martes, 6 de abril de 2010

MARCHA Ó FARO DE BUDIÑO





Este domingo é a marcha do Faro de Budiño, a de Moro, e tamén hai rota de sendeirismo. A rota será duns 8 qm. (un paseíño para os mamudos). No mapa podedes votarlle un ollo á camiñata . A saída é as 9:30 dende o Centro Cultural "A Forna", así que sería conveniente estar alí sobre as 9. Para os que non son da zona, chegar ó sitio é moi fácil. Hai que sair da autovía en Porriño, na saída para ir a Salceda, e xa na carretera hacia Salceda, onde están as canteiras e o polígono industrial de Atios, á man esquerda, hai unha carretera, que ten colgado un cartel moi grande da ruta do Faro, e indo por alí, chégase directamente á Forna. E o máis importante, necesito que me digades quenes ides e se quedades a comer, porque teño que anotarvos antes do venres, e pagar 4 euros por persoa (pagaría mamudo), no caso de quedar a comer, se non, sería de balde. Deixade o comentario ou enviarme un correo.


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Conchi porque dis que son 8 km. No plano están marcados 12. Isto sóame de algo, tamén eran 15 a de Chandrexa, e logo foron 21 e Con choiva.

Conchi dijo...

A ver, anónimo, que ben podías identificarte, xa que te dirixes a min polo nome, e non sei porqué sabes que fixen eu a entrada. Digo sobre 8 qm. porque mo dixo Moro, que é da organización, que había un anaco da rota prevista, que non se ía facer, non lembro porqué motivo, pero que finalmente quedaría en 8 qm, si finalmente non é así, reclamaille a Moro, eu, só fixen a entrada da ruta, de favor, porque Moro mo pediu, eu non teño nin idea de como vai o tema, son unha mandada. E a de Chandrexa, na choiva non mandamos nós, e os qm. a maiores que fixemos........sabedes que hai que darlle emoción á cousa.....se non sería moi aburrido....Eu sigo apostando por Celia!!!

Sesi dijo...

A min 8 Km. sábenme a pouco, propoño que fagamos 2 voltas. Para os Manudos isto non é nada. O anónimo sin non quere andar que monte no coche escoba.

moncho dijo...

EEEEEEEEEEEEEsa Sesi.
Os Mamudos se os de Coruña dan duas voltas. Nos tres.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...