (Pombeiro e Auga caída). A ver se non chove de máis e podemos facelo pois a da fervenza é un pouco perigosa.

Ás 10.15 h quedamos na área de servizo da Cañiza, case mellor sen bocata e decidimos alí según o tempo, pois sempre podemos mercar un do afamado xamón.

Definitivamente saímos para Sanabria o sábado cediño, que así aforramos e non temos que conducir de noite. Todo está bastante organizado, xa falaremos.

domingo, 17 de octubre de 2010

Finalmente Sanabria!!!!

Despois de intentalo no Bierzo, resultou completamente imposible conseguir un sitio onde nos acolleran a 20 almas, así que investigando por Sanabria atopamos o Centro de Turismo Rural que se chama O Rincón de Trefacio.

Aquí hai sitio para todos en habitacións dobres ou triples con baño. Ten restaurante e a media pensión sae sobre 14 €.

En total ven saíndo todo por persoa 38 ou 40€ ó día, dependendo de se é habitación dobre ou triple.

Como vin que estaba difícil iso de atopar sitio para todos, en principio reservei aquí. Que vos parece?

martes, 12 de octubre de 2010

Trilho de Mosteiró

O domingo imos ter bó tempo, así que todos co bocata e a andar. Esta vez faremos o Trilho de Mosteiró en Valença.

Non é moi longo, perto de 13 quilómetros, pero se vos parece levamos bocata e así podemos ir relaxados e saír algo máis tarde. Quedamos ás 10.30 horas no instituto. Vós diredes, se queredes así ou facelo dunha atacada.

Está colgado o calendario de rutas, procurei poñer enlaces para que lle botárades unha ollada e coma sempre dérades a vosa opinión (algunhas parecen moi longas e igual non son moi interesantes).

lunes, 11 de octubre de 2010

Calendario 2010 - 2011

10/10............... Cangas - Limens

17/10............... Trilho do Mosteiró (Valença)

24/10............... Ribeira Sacra: Pombeiro-San Cosmede e fervenza

30/10-1/11.............. Proposta de LORENZO

14/11............... Biudeiral de Montederramo

28/11 .............. Carballeira de San Xusto

4 - 8/12............... ?

12/12............... Montes Peitieiros

9/1............... Circular de Allariz

23/1............... Ruta dos Montes de San Cibrán

6/2............... PGR 108 Xeve

20/2............... Pertinho do Céu

6/3............... ANTROIDO ?

20/3............... Ruta Covelo Natura AQA

3/4............... Faro de Avión, fervenzas Cerves

17/4............... Trilho da Pedra Alçada (Caminha)

8/5............... Sendeiro do Chan do Vilar e os muíños de Vilaboa

17/5............... ?

22/5............... Trilho da Peneda

5/6............... Monte do Facho

19/6............... Roteiro dos Tres Vales (Cotobade)

26/6............... Ría de Aldán

viernes, 8 de octubre de 2010

CANGAS - LIMÉNS


Este domingo temos intención de empezar as camiñatas. Teño esperanza de que o tempo mellore, non dan chuvia en Meteogalicia, así que ás 11.00h. quedamos onde xa dixemos a semana pasada, no Café bar La Marina para iniciar a ruta.

Se fixera temporal, a cita sería só para comer e organizar o "curso mamudo" podemos retrasar a hora ata a unha, pero este caso agardo que non se dea pois teño ganas de que arranquemos e o domingo é boa data (10/10/10).

Levade os folletos ou as ideas que teñades e por favor confirmade a vosa asistencia á comida que hai que reservar.

jueves, 30 de septiembre de 2010

ARRANCAMOS

Este domingo, por fin, iniciamos as rutas. A proposta é

Q
uedamos ás 11.00h. no Café-bar La Marina, perto do porto de Cangas.

A idea é facer a ruta e comer por aí (Rosa xa está de investigación). Conviña concretar antes do sábado quen se queda a comer.

Nós non sei se poderemos ir,pois eu nestes momentos estou de baixa con farinxite e placas e Jose inda anda ás voltas cos piños. Tentaremos ir a comer para poder falar.

