sábado, 13 de noviembre de 2010

Choverá?

Poderemos ir a Montederramo e ver o bidueiral en pleno outono?
Teño as miñas dúbidas de que o tempo nos permita andar. Tedes aquí a predición. Vós diredes.

Tamén podemos buscar outra por aquí máis cerquiña para poder vir a casa a mediodía e secarnos se chovera. Eu atopei unha que parece interesante, sendeiro do río Gafo, segue un río dende Figueirido ata Pontevedra, non é circular pero non habería problemas para deixar os coches en Figueirido ou se non chovera facer tamén a volta.

Nós imos á aldea pero estaremos en contacto.


4 comentarios:

Conchi dijo...

Poiisss......ó bidueiral molaba ir velo agora, que estamos en pleno outono, máis para adiante, igual xa non é tan chulo. E con respecto ó tempo, na páxina de Maldonado, non dá moito choiva. Eu, aposto por Montederramo, levar roupa para cambiarse, por si acaso, e logo, maloserá que non topemos un sitio onde comer un caldiño quente, e se non, pois o que diga a maioría.

Moro, Moni e Liss dijo...

A Ourense!!! en Meteogalicia ali non chove. E a volta paramos en Allariz que é a feira de Outono.

Nuca dijo...

pois eiquí fai un tempo de vicio!!! 20ºC e sol. Hoxe todo o día en mangas de camisa con lobos, xirafas, gorilas, elefantes, rinocerontes. Qué onde estamos? pois en cantabria, por suposto! Pasádeo ben por ourense.

laura dijo...

hola mamudos que tal aparecin tou viva, sou Laura e quero incorporarme o club mamudo. ata agora non me foi posible ir a ninguna ruta por traballo e a ver si podo ir a do dia 28 deste mes xa que hai unha misa polo meu pai. bueno xa me poño encontacto con conchi e falo con ela . un saudo .

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...