domingo, 17 de octubre de 2010

Finalmente Sanabria!!!!

Despois de intentalo no Bierzo, resultou completamente imposible conseguir un sitio onde nos acolleran a 20 almas, así que investigando por Sanabria atopamos o Centro de Turismo Rural que se chama O Rincón de Trefacio.

Aquí hai sitio para todos en habitacións dobres ou triples con baño. Ten restaurante e a media pensión sae sobre 14 €.

En total ven saíndo todo por persoa 38 ou 40€ ó día, dependendo de se é habitación dobre ou triple.

Como vin que estaba difícil iso de atopar sitio para todos, en principio reservei aquí. Que vos parece?

5 comentarios:

Sesi dijo...

paréceme de marabilla
tres hurras por a presidenta.

Anónimo dijo...

Protesto, no podré comer chuletón de Sanabria.

Conchi dijo...

Paréceme perfecto. Iso si que é eficacia e rapidez Celia, aínda que eu non esperaba menos de ti, que sigo apoiando a túa candidatura como Presidenta para que me renoves a min como Tesoureira, a ver si podemos dar apañado algo. Ji, ji, ji...

MONCHIÑO dijo...

Fin a corrusión.
Directiva demisión.
A ver que é eso de apañar aljo, ou o de roubar uns cartiños JUUUMMM.


No restante maravillosa a xestión dos cartiños e a orjanisasión das EXCUSIÓNS MAMUDAS.

Por min adiante. Pero o meu xeonllo hai que porlle a rodilleira de novo.

Vou velliño.

Sesi dijo...

Cando nos imos o venres ou o sábado?
Eu voto por saír o sábado cediño, pero xa sei que non hai moitos partidarios de madrugar.
Así aforramos uns cartiños para a viaxe aos Alpes.
Que vos parece?

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...