Por se sigo mal déixovos algunhas propostas de sendeiros para esta etapa:


  • Pertinho do Céu (O da molladura)
  • Carballeira de San Xusto
  • Trilho da Peneda (Lamas de Mouro)
  • Pena Corneira (Dende Pazos de Arenteiro)
  • Trilho da Pedra Alçada (En Caminha)
  • Bidueiral de Montederramo (Sen subir a San Mamede)
  • Trilho da Ínsua do Castro (Valença)
  • Ruta do río Eifonso (Vigo)
  • Ruta dos Montes de San Cibrán (Nigrán ou así, ver na páx de Sendereando)
  • Viaxe a Sanabria, Somiedo... ou onde digades.

Para buscar información dos sendeiros de Portugal entrade aquí.
Agardo que fixerades os deberes e levedes moitas propostas.

Queda pendente a inauguración da casa para mellor ocasión, desta andamos algo escangalladiños.

sábado, 25 de septiembre de 2010

TEMOS SEDE DE MAMUDO!!!

Mirade ó que se adica o Mansinho mailos seus amigos pola falta de rotas e momentos mamudos.
Queremos voltar as andainas e sobre todo, compartir bos momentos con todos vos, que xa vos extrañamos moito.
Non sei si teremos que dicir aquelo de "Celia dimisión!!!"





sábado, 31 de julio de 2010

NOVA PROPOSTA

Como nas pozas non temos asegurada a sombra e o de levar parasol non serve aquí, pensei que poderiamos cambialo pola Illa de Arousa, alí xa sabemos que hai praia e monte.

Así que, sen máis voltas, os que se animen quedamos ás 11,00 h. na área de servicio de San Simón, ao pasar Rande, con comida e farrapo.

¿Que vos parece?

jueves, 29 de julio de 2010

RÍO PEDRAS 2

Falei con algúns de facer este domingo día 1 de agosto a comida nas pozas do Río Pedras. Hoxe volvín falar con Teru e temos algunhas dúbidas pois o calor abafante ameaza de novo para o domingo e o certo é que alí non hai moita sombra, somentes recordo un sitiño máis abaixo da poza onde se bañaron algúns, pero igual está collido cando cheguemos.

Non será mellor deixalo para máis adiante, por exemplo o domingo 29 de agosto, derradeiro domingo de vacacións?

A ver se podedes contestar e resolvemos algo.

martes, 13 de julio de 2010

Outras pateadas nocturnas



O Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha serie de saídas nocturas dentro da actividade AS XEIRAS Verán 2010 DO IEM.

Foi moi interesante a do venres pasado ao monte Santa Tegra e, entre outras, para o día 11 de agosto está prevista unha que ten o suxerente título de "Noite de estrelas e lobos", aínda que probablemente non resulte tan inquietante e perigosa como a que nós fixemos na Senda do oso. Iso si, nestas todo mundo vai con lanternas.

Hai que anotarse con tempo de antelación. Visitade a web
http://www.minhor.org/


sábado, 26 de junio de 2010

RÍO PEDRAS

Andiven liadísima, pero xa sabedes que para rematar a temporada imos á Pobra do Caramiñal para facer o sendeiro do Río Pedras. Tedes a explicación aquí. Como son, según di, tres horas, imos quedar ás 9.30 na estación de servizo de San Simón, a que está despois de Rande. A idea é ás 11h. como moi tarde estar de camiñata e rematar ás dúas para ir á praia de Cabío, comer un bocata e tomar o sol, os que se poidan quedar, ou pasear por alí.

domingo, 13 de junio de 2010

jueves, 10 de junio de 2010

TRILHO DO GLACIAR E DO ALTO VEZ (ARCOS DE VALDEVEZ)



Como finalmente parece que desapareceu o verán (eu estou encantada), a ver se facemos este domingo esta ruta da que teño moi boas referencias. En algúns sitios din que ten 15Km. pero en outros fala só de algo máis de 12Km. De todas as maneiras a dificultade está na subida constante, pero hai que facer algunha que coste un pouco.

Con bocata, ás 10.00 h. no instituto, parécevos ben?

lunes, 31 de mayo de 2010

PEDRO


Pedro no seu mellor momento..

