Por fin parece que o domingo teremos SOL, así que, que non se despiste ninguén, botade as botas a airear que xa deben ter moho, preparade as pernas que imos de serra. Toca a ruta Aciveiro-Candán, é circular pero algo longa, podemos levar bocatas porque ten máis de 15 Km e estamos bastante desentrenados.Tedes información neste enlace: http://www.fgmontanismo.com/PR-G_100.html
4 comentarios:
Queremos marcha, marcha...
Eu vou (que teño que baixar o cocido do domingo e sen bañar que fai frio), con Moni e o Moro tamen vai.
A family Mansinho, tamén se apunta.
QUE DÍA É HOXE? Para que nos inspiremos:
Amo o perfil de brétema e aceiro
temperado na luz da madrugada
que puxo en ti a historia dilatada
de xente mariñeira e puño obreiro.
Ámoche a man escura maculada
polas ásperas cousas que dominas
e pos en orde xusta e disciplinas
concisamente en si cada xornada.
Amo o teu corpo firme e musculoso
que se ergue vertical e clama ó ceo
como unha bidueira prateada,
e amo ese lento fume nemoroso
que che vén contra a noite pórche un veo
de orballo campesiño na mirada
D.X. Cabana
Este anónimo,máis ben anónima (aposto o meu cráneo a que ten nome de flor e un fillo trompetista)estivo acertadísimo coa poesía, combinando o amor(14/2)coa natureza,(brétema, luz da madrugada, bidueira prateada, veo de orballo) como grupo senderista que somos.
Ja,ja,ja...Rosiña que se che ve o plumeiro ... non sigas por ese camiño e identifícate que son muller casada e o meu home vaime cantar a canción de Cecilia:
¿Quién le escribia versos dime niña quién era
quién le mandaba flores por primavera
quién cada 9 de noviembre
como siempre y sin tarjeta
le mandaba un ramito de violetas?
Publicar un comentario