miércoles, 29 de octubre de 2008

PONTES DO LÉREZ 1

Comezamos duramente, foi longo pero resultón, A paisaxe preciosa, o día soleado.
Conseguimos facer unha ruta sen perdernos unha soa vez.
Bocadillos riquísimos, tortilla de Teruca sabrosísima e como non , fantásticas galletas mamudas feitas por quen sabe facelas.

A última ponte non daba chegado, algunha mamudiña xa desesperou e case determina quedar no medio do camiño agardando a noite. Debeu esquecer que ela, e só ela, alcanzou a cima do Mustallar.

Outro dos -iños non parou de falar nen un segundo. E os dous acabaron coas pilas dun invento comunicativo que mercou a das galletas.


A próxima ruta: Sendeiro dos viñedos da Ribeira Sacra. Ollo que tampouco é circular, será mellor levar bocadillos e madrugar un pouco.

Tedes aquí o enlace para preparalo todo, eu esta vez non podo ir.

http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ordRs=1&ctre=32111&crec=33830&idversion=1-49KU5Z&refnumber2=01010602&full=&cidi=G&premium=

Posted by Picasa

sábado, 25 de octubre de 2008

domingo, 19 de octubre de 2008

"Tormenta de Ideas"









Ahí se ve a la directiva y al grupo de asesoras decidiendo los nuevos derroteros de camiño mamudo... Mientras, otros nos dedicamos a la abstracción metafísica...


martes, 14 de octubre de 2008

SOMOS UN MONTÓN


Non estivo nada mal para empezar, botamos en falta a sección de Panxón, a Santi, Leo, ao Jose e a Germán (a ver se este ano acertamos coas rutas), pero eramos uns 25 trepando polos Muíños do Folón.
A ver se cunde e nos animamos sempre, que este ano os sendeiros prometen (proximamente aparecerá colgado o calendario para que aportedes pequenas suxerencias).



Houbo alguns, que como xa sabían que ían comer ben pouco, decidiron non facer moito esforzo, o caso, e que OUTRASSSS, como xa o intuían decidiron encher antes a barriga. Cazamoste Celia.

lunes, 13 de octubre de 2008



Vaia tres patas pa un banco.

Isto non pode ser, ¿a isto chamaselle facer senderismo? pregunto eu.

domingo, 5 de octubre de 2008

COMEZAMOS 2

Xa vai sendo hora de botar a andar, O vindeiro domingo faremos unha rutiña suave e curta para engrasar xeonllos e acompasar respiracións. Tedes informacións varias do sendeiro dos Muíños do Folón e do Picón pola rede adiante, ademais seguro que xa os coñecedes pero sempre son unha preciosidade e para empezar están moi ben.

Penso que non é necesario madrugar pois en hora e media iso está feito, así que se vos parece quedamos no Francisco ás 10:30h. Despois de andar tocará falar do calendario de andainas e demais festas, para rematar comendo xuntos onde digan os entendidos da zona (ide pensando sitios e aclarando se contaremos ou non coa vosa inestimable presenza)

Eu andiven mergullando por varias páxinas en busca de rutas, creo que algunhas interesantes son estas:

Este ano podemos abandonar algo as terras potuguesas e volver ás terras de Cotobade, A Lama, Aciveiro (A memoria do Lobo, A Vía Escondida, Sendeiro Frei Martín Sarmiento, Circular de A Freixa, Sendeiro Natural de Aciveiro...); tamén podemos aproveitar os que están cerca ( A Garrida-Saiáns, A Madroa-Puxeiros, Circular de Priegue, Moaña) ou os que temos de Ourense (Senda do Río Avia, Arenteiro, Pena Corneira, Viñedos da Ribeira Sacra). E para fin de semana as miñas propostas son: Serra do Invernadoiro, Serra do Xurés e Parque Natural de Sanabria.

Eu xa traballei dabondo, agora sodes vós os que tedes que opinar e levar ideas para esa comida, porque hai que arrancar xa.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...