martes, 24 de febrero de 2009

O SANTO APARECIDO E MÁIS APARICIÓNS

Hai que queimar o lacón, as orellas e as filloas así que o domingo próximo toca andar.

Despois do Aciveiro no noso calendario aparece a ruta do Santo Aparecido, quedaron algunhas sen facer pola chuvia e imos cunha semana de retraso no calendario pero en principio podemos manter a orde prevista e recuperar, cando queiramos, as que non puidemos facer.

Tedes información sobre o sendeiro nestes enlaces:

http://www.trevinca.es/25senderos/10PRG26xunqueiras_int.pdf

http://www.trevinca.es/25senderos/10PRG26xunqueiras_ext.pdf

A miña proposta é facelo ida e volta pero chegando só hasta O Santo Aparecido, comer un bocadillo e voltar, así sería un total de 15 Km. Os que non quixeran comer poden deixar o coche no Santo Aparecido ou incluso en Sequeiros que é un pouco despois e se chega todo en baixada. ¿Que vos parece?


Por outra banda, algúns xa sabedes que temos reservado xa os apartamentos para o fin de semana de maio. Somos tantos que é moi difícil atopar xa neste momento aloxamento para estar xuntos así que, consultados uns poucos, temos reservado no Centro de turismo rural As Veigas. Tedes o enlace aquí: http://www.asveigas.com/.





2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pinta moi ben a rota deste domingo.........así que terei que facela eu noutra ocasión.......porque este domingo, aínda que vos extrañe, non irei.......É o grandioso 1 de Marzo e teño que currar.........Lembrareime moito de vos............. Pasádeo moi ben, pero iso si, non esquezades a vosa cita cás urnas!!!
Bikiños.

Anónimo dijo...

Eu e a jefa si que imos. Moncho: se queres podes vir con nos, xa que no teu coche "non me queres levar" a min non m importa que veñas conmigo (no maletero NON).

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...