viernes, 26 de octubre de 2012

Carballeira de Millarada

Este é o trilho programado para o domingo. Nós non imos poder ir (temos de novo o sogro ingresado) así que como Loli, Joaquín e Lorenzo tampouco poden,  igual é mellor cambialo por este outro que está máis cerca (en Forcarei) e que tiñamos seleccionado para á volta do Courel. Que vos parece?

7 comentarios:

lorenzopastranacastro dijo...

Mamudos polo mundo.

Qué ganas temos de patear xa polo monte. Estas terras chas non están feitas para nos!!!

Terémonos que conformar este domingo con ir a Londres a tomar o té ca súa maxestade.

Bueno disfrutade os que saiades e que o do sogro se resolva pronto e ben.

Bicos

Sesi dijo...

Lorenzo contigo dá gusto, o que primeiro fai comentarios, aínda estando tan lonxe.
Xa sabes que pola solidariedade feminina, son fiel á Presi, pero recoñezo que ti fas meritos dabondo.

Botámosvos moito de menos aos tres.

A por certo sobre o cambio de ruta por min vale.

RAMON LOPEZ dijo...

Eu teño cargadas as duas.
Celia a tua presidencia peligra. Pero o mellor tes sorte.
As primeiras enquisas favorecían o bipartito e mira o que pasou.

Conchi dijo...

Por min vale o cambio de ruta. Onde se queda e a que hora??

Sesi dijo...


Como quedamos?
Tárdase 5h 1/2 en facer a ruta, co cambio de hora anoitece ás 18:30 aprox.
Teriamos que empezar sobre as 11:30 como muy tarde.
Se quedamos ás 11 en Cerdedo, que está cerca e non nos enrollamos tomando café, sóbranos tempo.
Alguén coñece algún sitio concreto para quedar?

sesi dijo...

CAMBIO DE PLANES
Quedamos as 10 en San Simón

lorenzopastranacastro dijo...


Gracias, Sesi!!!

Ise é o problema que os perde o da solidariedade. Sei que non teño nada que facer porque o Camiño mamudo é unha feminocracia, un matriarcado, un xineceo.

Pero o mesmo pasa neste pais ca raiña. Precisamente mañán cado estea con ela vou sacar o tema e a ver qué consello me da.


Moncho, tes cargadas as dúas qué e de qué?

Xa vos mandarei un guasap se teño rede!!!


Bicos a todxs, pero máis a todas

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...