O NOVO MAMUDIÑO


Cos coidados de mulleres de caracter como estas, teremos na nova tempada un sherpa abrindo camiño ou polo menos rillando o bocadillo (ou teta) se é preciso.

Bicos de Pedro.

jueves, 27 de mayo de 2010

ROTEIRO ETNOGRÁFICO DO PÍO/RÍO XABRIÑA

Este domingo a ver se por fin podemos facer a ruta de Covelo. Como é longa e parece que o tempo vai acompañar, esta vez levaremos bocata incorporado. Parécevos quedar ás 10.00 h. en Ponteareas? Se sabedes o nome dalgún bar onde tomar un café e que quede de camiño, podedes indicalo nos comentarios para esperar alí.

Se visitades o blog da Mancomunidade A Paradanta, na parte dereita tedes o enlace para o folleto, o plano e o panel da ruta.


FRAGAS DO EUME


miércoles, 12 de mayo de 2010

FRAGAS DO EUME

ALEA IACTA EST
As reservas están confirmadas. Agora aínda que diluvie imos.
Hai unha proposta para quedar ás 9:30 na área de servizo de San Simón. Pero tamén hai protestas polo madrugón. Así é que a propor e a votar e o que se absteña que logo non diga nin mu.

martes, 11 de mayo de 2010

RUTA DA CROA EN VILABOA E XA UN MÁIS



HOXE,LUNS 10 DE MAIO NACEU PEDRO, TERUCA E GERMÁN XA SON AVÓS.

MOITAS FELICIDADES


Déixovos a reportaxe da ruta do domingo :



sábado, 8 de mayo de 2010

RUTA EN VILABOA

Como parece que o tempo non quere acompañar e igual mañá non está bó para comer un bocata de monte, cambiamos de sendeiro. Imos un pouco á aventura, faremos unha ruta por Vilaboa e dependendo do tempo mercamos bocatas ou encargamos nun bar algo máis quentiño.

Tedes aquí a información das posibilidades que hai.

O lugar de encontro é o bar do porto de San Adrián de Cobres, ás 10.30 h.

martes, 27 de abril de 2010

Urgente Fragas do Eume

ASUNTO FRAGAS:

En el camping no hay sitio.

Las casas rurales de la zona son muy pequeñas para tantos.

Por consiguiente la alternativa es Hostal Eumesa en Pontedeume. Podéis ver la pinta en el siguiente enlace.

Precio 21€+IVA por persona y noche alojamiento y desayuno.

28,25€+IVA incluyendo la cena.



Hay otra opción mucho mas chula pero también mas cara.62€+iva por persona y noche incluyendo desayuno y cena. El sitio parece precioso.algo parecido as Veigas. Se llama Casa de Graña da Acea en Monfero. Aquí va la dirección.



Pongan comentarios no me sean dejaos.Hay que decidir pronto

.

viernes, 23 de abril de 2010

SALVEMO-LAS FRAGAS DO EUME




Navegando pola rede. Recibo por sorpresa unha invitación de Facebook, do seguinte grupo.


NON á mina de Andalucita nas Fragas do Eume.


Pois resumo.


O señor Feijoo e secuaces deron o visto bo a un proxecto de explotación dun xacemento de Andalucita en ditas fragas.


Pero quizais o peor sexan as TRINTA E CATRO licenzas para outras tantas louxeiras na serra do
Courel. (visitade Sos Courel).


Estas aínda podemos paralas. Para desastre xa está o Aloia e Ribadelouro.
P.D: Andalucita.
Mineral apreciado en química e polos ceramistas. Polo seu alto poder refractario.
E recentemente debido a fermosura dos seus critales prismáticos e vistosidade é indipensable
para a alta xoieria.

jueves, 22 de abril de 2010

RIBADAVIA-LEIRO

A ruta programada para este domingo é a de Ribadavia-Leiro. Ten uns 8,5 quilómetros, non é circular por iso imos facela ida e volta.

