Este é o trilho programado para o domingo. Nós non imos poder ir (temos de novo o sogro ingresado) así que como Loli, Joaquín e Lorenzo tampouco poden, igual é mellor cambialo por este outro que está máis cerca (en Forcarei) e que tiñamos seleccionado para á volta do Courel. Que vos parece?

7 comentarios:
Mamudos polo mundo.
Qué ganas temos de patear xa polo monte. Estas terras chas non están feitas para nos!!!
Terémonos que conformar este domingo con ir a Londres a tomar o té ca súa maxestade.
Bueno disfrutade os que saiades e que o do sogro se resolva pronto e ben.
Bicos
Lorenzo contigo dá gusto, o que primeiro fai comentarios, aínda estando tan lonxe.
Xa sabes que pola solidariedade feminina, son fiel á Presi, pero recoñezo que ti fas meritos dabondo.
Botámosvos moito de menos aos tres.
A por certo sobre o cambio de ruta por min vale.
Eu teño cargadas as duas.
Celia a tua presidencia peligra. Pero o mellor tes sorte.
As primeiras enquisas favorecían o bipartito e mira o que pasou.
Por min vale o cambio de ruta. Onde se queda e a que hora??
Como quedamos?
Tárdase 5h 1/2 en facer a ruta, co cambio de hora anoitece ás 18:30 aprox.
Teriamos que empezar sobre as 11:30 como muy tarde.
Se quedamos ás 11 en Cerdedo, que está cerca e non nos enrollamos tomando café, sóbranos tempo.
Alguén coñece algún sitio concreto para quedar?
CAMBIO DE PLANES
Quedamos as 10 en San Simón
Gracias, Sesi!!!
Ise é o problema que os perde o da solidariedade. Sei que non teño nada que facer porque o Camiño mamudo é unha feminocracia, un matriarcado, un xineceo.
Pero o mesmo pasa neste pais ca raiña. Precisamente mañán cado estea con ela vou sacar o tema e a ver qué consello me da.
Moncho, tes cargadas as dúas qué e de qué?
Xa vos mandarei un guasap se teño rede!!!
Bicos a todxs, pero máis a todas
Publicar un comentario