viernes, 12 de septiembre de 2008

COMEZAMOS

¿Que tal mamudos, mamamudas, mamudiños e mamudiñas?

Supoño que descansados despois destas longas vacacións sen pateadas. Por aquí xa temos ganas de subir montes e montañas; aínda que o que máis nos apetece é de botar unhas risas con todos vos.

¿Que vos parece unha cea, previa reunión organizativa (non penso consentir que ninguén coma nin beba ata que quede todo falado, que vos coñezo) para o último fin de semana de setembro? ¿ Como vos vén?

Ata entón, irei pondo posibles rutas e máis informacións, vós tamén podedes facer algunha entrada (mellor asinada para saber quen a fixo) ou polo menos algún comentario.


Agora propóñovos unha proba de memoria:

¿ A que dúas rutas pertencen estas fotos?

Direivos como pista que foron dúas rutas inesquecibles pero por motivos ben diferentes. Espero respostas. Abrazotes














9 comentarios:

Anónimo dijo...

En la primera foto recuerdo que mi mochila me ayudó de mucho, y cierta persona maldijo a unos cuantos.
En la segunda ¡¡viva el oxígeno!!.

Anónimo dijo...

Pois eu, na primeira foto lémbrome do rico que estaba o bocata de chourizo que tomei no cumio da montaña. Sóube a gloria!!!
E, na primeira foto, pois, como que, chunguilla foi a camiñata, si..... penso que tamén a min me faltou o osíxeno.......Parecía que nunca se daba reamatado aquela longa pateada!!! Pero poidemos con todo, somos os mellores!!!
E con respecto o de voltar de novo ás camiñatas, pois é o que máis me apetece!!! Pero a data, pois non sei, porque o sábado 27, en principio, temos actuación de pandereteiras........Bueno, haberá que falalo e a cea farase cando lles veña ben á maioría da xente.....A todo non se pode atender!!!
Bicos para todos os mamud@s.

Anónimo dijo...

Malo malo... ya no recordamos los sitios. La primera no es esa; no comimos bocata de chorizo en la cima; Rosa tenía mucha prisa...
y no doy más pistas.

Anónimo dijo...

Xa dicía eu que estaba todo moi verde para ser a que pensaba...........Pois parece que aínda teño o cerebro de vacacións..........Bueno, a ver si acerto agora.......... será unha na que nos mollamos de lo lindo??..........e algunha chegou ó final un pelín accidentada???
Por certo, quen eres "sufrido"??

Anónimo dijo...

Nin pajolera idea, a temporada anterior perdinme varias rutas, pero iso si, as fotos son chulas.

Con respecto a andar estamos impacientes , este ano o Manso mais eu empezamos con moitas ganas,despois das holidays deixamos de fumar, asique xa sabedes imos a por todas.

O da cea cando queirades, para iso si que nos apuntamos, mil bicos , e hata pronto mamudos

Anónimo dijo...

Quien será sufridor??? Quién estaba con catarro en los Ancares y casi no respiraba y fuma mucho, y por lo tanto sufre mucho....

Mónica dijo...

Ola a todas/os!!!

Que ganas teño de voltar a andar, compartir momentos, rir, bla, bla, bla... ¡ O IMPORTANTE! ¿A cea pa cando? Eu este finde teño complicado, pero... ¡ Si hay que ir se va! Xa aviso eu a Coke que pida cita na pulu que ¡VOLTAMOS! Bicos.

Anónimo dijo...

A min venme mal a cea ese día,se a cambiades seria ¡cojonudo!, pero se a maioria pode non pasa nada.
Teño rutas de Ferreira de Panton, e un lugar moi chulo. Ata pronto camiñantes.

Anónimo dijo...

Hola mamud@s!!
Ya veo q habéis cargado las pilas apra este próximo año, eso está bien, con energía renovada. Por cierto enhorabuena a los artífices del blog, es estupendo!!!!.
Deciros a todos que disfruté muchísimo los días q fui a caminar con vosotros, lo pasé fenomenal q gusto encontrar a gente así... GRACIASSSSSSS, ojalá pueda apuntarme a laguna rutilla este año, si me dejais claro!!...
Besitos e q non decaia!!!! LARA

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...