Este é un tramo do Sendeiro do Río Avia, que comeza en Pazos de Arenteiro, pero como xa estivemos alí e a ruta enteira é longa e non circular, se vos parece ben facemos este trociño da seguinte maneira: Comezamos no parque de Ribadavia e imos ata Leiro. No parque que é moi bonito, pódese comer un bocadillo (nós aproveitaremos para ir comer cos sogros, que seguro que o agradecen) e despois de descansar, regre
sar a Ribadavia . Así se fan un total de 17 quilómetros e non hai que mover os coches. Que vos parece? Parécevos ben quedar ás 10.30 h na Cañiza?

Deixamos sen facer dúas rutas moi interesantes ( Covelo e Arcos de Valdevez) que podemos recuperar o nove e o trinta de maio.

Coma sempre, agardo os vosos comentarios. Xa teño ganiñas de andar e de botar unhas risotadas co todos vós.


martes, 6 de abril de 2010

MARCHA Ó FARO DE BUDIÑO





Este domingo é a marcha do Faro de Budiño, a de Moro, e tamén hai rota de sendeirismo. A rota será duns 8 qm. (un paseíño para os mamudos). No mapa podedes votarlle un ollo á camiñata . A saída é as 9:30 dende o Centro Cultural "A Forna", así que sería conveniente estar alí sobre as 9. Para os que non son da zona, chegar ó sitio é moi fácil. Hai que sair da autovía en Porriño, na saída para ir a Salceda, e xa na carretera hacia Salceda, onde están as canteiras e o polígono industrial de Atios, á man esquerda, hai unha carretera, que ten colgado un cartel moi grande da ruta do Faro, e indo por alí, chégase directamente á Forna. E o máis importante, necesito que me digades quenes ides e se quedades a comer, porque teño que anotarvos antes do venres, e pagar 4 euros por persoa (pagaría mamudo), no caso de quedar a comer, se non, sería de balde. Deixade o comentario ou enviarme un correo.


lunes, 22 de marzo de 2010

SAN MAMEDE NOS AMPARE




Déixovos unha selección de fotos das preciosas paisaxes que contemplamos este fin de semana.

Os mamudos demostraron que son xente preparada para o que faga falla: mollarse, empaparse, perderse, atoparse, comer de pé, cear sentado, buscar bidueiros a 1.618 metros, subir e baixar montañas enlamadas, imaxinar panoramas entre a néboa... HAI QUE DICILO: OS MAMUDOS MERECEN UN 10.



Aqueles que queiran saber máis sobre néboas, brumas e neboeiros consultade este enlace.

¡OLLO!!! QUE NO CALENDARIO ESTÁ PROGRAMADA UNHA RUTA PARA ESTE DOMINGO, QUEREDES QUE A DEIXEMOS PARA DESPOIS DE SEMANA SANTA?

jueves, 18 de marzo de 2010

TRIVES 2

Xa teño bastante información sobre a Comarca de Trives. Parece que esta vez o tempo quere gastarnos algunha mala pasada pero de todas as maneiras hai moito que ver: a Ribeira do Navea, o Val do Bibei coa súa ponte, o embalse de Chandrexa da Queixa, o Santuario Nosa Señora das Ermitas, os codos de Larouco, Montefurado, museo da escola en Trives ...

En canto as rutas de senderismo, non atopei ningunha en Trives pero cerca temos varias:

Fraga de San Xoan de Ríos, Circular do embalse de Chandrexa, e as interesantes rutas de Manzaneda. Atopei información sobre un bidueiral en Montederramo, onde podemos ir dende Chandrexa pero igual queda un pouco lonxe. Botádelle unha ollada a todo e así xa levamos pensado algo.

Vémonos o venres de camiño á altura de Ribadavia. Vós, xa sabedes, ás 10 h. en A Cañiza. Rosa, Julia e Aida veñen pola tarde.

martes, 16 de marzo de 2010

TRIVES 1


Xa están confirmadas as habitacións no Hostal A Viuda (telf. 988330902). Non é necesario levar colchonetas, hai habitacións de unha, dúas e tres camas, e están reservadas según as necesidades das familias. Os Mansinho teñen que levar ese bonito berce mamudo de viaxe.

