Falei con algúns de facer este domingo día 1 de agosto a comida nas pozas do Río Pedras. Hoxe volvín falar con Teru e temos algunhas dúbidas pois o calor abafante ameaza de novo para o domingo e o certo é que alí non hai moita sombra, somentes recordo un sitiño máis abaixo da poza onde se bañaron algúns, pero igual está collido cando cheguemos.Non será mellor deixalo para máis adiante, por exemplo o domingo 29 de agosto, derradeiro domingo de vacacións?
A ver se podedes contestar e resolvemos algo.
6 comentarios:
Bueno,eu o domingo 29, xa non podería, pero si a maioría pode, pois por min, que non quede. Iso si, á beira do río e dándose un bañiño de vez en cando, non creo que faga tanta calor. O que a maioría decida, para min, vale.
Por min ben. Se hai moito calor metémomos nunha poza.
Rosa
Para o Domingo. Na paxina do A.E.MET. dan como moito 26º.
Os Mansinhos din que por eles adiante.
Vamos a consulta-lo coa almofada
¿Teremos que ir con comidita ¿non??
A familia Mansinho mirou o tempo por internete e dan uns 26 grados, por nos, non problem, iso si por se acaso levamos a sombrilla,
comemos bocata?
Eu este domingo traballo, e o Moro sen sombra e con moita calor non vai. Se o final o cambiads avisar q nos apuntamos. Bicos pa todos e disfrutade das vacacions.
Na autoestrada hai un carril pechado por obras.
O domingo vai haber uns atascos da ostia.
Creo que seria mellor esperar a que o arranxen
Publicar un comentario