Aí ao fondo estaremos mañá, viviremos nunha desas casiñas que se perciben entre as árbores. A foto saqueina desta direción: Botádelle unha ollada porque fala moi ben deste núcleo rural.
Xa falei con varios, somos 23 para vivir nas casas, veñen tamén Conchi, Jose e o seu fillo Óscar, así que preparei unha nova organización, sempre con posibilidade de cambio pero coa intención de partir dun reparto para simplificar. A cousa quedaría máis ou menos así:
CASA DO CREGO:
- Na parte de arriban hai dúas habitacións triples: nunha van durmir os catro nenos (Martín nunha colchoneta) e na segunda durmiremos Jose, Rosa e Celia (Jose parece encantado, non sei se dará feito).
- A parte de abaixo é como unha "suite", palabras da patrona, na que hai unha cama de matrimonio e un sofá cama: durmirán Jose, Conchi, Santi, Leo e Óscar (en colchoneta). Non sei como estará ese sofá pero hai que utilizalo para entrar todos.
CASA DOS PINOS:
- Na parte de arriba hai dúas habitacións dobres con camas de 120 e de 90: nas grandes durmirán os mozos e mozas (Conchi, Carlos, Amaya e Moncho), se non entran que utilicen colchoneta; nas de 90, Sesi, Julia e Aida (en colchoneta).
- Na parte de abaixo hai unha habitación de matrimonio e un sofá cama , dixo a señora que era bó. Podemos deixar durmir na habitación a Teru e Germán pois este está recén operado dunha hernia e pasará máis tempo na cama (aínda vai con costura incorporada) e polo tanto a Joaquín e a Loli tocaralles lidiar co sofá cama.
Qué vos parece?, xa sabedes que só é unha proposta porque hai que ver o lugar en vivo e decidir, pero en principio, conforme ides chegando, podedes situaros así.
A cea está contratada para as 10.30h. O menú para ese día será: sopa, tortillas, ensalada, embutidos e chorizo á sidra (foi a proposta da cociñeira). Temos tamén arranxados os almorzos, pero hai que levar cousas para comer nas rutas e a manduca que se vos pase pola cachola que a natureza abre o apetito.
Teño información sobre varias rutas, de todas maneiras están nesta páxina:
Nós non podemos saír ata as 7.00h. Quedamos con Conchi e Jose e con Julia. Chegaremos para a cea.
O teléfono da casa rural é 689039352, preguntade por Rosa.
Ide amodiño e vémonos mañá.
3 comentarios:
Está xenial a nova organización..Non podía ser menos saíndo de ti.........Pero a min só me saen 21 para vivir nas casas......posto que Moro e Moni....estarán na autocaravana....
Moncho, Joaquín, Loli i eu....tamén sairemos sobre as 19, así que.......chegaremos máis ou menos sobre a mesma hora.
Biquiños e ata a noite.
Conchi, non contaches a Joquín e Loli que non os nomeara específicamente porque xa se entendía que eran eles os tiñan que disfrutar do sofá.
Pois si Celia, tes razón......cá emoción da viaxe, esquecinme deles......e iso que imos xuntos......Mil perdón si alguén se sinte ofendido....non era esa a miña intención.
Bueno, van ser as 7 do día 30 de Abril.............Vou recoller e marcho para Taramundi. Alá nos vemos!!!
Publicar un comentario