A idea é andar o máis posible, así que o venres quedamos ás 10 h. en A Cañiza, nós saímos polo camiño pois durmimos a noite do xoves na aldea. Hai que levar fiambre, froita e demáis cousiñas para facer bocatas para as rutas, as ceas e os almorzos están reservados na Viuda.

Mañá procurarei colgar enlaces con algunhas posibles rutas e outra información, de todas formas vou chamar a Información e Turismo a ver se nos deixan na Viuda os folletos das rutas.

domingo, 14 de marzo de 2010

SOBRE BRUMAS Y NIEBLAS

La Real Academia Dixit

niebla.

(Del lat. nebŭla).

1. f. Nube muy baja, que dificulta más o menos la visión según la concentración de las gotas que la forman.


bruma.

(Del lat. bruma, solsticio de invierno).

1. f. Niebla, y especialmente la que se forma sobre el mar.

2. f. ant. invierno (estación del año).



Real Academia Española © Todos los derechos reservados

Parece que los de terra adentro tiñan algo de razón.Pero solo unha pouca.

sábado, 13 de marzo de 2010

RUTA DE MONTE FARO

Para este domingo está programada a ruta de Monte Faro en Rodeiro. O tempo parece que vai estar bó pero por aí vai picar o frío e o vento. Pódese levar bocata contando con ir abrigadiños, é pleno monte. A ruta non é circular, parte de cerca de Oseira e remata preto de Rodeiro. Pódese quedar en A Cañiza sobre ás 10.00h, puntuais pois hai que levar un coche a maiores para deixalo ao final. Habería que pensar ben coma ir dun lado ao outro (sen preguntarlle a ningún portugués).

Esta vez nós non podemos ir, temos deportes cos dous fillos e as obrigacións paternas e maternas mandan.

Déixovos dous enlaces ( aquí e aquí) para que teñades información.

Conviña deixar claro quen vai definitivamente a Trives pois teño que falar co señor do Hostal. Deixade comentarios porfa.

sábado, 27 de febrero de 2010

CHOVE

Remexendo

MARÍA CANOSA Mini-relatos (1999)

Non podo saír e agocho a cabeza tralos cristais da fiestra. Hoxe non hai xente na rúa, porque chove. Xélido o vento, asubiando desafiante ó outro lado do vidro, mentres as pingas percorren a súa viaxe deixándose esvarar ata o peitoril.

¿Que se move? Nada. Ninguén.
Non hai alento na vila; os sons son imperceptibles.

Chegou o inverno.

As luces, amarelas. As portas, pechadas.

Silencio, quietude; o cristal que dá á rúa acugúlase de bafo.

O inverno prosegue na súa chegada, enchéndoo todo de humidade. Avanza no frío, no sosego, no estrondo, no rebumbio, na tranquilidade... na soidade; nas longas noites. Non podo saír e convértome en espectadora desta maxia escura e tristeira.

O ceo, laranxa. As nubes, tebrosas.

A mente... remexendo na memoria.



AO FINAL DECIDIMOS SUSPENDER A RUTA DE MAÑÁ. AGARDAMOS QUE O VINDEIRO DOMINGO, DÍA SETE, LUZA UN FERMOSO SOL. ATA ENTÓN, DÉIXOVOS UN POUCO DE LITERATURA.

miércoles, 24 de febrero de 2010

RUTA DO DOMINGO E TRIVES

Estiven facendo averiguacións sobre o aloxamento en Trives, como somos un montón, non hai moito onde escoller. Despois de consultar a algún da zona, quedeime con dúas posibilidades:

HOTEL RÚSTICO AS MACEIRAS: este non está no pobo, ten un pequeno spa, cobra 45€ persoa a media pensión en habitación dobre con baño. Non teño referencias da comida.

HOSTAL LA VIUDA: está no pobo, ten boas referencias nas comidas, cobra habitación dobre con baño e media pensión 30€ a persoa.

Conviña decidir pronto para reservar. Tedes informacións aquí .

En canto ao domingo, con este marabilloso tempo xa non sei se poderemos facer nada. Tocaría en Caminha, o Trilho da Cha grande. Se o tempo o permite podemos quedar ás 10.30 h. no instituto, facelo seguido e logo cada quen que decida se quedar a comer o regresar para casiña.





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...