viernes, 12 de septiembre de 2008

CARAVANAS




Decateime pola miña media laranxa que algúns están interesados no mundo das caravanas. Aí van unhas cantas direccións que poden ser moi interesantes.
http://www.ccc.devigo.net/index2.html
Esta web é do club caravaning de Vigo. É interesante por ter nela as direccións das distribuidoras de caravanas na zona de Pontevedra. Picar na icona de información útil.
http://www.towcar.eu/
Esta páxina é moi importante xa que indica se a caravana que pensades comprar é a adecuada para o voso coche. (é por culpa do lío dos pesos)
http://www.webcampista.com/
É un foro moi bo e completo deste mundo das caravanas.
http://www.buerstner.com/é/start.html
http://www.knaus.de/topmenu/caravans.html
http://www.adria-mobil.com/en/
Estas tres webs son de fabricantes de caravanas.
Que vos sexa útil.
Unha aperta


José R.

COMEZAMOS

¿Que tal mamudos, mamamudas, mamudiños e mamudiñas?

Supoño que descansados despois destas longas vacacións sen pateadas. Por aquí xa temos ganas de subir montes e montañas; aínda que o que máis nos apetece é de botar unhas risas con todos vos.

¿Que vos parece unha cea, previa reunión organizativa (non penso consentir que ninguén coma nin beba ata que quede todo falado, que vos coñezo) para o último fin de semana de setembro? ¿ Como vos vén?

Ata entón, irei pondo posibles rutas e máis informacións, vós tamén podedes facer algunha entrada (mellor asinada para saber quen a fixo) ou polo menos algún comentario.


Agora propóñovos unha proba de memoria:

¿ A que dúas rutas pertencen estas fotos?

Direivos como pista que foron dúas rutas inesquecibles pero por motivos ben diferentes. Espero respostas. Abrazotes














Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...