miércoles, 29 de abril de 2009

TARAMUNDI

Aí ao fondo estaremos mañá, viviremos nunha desas casiñas que se perciben entre as árbores. A foto saqueina desta direción:


Botádelle unha ollada porque fala moi ben deste núcleo rural.


Xa falei con varios, somos 23 para vivir nas casas, veñen tamén Conchi, Jose e o seu fillo Óscar, así que preparei unha nova organización, sempre con posibilidade de cambio pero coa intención de partir dun reparto para simplificar. A cousa quedaría máis ou menos así:

CASA DO CREGO:
  • Na parte de arriban hai dúas habitacións triples: nunha van durmir os catro nenos (Martín nunha colchoneta) e na segunda durmiremos Jose, Rosa e Celia (Jose parece encantado, non sei se dará feito).
  • A parte de abaixo é como unha "suite", palabras da patrona, na que hai unha cama de matrimonio e un sofá cama: durmirán Jose, Conchi, Santi, Leo e Óscar (en colchoneta). Non sei como estará ese sofá pero hai que utilizalo para entrar todos.

CASA DOS PINOS:

  • Na parte de arriba hai dúas habitacións dobres con camas de 120 e de 90: nas grandes durmirán os mozos e mozas (Conchi, Carlos, Amaya e Moncho), se non entran que utilicen colchoneta; nas de 90, Sesi, Julia e Aida (en colchoneta).
  • Na parte de abaixo hai unha habitación de matrimonio e un sofá cama , dixo a señora que era bó. Podemos deixar durmir na habitación a Teru e Germán pois este está recén operado dunha hernia e pasará máis tempo na cama (aínda vai con costura incorporada) e polo tanto a Joaquín e a Loli tocaralles lidiar co sofá cama.

Qué vos parece?, xa sabedes que só é unha proposta porque hai que ver o lugar en vivo e decidir, pero en principio, conforme ides chegando, podedes situaros así.

A cea está contratada para as 10.30h. O menú para ese día será: sopa, tortillas, ensalada, embutidos e chorizo á sidra (foi a proposta da cociñeira).
Temos tamén arranxados os almorzos, pero hai que levar cousas para comer nas rutas e a manduca que se vos pase pola cachola que a natureza abre o apetito.
Teño información sobre varias rutas, de todas maneiras están nesta páxina:
Nós non podemos saír ata as 7.00h. Quedamos con Conchi e Jose e con Julia. Chegaremos para a cea.
O teléfono da casa rural é 689039352, preguntade por Rosa.
Ide amodiño e vémonos mañá.

miércoles, 15 de abril de 2009

Ruta Frei Martín Sarmiento


Xa sei mamudos e mamudas que inda que non fixestes senderismo non parastes de andar entre procesión e procesión. Como? que non pisastes unha soa procesión? que veña comer e comer rosca? pois olliño, que os tempos van cambiando e convén mudar de costumes ... os de Tui, inda se poden redimir coa procesión de San Telmo, santo que aínda hoxe obra milagres e fai que esteamos esta semana de vacacións, ao contrario de todos os municipios galegos.

Eu penso saír de procesión en rogativa para que este domingo non chova, teño ganas de andar, pero as predicións dan un 60% de probabilidade de precipitacións, a cousa está chunga pero por se é o caso e non estades de festa nin de resaca aí vai a información:

O sendeiro empeza en Cerdedo, así que de novo podemos quedar na nosa área de servicio sobre as 10:30h. Como é circular e de 12 quilómetros ao mellor poderiamos facelo seguido e comer logo un cocidiño nun bar de Cerdedo (se eliximos isto igual cómpre quedar un pouco antes); a outra posibilidade é facer o momento bocata no medio do sendeiro para non ir tan afogados, vós veredes, eu coma sempre agardo comentarios, aínda que sexa unha espera en balde a maioría das veces.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...