miércoles, 15 de abril de 2009

Ruta Frei Martín Sarmiento


Xa sei mamudos e mamudas que inda que non fixestes senderismo non parastes de andar entre procesión e procesión. Como? que non pisastes unha soa procesión? que veña comer e comer rosca? pois olliño, que os tempos van cambiando e convén mudar de costumes ... os de Tui, inda se poden redimir coa procesión de San Telmo, santo que aínda hoxe obra milagres e fai que esteamos esta semana de vacacións, ao contrario de todos os municipios galegos.

Eu penso saír de procesión en rogativa para que este domingo non chova, teño ganas de andar, pero as predicións dan un 60% de probabilidade de precipitacións, a cousa está chunga pero por se é o caso e non estades de festa nin de resaca aí vai a información:

O sendeiro empeza en Cerdedo, así que de novo podemos quedar na nosa área de servicio sobre as 10:30h. Como é circular e de 12 quilómetros ao mellor poderiamos facelo seguido e comer logo un cocidiño nun bar de Cerdedo (se eliximos isto igual cómpre quedar un pouco antes); a outra posibilidade é facer o momento bocata no medio do sendeiro para non ir tan afogados, vós veredes, eu coma sempre agardo comentarios, aínda que sexa unha espera en balde a maioría das veces.

3 comentarios:

Conchi dijo...

Celia guapa, eu si que che poño comentarios.......case sempre.......para que non chores......pobriña ela........
Eu diría de esperar ata sábado, haber como respira a cousa.........e se non caen chuzos de punta.........pois facer a ruta........e como o tempo non estará primaveral para comer no monte........pois podemos comer o último cocido da temporada (digo último porque a ver si xa ven a calor dunha vez porque agora fai un frío que pa qué!!) e organizar a próxima saída a Taramundi. Bueno, aquí queda a miña suxerencia......en todo caso, falamos por teléfono!!!!........Bikiños.

Moni dijo...

Eu estou con Conchi, mellor esperar, e se non chove pódese quedar o cocido (pa min ensalada e pa Coke tapa de pienso especial, que estamos os dous a dieta). O sábado chamo pa preguntar. Bicos

Anónimo dijo...

NATIONAL GEOGRAPHIC DI:
O máis provable é que chova. Por eso ordena:
Todo o mundo a Misa e as ultimas procesións, para desfrutar o Domingo de un estupendo cocido Light.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...