
Este domingo imos a Illa de Arousa. Atopei este folletiño pero eu creo que é antigo, non creo que haxa tal sendeiro, ademáis sería moi longo, a Illa ten case 30 quilómetros de perímetro.
A idea é ir da ponte a esquerda, para coñecer o Parque Natural de Carreirón e aí facer unha pequena ruta ata o Muíño das Aceñas, que é un muíño de marea moi interesante.
http://www.youtube.com/watch?v=mTPTGyIoiooLogo comidiña nalgún bar, praia, paseo ao faro na outra punta da Illa ou a gozar da vida que é a derradeira xuntanza da temporada.
En principio quedamos ás 10.30 na Área de servizo de San Simón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario