lunes, 25 de octubre de 2010
Ferreira de Pantón
viernes, 22 de octubre de 2010
POLAS TERRAS DE PANTÓN
Pero, sexa como sexa xa estamos máis afeitos ao monte e seis quilómetros para nós non son nada, por iso combinaremos as dúas rutas (Pombeiro e Auga caída). A ver se non chove de máis e podemos facelo pois a da fervenza é un pouco perigosa.
Ás 10.15 h quedamos na área de servizo da Cañiza, case mellor sen bocata e decidimos alí según o tempo, pois sempre podemos mercar un do afamado xamón.
Definitivamente saímos para Sanabria o sábado cediño, que así aforramos e non temos que conducir de noite. Todo está bastante organizado, xa falaremos.
domingo, 17 de octubre de 2010
Finalmente Sanabria!!!!
Aquí hai s
itio para todos en habitacións dobres ou triples con baño. Ten restaurante e a media pensión sae sobre 14 €.En total ven saíndo todo por persoa 38 ou 40€ ó día, dependendo de se é habitación dobre ou triple.
Como vin que estaba difícil iso de atopar sitio para todos, en principio reservei aquí. Que vos parece?
martes, 12 de octubre de 2010
Trilho de Mosteiró
O domingo imos ter bó tempo, así que todos co bocata e a andar. Esta vez faremos o Trilho de Mosteiró en Valença.Non é moi longo, perto de 13 quilómetros, pero se vos parece levamos bocata e así podemos ir relaxados e saír algo máis tarde. Quedamos ás 10.30 horas no instituto. Vós diredes, se queredes así ou facelo dunha atacada.
Está colgado o calendario de rutas, procurei poñer enlaces para que lle botárades unha ollada e coma sempre dérades a vosa opinión (algunhas parecen moi longas e igual non son moi interesantes).
lunes, 11 de octubre de 2010
Calendario 2010 - 2011
| 10/10............... Cangas - Limens |
| 17/10............... Trilho do Mosteiró (Valença) |
| 24/10............... Ribeira Sacra: Pombeiro-San Cosmede e fervenza |
| 30/10-1/11.............. Proposta de LORENZO |
| 28/11 .............. Carballeira de San Xusto |
| 4 - 8/12............... ? |
| 12/12............... Montes Peitieiros |
| 9/1............... Circular de Allariz |
| 23/1............... Ruta dos Montes de San Cibrán |
| 6/2............... PGR 108 Xeve |
| 20/2............... Pertinho do Céu |
| 6/3............... ANTROIDO ? |
| 20/3............... Ruta Covelo Natura AQA |
| 3/4............... Faro de Avión, fervenzas Cerves |
| 17/4............... Trilho da Pedra Alçada (Caminha) |
| 8/5............... Sendeiro do Chan do Vilar e os muíños de Vilaboa |
| 17/5............... ? |
| 22/5............... Trilho da Peneda |
| 5/6............... Monte do Facho |
| 19/6............... Roteiro dos Tres Vales (Cotobade) |
| 26/6............... Ría de Aldán |
viernes, 8 de octubre de 2010
CANGAS - LIMÉNS

Se fixera temporal, a cita sería só para comer e organizar o "curso mamudo" podemos retrasar a hora ata a unha, pero este caso agardo que non se dea pois teño ganas de que arranquemos e o domingo é boa data (10/10/10).
Levade os folletos ou as ideas que teñades e por favor confirmade a vosa asistencia á comida que hai que reservar.