domingo, 5 de octubre de 2008

COMEZAMOS 2

Xa vai sendo hora de botar a andar, O vindeiro domingo faremos unha rutiña suave e curta para engrasar xeonllos e acompasar respiracións. Tedes informacións varias do sendeiro dos Muíños do Folón e do Picón pola rede adiante, ademais seguro que xa os coñecedes pero sempre son unha preciosidade e para empezar están moi ben.

Penso que non é necesario madrugar pois en hora e media iso está feito, así que se vos parece quedamos no Francisco ás 10:30h. Despois de andar tocará falar do calendario de andainas e demais festas, para rematar comendo xuntos onde digan os entendidos da zona (ide pensando sitios e aclarando se contaremos ou non coa vosa inestimable presenza)

Eu andiven mergullando por varias páxinas en busca de rutas, creo que algunhas interesantes son estas:

Este ano podemos abandonar algo as terras potuguesas e volver ás terras de Cotobade, A Lama, Aciveiro (A memoria do Lobo, A Vía Escondida, Sendeiro Frei Martín Sarmiento, Circular de A Freixa, Sendeiro Natural de Aciveiro...); tamén podemos aproveitar os que están cerca ( A Garrida-Saiáns, A Madroa-Puxeiros, Circular de Priegue, Moaña) ou os que temos de Ourense (Senda do Río Avia, Arenteiro, Pena Corneira, Viñedos da Ribeira Sacra). E para fin de semana as miñas propostas son: Serra do Invernadoiro, Serra do Xurés e Parque Natural de Sanabria.

Eu xa traballei dabondo, agora sodes vós os que tedes que opinar e levar ideas para esa comida, porque hai que arrancar xa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Nos imos a ruta pero non podemos quedar a comer. Miramonos o domingo!!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...