lunes, 23 de junio de 2008
domingo, 22 de junio de 2008
Na Illa de Arousa
Estabamos case todos pero notouse a falta dos Mansinho e da sección Panxón.
Rematou a temporada, fixemos bastantes rutas, imos collendo nivel, para outono máis e mellor, mentras ide recopilando información e gozando do verán. Biquiños.
viernes, 20 de junio de 2008
Illa de Arousa

Este domingo imos a Illa de Arousa. Atopei este folletiño pero eu creo que é antigo, non creo que haxa tal sendeiro, ademáis sería moi longo, a Illa ten case 30 quilómetros de perímetro.
A idea é ir da ponte a esquerda, para coñecer o Parque Natural de Carreirón e aí facer unha pequena ruta ata o Muíño das Aceñas, que é un muíño de marea moi interesante.
http://www.youtube.com/watch?v=mTPTGyIoiooLogo comidiña nalgún bar, praia, paseo ao faro na outra punta da Illa ou a gozar da vida que é a derradeira xuntanza da temporada.
En principio quedamos ás 10.30 na Área de servizo de San Simón.
lunes, 9 de junio de 2008
Comentario ao Trilho das Garças
¿Por que nos perdimos? O trilho das Garças ao principio está ben sinalizado. Pero ao chegar á Poça do Vale (Cumieira) únense 2 camiños: o das Garças e o trilho das Lages Altas. No canto de seguir o camiño cara ao norte, fomos cara ao sur, chegando á fervenza do río Poldras. Creo que merece a pena facer o trilho das Lages Altas (só son 5 Km) ou facer combinado o das Garças co das Lages Altas (en Maladas volven confluír ambos ). Jose GPS
sábado, 7 de junio de 2008
Trilho das Garças

O próximo domingo toca de novo Paredes de Coura. O trilho das Garças é un sendeiro circular de 12 Km. así que deberemos andar espelidos para non abafar coa calor. En principio quedamos no Francisco (IES) ás 9:30h.
http://pedestrianismo.blogspot.com/2006/03/paredes-de-coura-percursos-pedestres.html
domingo, 1 de junio de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


