sábado, 28 de febrero de 2009

NATIONAL GEOGRAFIC PRESENTS:

Despois do éxito do noso documental Tierra el Planeta Azul, National Geografic complácese en presentarlles o noso último documento de investigación: O Sendeirista Mamudo: Ese gran descoñecido.
O Sendeirista Mamudo foi unha especie terriblemente ameazada pola extinción, que grazas o labor desinteresada do clube Camiño Mamudo hai uns anos que goza de boa saúde.
O sendeirista Mamudo é unha especie que actúa en manadas, aínda que algunha vez, se separen dela algún dos seus exemplares.
Despois de grandes camiñatas, esta singular especie, alimenta as súas crías de maneira abundante por temor a unha posible "PÁJARA" no seu longo camiñar, para despois desfrutar dunha agradable sesta ao sol da primavera.

Se lles gustou esta reportaxe gráfica, poden adquirila nos mellores quioscos e a través da juep:

WWW. SESESE/NATIONAL GEOGRAFIC_ NDEIRISTAMAMUDOODESCONOCIDO.COM/ES
Polo módico prezo de 1.000.000.000.0000.0000.€




martes, 24 de febrero de 2009

O SANTO APARECIDO E MÁIS APARICIÓNS

Hai que queimar o lacón, as orellas e as filloas así que o domingo próximo toca andar.

Despois do Aciveiro no noso calendario aparece a ruta do Santo Aparecido, quedaron algunhas sen facer pola chuvia e imos cunha semana de retraso no calendario pero en principio podemos manter a orde prevista e recuperar, cando queiramos, as que non puidemos facer.

Tedes información sobre o sendeiro nestes enlaces:

http://www.trevinca.es/25senderos/10PRG26xunqueiras_int.pdf

http://www.trevinca.es/25senderos/10PRG26xunqueiras_ext.pdf

A miña proposta é facelo ida e volta pero chegando só hasta O Santo Aparecido, comer un bocadillo e voltar, así sería un total de 15 Km. Os que non quixeran comer poden deixar o coche no Santo Aparecido ou incluso en Sequeiros que é un pouco despois e se chega todo en baixada. ¿Que vos parece?


Por outra banda, algúns xa sabedes que temos reservado xa os apartamentos para o fin de semana de maio. Somos tantos que é moi difícil atopar xa neste momento aloxamento para estar xuntos así que, consultados uns poucos, temos reservado no Centro de turismo rural As Veigas. Tedes o enlace aquí: http://www.asveigas.com/.





domingo, 15 de febrero de 2009

sábado, 14 de febrero de 2009

MÁIS SOBRE A RUTA ACIVEIRO CANDÁN

Neste enlace podedes ver o percorrido:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=111733

EFECTOS DA CICLOXENESE EXPLOSIVA


Adeviña, adeviña:
¿Esta fanfástica imaxe. Corresponde o principio ou o final da cea mamuda?

miércoles, 11 de febrero de 2009

ACIVEIRO CON SOL

Por fin parece que o domingo teremos SOL, así que, que non se despiste ninguén, botade as botas a airear que xa deben ter moho, preparade as pernas que imos de serra. Toca a ruta Aciveiro-Candán, é circular pero algo longa, podemos levar bocatas porque ten máis de 15 Km e estamos bastante desentrenados.

Tedes información neste enlace: http://www.fgmontanismo.com/PR-G_100.html

domingo, 8 de febrero de 2009

"Bomba metereolóxica"

AVISO DE EMERXENCIA

Segundo Meteogalicia, o que vai a suceder mañán é unha "cicloxénese explosiva" ou bomba metereolóxica . Ou sexa, os que comemos cocido hoxe, estouraremos esta noite e provocaremos unha depresión... borrascosa. Por ese motivo a Consellería considera que é perigoso que os rapaces vaian a clase.
O equipo médico de camiño mamudo.

martes, 3 de febrero de 2009

¿PRESTA OU NON PRESTA?

Algunhas persoas de Mamudo, vendo o panorama de choiva que nos espera de novo para o domingo,ocurríuselles a brillante idea de buscar un sitio onde disfrutar dun bo cocido, e se a tarde acompaña dar un paseíño pa queima-lo exceso de calorías.
P. D: Delegación Porriño.
Eu si que me apunto.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...