miércoles, 29 de octubre de 2008

PONTES DO LÉREZ 1

Comezamos duramente, foi longo pero resultón, A paisaxe preciosa, o día soleado.
Conseguimos facer unha ruta sen perdernos unha soa vez.
Bocadillos riquísimos, tortilla de Teruca sabrosísima e como non , fantásticas galletas mamudas feitas por quen sabe facelas.

A última ponte non daba chegado, algunha mamudiña xa desesperou e case determina quedar no medio do camiño agardando a noite. Debeu esquecer que ela, e só ela, alcanzou a cima do Mustallar.

Outro dos -iños non parou de falar nen un segundo. E os dous acabaron coas pilas dun invento comunicativo que mercou a das galletas.


A próxima ruta: Sendeiro dos viñedos da Ribeira Sacra. Ollo que tampouco é circular, será mellor levar bocadillos e madrugar un pouco.

Tedes aquí o enlace para preparalo todo, eu esta vez non podo ir.

http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ordRs=1&ctre=32111&crec=33830&idversion=1-49KU5Z&refnumber2=01010602&full=&cidi=G&premium=

Posted by Picasa

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...